16 nov 2013

postheadericon A AGDSP critica a orde do Sergas de traslado dos/as enfermos/as en ambulancia a hospitais privados

Ante as noticias de que a Xunta de Galicia elaborou un protocolo remitido ás empresas de ambulancias que se ocupan do transporte sanitario urxente para o traslado dos feridos menos graves de accidentes de tráfico a clínicas privadas, mentres que os maior gravidade o fagan aos hospitais públicos, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar que esta medida supón:
  1. Un paso máis na privatización da asistencia sanitaria, ao obrigar ás ambulancias (servizos tamén privatizados) a trasladar pacientes a centros privados. Isto xa se vén facendo desde fai algún tempo desde os servizos de información sanitarias (tamén privatizados) nos que se anima a pacientes pendentes de intervención cirúrxica a acudir a centros privados concertados.
  2. Unha descapitalización do sistema alentada pola propia administración sanitaria pública que selecciona aos enfermos menos custosos para os centros privados e quédase cos máis graves cuxo tratamentos son máis elevados.
  3. Esta estratexia supón un apoio descarado ao sector privado para que se lucre con fondos públicos, que ten a súa explicación polos conflitos de intereses dos dirixentes políticos, que saen e entran da administración desde o sector privado (porta xiratoria). Non hai que esquecer que a mesma Conselleira era xerente dun centro privado do grupo POVISA, cando foi nomeada para o seu cargo de responsabilidade pública.
  4. Desde a AGDSP esiximos a retirada desta medida de apoio económico ao sector privado, mentres se recortan dereitos a pensionistas, doentes crónicos, discapacidade ou con graves enfermidades como o cancro que deben pagar pare dos tratamentos fornecidos nos hospitais.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger