17 ene 2016

postheadericon Medidas urxentes para tratar as urxencias

Tra-las declaracións, neste caso dos responsables políticos locáis e do Xefe de Servizo do PAC de Cangas, forzados polos pacientes que, a comezos deste mes denunciaban a situación real das urxencias no Centro de Saúde de Cangas, queremos manifestar o noso rexeitamento xa que, esta non é unha situación puntual nin moito menos podemos aceptala como "normal", tal e como se interpreta nas declaracións do Dr. Villoch e que fai súas o Conselleiro de Benestar e Saúde, o Sr. Tomás Hermelo.

Ás queixas feitas polos cidadáns súmanse tamén as do persoal sanitario, que, ademáis de traballar baixo unha presión extra pola falta de recursos e persoal, como coñece e recoñece a propia administración autonómica, comproban como a prestación do servizo é dunha calidade que está lonxe de ser óptima, repercutindo directamente na nosa saúde.
Dende a Plataforma de Sanidade Pública de Cangas, en representación dos/as usuarios/as da sanidade pública e na súa defensa, cremos que esta situación é intolerable, polo que, solicitamos aos nosos representantes locáis que tanto na reunión que manteñan con dito organismo (anunciada na prensa polo propio Alcalde), como o comunicado que lle fagan chegar (tal como anunciaba o Conselleiro de Sanidade), esixan:
6 ene 2016

postheadericon 2016 ten que ser o ano da #SanidadePública e de calidade no Morrazo

A través da prensa volvemos coñecer unha  nova queixa do servizo de urgencias no Centro de Saúde de Cangas. Vaia por diante o noso apoio e solidaridade, ademáis do noso compromiso, que é contínuo coa defensa dunha sanidade pública e calidade, unha calidade que hoxe volve brilar pola súa ausencia.
Como dicimos, este non é un problema novo nin aillado, que ven provocado polas políticas de recortes, tanto de persoal como de servizos, levadas a cabo polos gobernos central e autonómico, cun claro obxetivo de desprestixio da sanidade pública  para favorecer o seu desmantelamento en detrimento da súa privatización.
Cabe salientar tamén que, moitos dos desprezos que a cidadanía do Morrazo estamos a padecer, rematarían si, dunha vez por todas, a Consellería de Sanidade pagase a débeda histórica que mantén coa nosa comarca, comprometéndose á construcción do Centro de Alta de Resolución. Histórica é a débeda e histórica tamén a nosa reivindicación, que lonxe de desistir, neste ano que comeza, renovamos desexos e forzas para, non só reclamar aos nosos representantes que deixen de discriminarnos solicitando que fagan constar unha partida orzamentaria destinada a satisfacer as nosas necesidades, senón que tamén nos marcamos novos retos para facer chegar á cidadanía a máxima información no que respeita ao Centro de Alta Resolución. Situacións como a vivida onte non acontecerían, xa que O Morrazo disporía dun servizo de urxencias centralizado que evite desprazamentos aos hospitais de referencia, sexa por urxencias ou na rutina diaria dos/as pacientes.
Este centro tería unha capacidade maior do que un Centro de Saúde, ademáis de contar con máis recursos humáns e medios tecnolóxicos, laboratorio, Raios X e ata un quirófano para intervencións quirúrxicas simples.

É o CAR unha das nosas reivindicacións estrela, máis non queremos rematar esta nota sen facer mención ao máis que comprometido Centro de Saúde de O Hío-Aldán, unha promesa que sistemáticamente está a ser esquencida no fondo dalgún baúl instalado na Consellería de Sanidade e tampouco queremos esquecernos da necesidade de que O Morrazo dispoña dunha UCI móbil permanente; un servizo que, evitaría situacións como a vivida onte no Centro de Saúde e que salva vidas.

Dende a Plataforma queremos facer un chamamento á veciñanza para que si volven pasar por situacións semellantes á de onte, se pongan en contacto connosco, para xuntos denuncialo perante ás institucións pertinentes, non só a situación en sí, senón que tamén o risco que estamos a correr ao non ter ao noso alcance os recursos mínimos que velen polas nosas vidas. É imprescindible que rememos todos/as xuntos/as para que o máis que necesario CAR, o Centro de Saúde de O Hío-Aldán, a UCI móbil e outras moitas carencias en matería sanitaria que iremos desgranando ao longo dos próximos meses, sexan solventados neste ano que comeza.


DOSSIER DE PRENSA:
13 ene 2014

postheadericon Sanidad no aplicará el copago de ambulancias

La ministra de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, Ana Mato, ha descartado este lunes que se vayan a aplicar los copagos previstos en las prestaciones ortoprotésicas, dietoterápicas y en el transporte sanitario no urgente, según han señalado a El Mundo fuentes del Ministerio de Sanidad.
Publicado en El Mundo

10 ene 2014

postheadericon O Consello do Estado oponse ao copagamento de ambulancias

A Asociación Galega a Defensa da Sanidade Pública ante o Informe do Consello de Estado sobre os efectos do copago do transporte sanitario non urxente, quere comunicar que:

  1. O informe do Consello de Estado vén darnos a razón sobre que os copagos ademais de inxustos non supoñerían ningún aforro sanitario. Segundo o Informe do Consello “non cumpre ningún dos dous obxectivos para os que foi deseñado: o aforro e a racionalización”. 
  2. Tamén queremos recordar que a aplicación dos copagos en xeral, e do transporte en ambulancia en particular,  ían xerar desigualdades no acceso ás prestacións sanitarias especialmente para as persoas máis pobres, doentes, discapacitadas que viven viven no área rural, como é o caso de Galicia que ten o maior índice de dispersión de todo o Estado, o que supón unha discriminación no acceso a servizos de ambulancia non urxente
  3. Desde a Asociación para a Defensa da Sanidade Pública esiximos á Xunta de Galicia que se opoña activamente ante o Ministerio de Sanidade á aplicación de este e outros copagos na nosa Comunidade Autónoma, polas graves consecuencias para a poboación.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
9 dic 2013

postheadericon A folga da sanidade complícase coa dos traballadores de ambulancias de Transa

A folga na sanidade galega, que comezou onte ás 22.00 horas e prolongarase ata as 24.00 horas do martes día 10, coincidirá en Ou Morrazo co paro indefinido convocado desde hoxe polos traballadores de ambulancias da concesionaria Transa con bases en Bueu, Marín e Pontevedra, polo que á xa complicada situación nos centros de saúde, unirase a dos traslados sanitarios, polo menos en Bueu, aínda que os servizos mínimos garanten o transporte. Pero a xornada anúnciase con movilizaciones por parte dos técnicos de ambulancias que finalmente víronse forzados á folga pola negativa da empresa a aplicar o laudo no que se recollía a retirada dos expedientes sancionadores a 17 traballadores por suposta falta de control e mantemento dos vehículos.
Publicado en Faro de Vigo
16 nov 2013

postheadericon A AGDSP critica a orde do Sergas de traslado dos/as enfermos/as en ambulancia a hospitais privados

Ante as noticias de que a Xunta de Galicia elaborou un protocolo remitido ás empresas de ambulancias que se ocupan do transporte sanitario urxente para o traslado dos feridos menos graves de accidentes de tráfico a clínicas privadas, mentres que os maior gravidade o fagan aos hospitais públicos, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar que esta medida supón:
  1. Un paso máis na privatización da asistencia sanitaria, ao obrigar ás ambulancias (servizos tamén privatizados) a trasladar pacientes a centros privados. Isto xa se vén facendo desde fai algún tempo desde os servizos de información sanitarias (tamén privatizados) nos que se anima a pacientes pendentes de intervención cirúrxica a acudir a centros privados concertados.
  2. Unha descapitalización do sistema alentada pola propia administración sanitaria pública que selecciona aos enfermos menos custosos para os centros privados e quédase cos máis graves cuxo tratamentos son máis elevados.
  3. Esta estratexia supón un apoio descarado ao sector privado para que se lucre con fondos públicos, que ten a súa explicación polos conflitos de intereses dos dirixentes políticos, que saen e entran da administración desde o sector privado (porta xiratoria). Non hai que esquecer que a mesma Conselleira era xerente dun centro privado do grupo POVISA, cando foi nomeada para o seu cargo de responsabilidade pública.
  4. Desde a AGDSP esiximos a retirada desta medida de apoio económico ao sector privado, mentres se recortan dereitos a pensionistas, doentes crónicos, discapacidade ou con graves enfermidades como o cancro que deben pagar pare dos tratamentos fornecidos nos hospitais.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
23 jul 2013

postheadericon El médico decidirá quién tiene gratis una ambulancia en casos no urgentes

Serán los médicos que prescriban el tratamiento quienes determinen si el paciente tiene derecho a la financiación del transporte sanitario no urgente. Así se lo propondrá este martes la ministra de Sanidad, Ana Mato, a los consejeros de las comunidades autónomas. Los facultativos —o si la Administración regional lo prefiere, otro órgano de control— podrán decidir que el enfermo no abone el nuevo copago (alrededor de cinco euros por trayecto en ambulancia, con un límite de pago mensual en función de la renta) si tiene limitaciones para desplazarse de manera autónoma y necesita ayuda de terceras personas. No se tendrán en cuenta los problemas socioeconómicos del paciente.
Publicado en El País
14 ene 2013

postheadericon Sanidade ratifica que cobrará polas ambulancias non urxentes cando o impoña o Estado

Xa o dixera o presidente e a conselleira ratifícao ao presentar os orzamentos do seu departamento. A titular de Sanidade, Rocío Mosquera, acudiu este luns ao Parlamento para explicar as contas que xestionará ao longo de 2013 e deixou caer que, como nos anteriores paquetes de recortes, o Goberno galego aplicará o repagamento no transporte sanitario non urxente en canto o Ministerio de Sanidade o determine. Tras unha primeira exposición xenérica, sen apenas baixar ás cifras, os grupos da oposición reprocháronlle a Mosquera que non tocase os recortes orzamentarios que vén sufrindo o Sergas dende o inicio da crise. E a conselleira confirmou que as ambulancias non urxentes tamén se pagarán.
Publicado en Praza Pública
21 dic 2012

postheadericon Sanidad impone el pago de ambulancias pero baja los topes para los crónicos

El Gobierno da un paso más en su reforma para ceder cotas del modelo sanitario público gratuito y universal. El Ministerio de Sanidad acordó ayer con las comunidades dar luz verde al copago para las ambulancias para el transporte no urgente, las prótesis —como sillas de ruedas o muletas— y para los productos dietoterápicos, único alimento posible para muchos enfermos.
Publicado en El País
18 dic 2012

postheadericon El sindicato Satse denuncia que los ourensanos tendrán que pagar más de medio millar de viajes en ambulancia cada semana

La plataforma pola defensa da sanidade critica la realidad virtual en que vive la sanidad ourensana
Una media de casi 600 desplazamientos en ambulancia sometidos a copago por la Xunta de Galicia se realizan semanalmente en el área sanitaria de Ourense, según datos ofrecidos esta mañana por el sindicato Satse. El colectivo sindical de enfermería presentó una consulta realizada el pasado viernes y que, explica su responsable provincial, Pilar Oviedo, permitir hacerse una idea de la importancia de una medida que consideran únicamente recaudadora y de claro desinterés por la salud y el interés general de la ciudadanía.
Publicado en La Voz de Galicia
15 dic 2012

postheadericon Paquete de copagamentos para o Consello Interterritorial do 20 de decembro

O próximo xoves, 20 de decembro, a ministra Mato levará ao Consello Interterritorial do SNS un paquete de copagamentos para o transporte sanitario, próteses e medicamentos de prescripción hospitalaria (DH).



13 dic 2012

postheadericon A AGDSP a propósito do anuncio do goberno de introducir o copago polo transporte non urxente en ambulancias

O Goberno de Mariano Rajoy dá unha nova volta de porca na introdución de copagos ás persoas enferma cun proxecto que pretende que as persoas que necesiten trasladarse aos centros sanitarios para recibir tratamento teñan que ir en ambulancias (por que as súas condicións físicas non o permitan), paguen unha parte do mesmo.
  1. Desde a Asociación advertimos que esta medida forma parte da contrarreforma sanitaria contemplada no Real Decreto 16/2012 que introduzo o copago sanitario na sanidade pública. Primeiro foron os medicamentos para pensionistas, agora veñen o transporte en ambulancia e deica pouco o pago por consultas.
  2. Este pago supón un novo imposto que grava ás persoas máis enfermas, mentres se manteñen as exencións ás rendas máis altas (impostos capital, patrimonio, sucesións, etc,)
  3. Consideramos cruel e discriminatorio que as persoas con cancro, insuficiencia renal, que lles obriga a estar varias veces por semana pegados á máquina de diálise, ou que teñen necesidade de rehabilitación por enfermidades crónicas, etc , teñan que ademais pagar para trasladarse a recibir tratamento nos centros hospitalarios.
  4. A escasa contía das pensións (750 de media en Galicia) e as dificultades económicas que afectan xa á gran maioría da poboación fará que este repago impida a moitos pacientes poder recibir os tratamentos que necesitan.
  5. Desde a AGDSP facemos un novo chamamento a toda a cidadanía galega a manifestar a súa indignación polo desmantelamento e a privatización sanitaria e a rexeitar os novos copagos que ten previsto introducir o goberno (por consultas ou probas diagnósticas), antes de que as poñan en práctica, xa que van facer máis inaccesible o dereito á asistencia sanitaria.

postheadericon El copago por ambulancia, al detalle

9 nov 2012

postheadericon Los jubilados pagarán de 8 a 60 euros por el uso de ambulancias.

La población activa entre un 40% y un 60% por viaje, fijado en 25 euros
Empiezan a desvelarse poco a poco más datos sobre la sanidad pública que se avecina, y que se caracteriza por el aumento de la aportación de los usuarios en servicios hasta ahora libres de copago o con aportaciones distintas dependiendo de la comunidad autónoma.
Este fin de semana, el Consejo de Ministros aprobó, por un lado, el proyecto de real decreto por el que se fijan las bases para establecer los importes máximos de financiación en ortoprótesis, mientras que el BOE publicaba el sábado la orden ministerial que establece un factor común de facturación de la prestación con productos dietéticos. En ninguno de los dos casos se conoce aún la cantidad que tendrán que pagar los ciudadanos ni la aportación máxima, pero sí el pago por el transporte sanitario no urgente.
6 nov 2012

postheadericon Apróbanse as tarifas aplicábeis aos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do SERGAS e nas fundacións

CIG-Saúde denuncia que é a consecuencia da publicación do RD Lei 16 /2012 polo que o goberno do PP anulou ou eliminou o dereito universal á sanidade pública e gratuíta O DOG deste mércores, publica o decreto 221/2012, do 31 de outubro, polo que se fixan as tarifas aplicábeis a doentes que non sexan beneficiarios/as da Seguridade Social, así como naqueles casos en que, sendo beneficiarios, exista un terceiro obrigado ao pagamento que deba asumir o gasto sanitario. O decreto abre tamén a posibilidade de “repercutir nos usuarios os gastos ocasionados por eles como consecuencia do uso irresponsábel das prestacións asistenciais do sistema público de saúde de Galiza” e estabelece ademais que o transporte sanitario será “pola conta directa do paciente”. Entra en vigor este xoves.
Publicado en Avantar
26 sept 2012

postheadericon Habrá que pagar por transporte sanitario para diálisis, oncología y rehabilitación

El Ministerio que dirige Ana Mato tiene ya redactada la orden ministerial para definir los servicios del transporte no urgente por los que habrá que pagar. Se exigirá la aportación económica del usuario en los traslados periódicos del paciente o en los traslados de los enfermos entre centros sanitarios. La orden se debatirá esta tarde con representantes de las Comunidades Autónomas en la Comisión Delegada previa al Consejo Interterritorial de la próxima semana. El documento no concreta la cuantía del copago aunque apunta que será similar al farmacéutico.
Publicado en Cadena SER
6 jul 2012

postheadericon FGAMT-CIG advirte dun recorte encuberto de case o 50% no servizo de transporte de altas e traslados interhospitalarios do CHUAC

A FGAMT-CIG da Coruña vén de denunciar publicamente o recorte encuberto que se está a producir no servizo de transporte sanitario non urxente do CHUAC destinado ás altas e aos traslados inter e intrahospitalarios, xa que nestes momentos a empresa concesionaria só traballa co 50% das ambulancias contratadas polo Sergas.
O responsábel de Transportes da CIG, Xesús Pastoriza, e delegados da central sindical en Ambulancias Xuvias (empresa que ten a concesión), explicaron en rolda de prensa que dende primeiros deste ano o servizo está funcionando só con cinco, seis ou sete ambulancias ao día, cando no prego de condicións se estabelece que ten que contar con nove vehículos e dúas ambulancias localizadas.
Publicado en Avantar

26 may 2012

postheadericon As ambulancias cobran 0,75 euros por quilómetro

As tarifas do transporte sanitario non urxente contan só a distancia de ida e un plus interurbano
O copago no transporte sanitario non urxente é un dos puntos que recolle o novo real decreto sobre sanidade. Ata que se reúna o consello interterritorial de saúde non se saberá canto terán que pagar os usuarios do servizo, que adoitan ser pacientes de hemodiálisis, quimio e radioterapia e os de rehabilitación, como grupos máis importantes.
Publicado en La Voz de Galicia
28 abr 2012

postheadericon Os pacientes de hemodiálise poderían ser os máis perxudicados polo repago das ambulancias

O Decreto de 27 outubro de 2011 estableceu que o cargo por quilómetro que as empresas concesionarias do servizo de ambulancias lle farían ao SERGAS sería de 0,67 euros para o transporte programado e 0,71 euros para o non programado. Dacordo con estas tarifas, a viaxe desde Cangas sería considerado un desprazamento interurbano entre o domicilio do/a paciente e o centro sanitario localizado sempre en Vigo.
Se tomamos como referencia o hospital POVISA, que ven distando uns 25 quilómetros aproximadamente do centro de Cangas (máis do Hío e Aldán), teríamos que cada viaxe de ida e volta (50 quilómetros) suporía unha cantidade aproximada de 35 euros. Segundo as porcentaxes aplicables similares ás do pagamento farmacéutico (1), o resultado viría a ser o que figura no seguinte cadro:


Por exemplo, a factura mensual de repagamento dunha persoa enferma baixo tratamento de hemodiálese e tendo en conta que precisaría tres sesións semanais, podería ascender desde os 170 euros para o activo mileurista ata os 210 euros para os desempregados con prestación, pasando polos 42 € do pensionista. Unha boa tallada á que haberá que engadir os gastos en medicamentos en todos os casos. Conclusión: ademáis de enfermos, penalizados

(1) O BOE do 25 de abril textualmente di que este repagamento «se regirá por las mismas normas que regulan la prestación farmacéutica, tomando como base de cálculo para ello el precio final del producto y sin que se aplique ningún limite de cuantía a esta aportación».
26 abr 2012

postheadericon Feijóo non cobrará polas ambulancias non urxentes... ata que o ordene o Estado

Os pacientes do Servizo Galego de Saúde non pagarán polas ambulancias non urxentes. Polo momento. O presidente da Xunta viuse obrigado este xoves a terciar na alarma prendida dende Madrid polo Real Decreto "de medidas urxentes" do Ministerio de Sanidade, cuxo estourido afecta inmediatamente aos pensionistas en forma de novo repagamento dos medicamentos pero que trae consigo unha onda expansiva que non é menor e que afecta a áreas tan sensibles como o "transporte sanitario non urxente, suxeito a prescrición facultativa, por razóns clínicas" e, máis concretamente, ao xeito de financialo. Como xa fixera a mediados de marzo no caso dos fármacos Alberto Núñez Feijóo opta por nadar e gardar a roupa expoñendo do xeito máis dixerible posible para a cidadanía os preceptos ditados por un Ministerio cuxa confusa política comunicativa contribuía a acrecentar o desacougo dos pacientes. Cobrará o Sergas polas ambulancias non urxentes? Non hai "ningunha novidade" e cando a haxa, a Xunta "a avaliará".
Publicado en praza pública

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger