8 feb 2011

postheadericon Un negocio a conta da nosa saúde


POVISA condicionou o desenvolvemento dos servizos de saúde na área de Vigo
Desde que no ano 1983 o INSALUD asinara o primeiro convenio con POVISA, os veciños e as veciñas de Cangas vémonos obrigados a recibir asistencia nun centro privado, apartados, polo tanto, dos servizos dun hospital público.
Cando o SERGAS asume as competencias sanitarias a comezos dos 90, renuncia a dotar á sanidade pública dos recursos hospitalarios e tecnolóxicos necesarios. Daquela o papel subsidiario e complementario de POVISA transfórmase en sustituto directo a través dun concerto singular. Nos sucesivos concertos aquela situación de partida, que se nos vendeu como transitoria, convertiríase nunha discriminación definitiva.
Finalmente, a modificación do proxecto arquitectónico do Novo Hospital de Vigo en 2.010 reducindo as infraestruturas necesarias para dar cobertura á poboación de referencia supuxo, (que casualidade!!) a eliminación dun número de camas equivalente ás que ofrece neste momento POVISA ao sistema público.
O SERGAS outorgoulle un gran poder a POVISA, ao mesmo tempo que foi perdendo os recursos necesarios para asumir a función asistencial que lle correspondería no caso da ruptura do concerto.



POVISA negocia coa nosa saúde
POVISA é un negocio privado que parasita ao SERGAS. Durante a última década, o importe económico que lle destinou a administración pública non deixou de medrar, incrementándose nun 60,2%. En 2007 POVISA declarou uns beneficios de máis de catro millóns de euros, tirados directamente da nosa saúde.
Ata tal punto foi o poder de presión deste hospital privado sobre a Xunta, ou o que é o mesmo a posición de submisión dos gobernantes de San Caetano, que no ano 2005, en plena vixencia do actual Concerto, POVISA, utilizando mecanismos perversos, conseguiu variar as tarifas por actividade incrementando notablemente os seus beneficios.



POVISA escolle os e as enfermos que lle interesa
Os e as usuarios de Cangas, asignados obrigatoriamente a POVISA, non temos acceso aos servizos de hospitalización a domicilio (HADO) e coidados paliativos cos que conta o resto da poboación da nosa mesma área sanitaria.
A razón é que POVISA, en procura do negocio, evita os segmentos de poboación de maior idade, que lle xeran máis gasto sanitario e lle producen menos rendabilidade.
Non é casualidade que no reparto de potenciais pacientes, a poboación maior de 64 anos que se lle adxudicou a POVISA sexa ata un 11% inferior á do resto da área sanitaria.


Na mesma liña apuntan as aspiracións de POVISA de facerse coa poboación pediátrica (menores de 14 anos), segundo se puido saber extraoficialmente das negociacións que actualmente se están a levar na máis absoluta escuridade para redactar un novo concerto.


POVISA por detrás do sistema público
Outros datos indican que a calidade asistencial de POVISA, medida en función dos recursos de persoal e camas, é inferior á que se ofrece no hospital público de Vigo.


As cifras do cadro, correspondentes ao ano 2006, deben reducirse aínda máis para POVISA, pois co mesmo persoal sanitario atende a súa actividade non concertada co SERGAS, que corresponde a 123 camas dun total de 423 que ten en funcionamento.



POVISA: non tan barato
Unha das falacias que nos queren facer tragar os altofalantes de POVISA é que o gasto por habitante neste hospital é inferior que no CHUVI, por exemplo. Pero os cálculos están falseados, pois as estruturas de custes e xestión son distintos e, ademáis, os hospitais públicos atenden patoloxías máis graves, custosas e, como vimos anteriormente, atenden a unha poboación máis envellecida.



As artimañas de POVISA
Xunto coa revalorización que se ven efectuando todos os anos para a financiación do concerto (sempre por riba do IPC), POVISA utiliza toda clase de artimañas para sacarlle o diñeiro ao SERGAS. Velaquí unhas cantas que sinalou o Consello de Contas de Galicia no seu Informe do ano 2006:
  • en 2006 os 53 millóns de € contabilizados en xaneiro, convertéronse nunha facturación neta acumulada de 66 millóns de € ao final do exercicio
  • no mesmo 2006, POVISA cobrou case 5 millóns de € polo exceso de actividade, malia que o concerto precribía que non tiña dereito a ingresar por ese conceito o retraso de medio ano na fixación das novas tarifas utilizouse para “re-facturar” desde xaneiro a maior prezo
  • a partir de 2005 a indefinición nas cláusulas do concerto da consulta de alta foi aproveitada para aumentar a facturación en 1,2 millóns de €, importe que non sería excluído e, polo tanto, embolsado por POVISA
  • en quimioterapia POVISA facturou por riba dos custes reais- de modo que o incremento do custe medio por sesión pasou de 496 € en 2001 a 965.23 € en 2007, o que non se explica, segundo se revela no devandito Informe, polo aumento da actividade
  • etc.


A Comisión de seguemento ao servizo dos intereses de POVISA
A Comisión de seguemento do Concerto Singular non abordou cuestións relacionadas co seguemento e avaliación da actividade concertada, limitándose as incidencias de carácter asistencial e tampouco existiron, polo menos ata a intervención en 2006 do Consello de Contas, actas debidamente formalizadas das reunións POVISA / SERGAS nin libro de rexistro que as rexistren.
POVISA logrou tranformar a Comisión nun instrumento de renegociación permanente para modificar o Concerto no seu beneficio.


Outro triunfo de POVISA foi a eliminación da Inspección Médica
Durante os primeiros concertos (1993 e 1996) existiu unha unidade de Inspección Médica do SERGAS ubicada no edificio do centro hospitalario de POVISA. No ano 2000 trasladouse á rúa García Barbón.
A poboación asignada a POVISA tamén se encontra discriminada ao contar cun Servizo de Atención ao Paciente da propia empresa e non dependente do SERGAS, a diferenza dos demais hospitais públicos.


Cifras récord nas listas de espera
POVISA conta coas listas de espera cirúrxica máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Durante os últimos catro trimestres as cifras non deixaron de medrar. Das listas de especialidades e de probas diagnósticas, aínda que non se queren facer públicos os datos oficiais, as veciñas e os veciños do Morrazo que as padecemos, sabemos que son enormes.


As grandes esperas convertéronse en crónicas na medida que POVISA foi acadando máis peso na área sanitaria de Vigo.



Os PERLE: todo serve para encher o saco sen fondo de POVISA
Os PERLE (Plans Específicos para a Redución das Listas de Espra), que tiñan por obxecto reducir a espera aos e ás pacientes que levasen máis de 6 meses nas listas, supuxeron uns ingresos paralelos ao financiamento global de POVI$A de nada menos que 4,8 millóns de euros no período 2004-2008.
Aproveitando o malestar social dos e das pacientes que ven como pasan os meses e non son chamados para unha consulta, unha operación ou realizar unha proba diagnóstica, POVISA engordou as listas de espera para que a administración lle acudise cos millonarios PERLE.


O conto da libre elección de hospital
A posibilidade de elección de hospital que a Consellería nos ofrece aos e ás usuarios de Cangas non é para agora nin se sabe para cando. Entre tanto cacarexo tampouco se molestaron en explicarnos como a van facer efectiva, pois a lexislación vixente só pemite a libre elección do médico de familia e os especialistas de referencia van ligados a esa elección. Suporá isto un primeiro paso para a entrega a POVISA dunha parte da tarta da xestión da Atención Primaria?
En realidade, a "libre elección" está pensada, aínda que non nolo conten así, para un modelo futuro de servizos da saúde privatizados, onde impere a lei do chamado "libre mercado" e coa conseguinte desaparición das áreas sanitarias e os seus centros de referencia. Un sistema onde os distintos centros hospitalarios compitan entre sí para ofrecer aos e ás pacientes, convertidos agora en consumidores, determinados servizos que serían previamente postos nas mans da iniciativa privada.



A nosas propostas
Para parar a chantaxe de POVISA sobre a administración, que nos converte á poboación asignada en reféns dos seus intereses económicos, os poderes públicos deben reaccionar. Para isto é necesario que o SERGAS reconsidere tanto o Plan Funcional para a área sanitaria de Vigo, así como a redución das capacidades inicialmente proxectadas para o Novo Hospital Público de Vigo.
Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas estamos porque na área sanitaria de Vigo toda a cidadanía teña acceso a un hospital público de referencia, e que exista unha única porta de entrada de urxencias hospitalarias. Para lograr isto reclamamos:

  • a transformación de POVISA nun centro hospitalario cun concerto por actividade sen poboación asignada, reducindo o seu peso e o seu papel dentro da área sanitaria
  • a posibilidade para os usuarios e as usuarias de Cangas de acceder aos servizos dos hospitais públicos, deixando de estar obrigados a acudir a POVISA como hospital de referencia

Ao mesmo tempo, aspiramos, por suposto, a que o sistema público de saúde vaia dando pasos firmes para asumir toda a actividade asistencial e hospitalaria que hoxe ofrece POVISA.


Ao ser POVISA un centro hospitalario privado, onde impera a lóxica da rendabilidade empresarial, os usuarios e as usuarias do mesmo padecemos unha atención e uns niveis de calidade comparativamente inferiores aos dun centro público, onde non existen os beneficios dos accionistas que son detraídos da saúde de todos e todas.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

POVISA SI GRACIAS, A MIN TRATANTENME MOI BEN.
À PLATAFORMA POLA SANINADE PUBLICA SON GRUPO DE POLITICOS QUE VIVEN DO QUE LLE PAGAN OS PARTIDOS POLITICOS AFINES COAS SUAS IDEAS, NON SE DESCARTA TAMPOUCO QUE SEAN FINANCIADOS POR SINDICATOS TAMEN AFINS CON ESTAS IDEAS POLITICAS. ESTA XENTE VIVE DOS CARTOS DOS CIDADANS QUE CEGAMENTE SON ENGANADOS CON MENTIRAS E LLE PRESTAN ESTE DIÑEIRO PENSANDO QUE DEFENDEN OS SEUS INTERESES.

Anónimo dijo...

Soy un ex trabajador/directivo de Povisa y puedo garantizar que es un gran hospital, que cuenta con un nivel muy alto de profesionales y que todos los dias realizan una medicina de alta calidad.

Anónimo dijo...

Unha critica definitiva deberia incluir unha descripcion dos orzamentos de POVISA. POVISA di gastar 515 euros por usuario fronte os 750 dos servizos publicos galegos. E moita a diferencia e o artigo non xustifica esa desproporcion. Se realmente queremos defender o publico teremos que xustificalo apropiadamente. Queremos mais informacion dos presupostos de POVISA e cal e o gasto real para poder argumentar a defensa do PUBLICO.

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger