11 dic 2013

postheadericon A AGDSP valora como un enorme éxito a mobilización sanitaria do 10D

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública considera un enorme éxito a folga Xeral da Sanidade Pública Galega e as manifestacións cidadás e profesionais en contra o desmantelamento e privatización do sistema sanitario na nosa Comunidade Autónoma.
Ao noso entender esta enorme mobilización móstranos:
  1. A necesidade da unidade sindical, por encima das lexítimas diferenzas ideolóxicas, para opoñerse ás políticas de precarización dos traballadores sanitarios que pretenden desenvolver a Xunta de Galicia
  2. O rexeitamento da utilización da xestión clínica pola Consellería de Sanidade para fragmentar e privatizar os centros sanitarios (coa complicidade dalgunhas figuras sanitarias envoltas de profesionalismo e de neutralidade ideolóxica que ocultan os seus conflitos de intereses co sector privado). 

postheadericon Concentración en Cangas en defensa da sanidade pública


Texto do Manifesto lido na concentración:
Temos moitos motivos para encontrármonos hoxe aquí. En primeiro lugar, estamos participando nunha xornada de protesta que se extende por todo Galicia contra as medidas de recortes, copagos (mellor dito, repagos), e privatizacións nos servizos públicos de saúde impostos a unha cidadanía duramente castigada por unha crise que provocaron os que pretenden seguir vivindo por riba das nosas posibilidades.
Tamén estamos aquí para deixar constancia da solidariedade e do recoñecemento de todo o Morrazo coa loita dos veciños e veciñas do Hío pola construción do centro de saúde. Eles coa súa constancia e a súa valentía represéntanos a todos e a todas fronte ao poder despótico duns gobernantes trampóns e mentireiros que nunca deberon chegar a onde están agora. Que o teñan moi claro, por moito que nos desprecen, o pobo sempre terá a última palabra. Non sairán coa súa.

Amigos e amigas:
Os gobernos do PP aboliron o dereito universal á sanidade deixando aos maiores de 26 anos que non cotizaron a Seguridade Social, aos inmigrantes sen papeis e a outros colectivos unicamente con cobertura sanitaria urxente; retiraron a gratuidade dos medicamentos para os pensionistas; introduciron o copago dos fármacos de dispensación hospitalaria para os enfermos crónicos e de cancro; de cada dez sanitarios/as que se xubilan só repoñen un posto de traballo; manteñen listas de espera insoportables; xa decidiron que teremos que pagar polas ambulancias e polas próteses.
A perversa imaxinería dos rajoys e dos feijoos semella non ter límites. A Xunta de Galicia está privatizando os servizos sanitarios públicos, repartindo as parcelas máis atractivas económicamente entre grupos empresariais afíns, aseguradoras, multinacionais, fondos de investimento, bancos e construtoras. Agora comezan a privatizar a alta tecnoloxía e xa están preparando, coa creación do que eles chaman unidades de xestión clínica, hospitais e centros de saúde para regalarllos fragmentadamente aos negociantes da nosa saúde. 
Estes días, veñen de aprobar no Parlamento de Galicia unha denominada “Lei de Garantías” para derivar aos pacientes hospitalizados despois dos 60 días de espera a calquer centro privado e, ademáis, pagando por adiantado.
Estes gobernantes neoliberais que nos cairon en desgraza queren crear un mercado sanitario transformando aos pacientes en clientes. Para vendernos a súa falsa mercaduría pretenden convencernos das marabillas da “libre elección” de centro sanitario. Sen embargo, polo camiño que levamos o único que teremos será a opción de escoller a empresa sanitaria que estea ao alcance das nosas posibilidades económicas. Nunca aceptaremos un sistema sanitario no que, ao final, haxa que pasar por caixa coma no supermercado.
No Morrazo, ademais, sentimos na nosa pel a burla e o abandono: Marín, O Hío e Moaña esperan polos prometidos centros de saúde e toda a comarca polo centro de alta resolución; padecemos POVISA e as súas listas de espera récord en Galicia,...
Coa prioridade de pagar a bancos e especuladores internacionais, os gobernantes do Partido Popular en Madrid e Compostela desmantelan a sanidade pública.
Chegou o momento de articular unha grande alianza entre a cidadanía e os traballadores e traballadoras  en defensa da sanidade pública e do estado do benestar. Non entregaremos polas boas un patrimonio social que tanto lles custou conquistar a xeración actual e ás anteriores. A xornada de hoxe é só un punto e seguido desta batalla pacífica e colectiva que vai continuar ata rematar definitivamente con estas políticas inspiradas polos grandes poderes económicos e financeiros que nos pretenden levar de cabeza á época dos servos e señores; que nos pretenden transportar a un modelo social dominado polo salvaxismo, onde o dereitos sociais sexan sustituídos por dádivas e xestos de caridade dos ricos e poderosos. Por iso estamos aquí, para dicir moi alto:

Non aos recortes, copagos e privatizacións!!
Por unha sanidade pública universal, gratuíta e de calidade!!
Polos nosos dereitos!! Paremos o saqueo!!

O Morrazo, 14 de decembro de 2013

10 dic 2013

postheadericon 10D: concentración en Cangas en defensa da sanidade pública


9 dic 2013

postheadericon Valoración positiva do seguemento da folga sanitaria

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública considera un gran éxito o seguimento da Folga Xeral da Sanidade Galega en contra do desmantelamento e privatización do sistema sanitario público en Galicia. Esta folga supón un fito histórico pola súa unidade e apoio xeral.
Cremos que o seguemento masivo da convocatoria por todos os estamentos sanitarios: persoal médico, de enfermeria, auxiliar, administrativo e non sanitario de todos os centros públicos supón un rexeitamento frontal ao intento de utilizar a xestión clínica para privatizar e fragmentar os servizos en múltiples empresas con participación e xestión privada.
Consideramos que esta resposta masiva evidencia do fracaso da estratexia de manipular un instrumento técnico para poñelo ao servizo dos seus intereses empresariais de costas aos traballadores sanitarios.
Desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública reiteramos o chamamento ás Plataformas que integran SOS Sanidade Pública e toda a cidadanía a mostrar o seu apoio aos traballadores en folga acudindo masivamente ás manifestacións convocadas para mañá en toda Galicia.

postheadericon A folga da sanidade complícase coa dos traballadores de ambulancias de Transa

A folga na sanidade galega, que comezou onte ás 22.00 horas e prolongarase ata as 24.00 horas do martes día 10, coincidirá en Ou Morrazo co paro indefinido convocado desde hoxe polos traballadores de ambulancias da concesionaria Transa con bases en Bueu, Marín e Pontevedra, polo que á xa complicada situación nos centros de saúde, unirase a dos traslados sanitarios, polo menos en Bueu, aínda que os servizos mínimos garanten o transporte. Pero a xornada anúnciase con movilizaciones por parte dos técnicos de ambulancias que finalmente víronse forzados á folga pola negativa da empresa a aplicar o laudo no que se recollía a retirada dos expedientes sancionadores a 17 traballadores por suposta falta de control e mantemento dos vehículos.
Publicado en Faro de Vigo
8 dic 2013

postheadericon SOS Sanidade Pública chama á mobilización pola sanidade pública

A Plataforma SOS Sanidade Pública chama a toda a poboación galega a apoiar a folga dos traballadores sanitarios contra os recortes, os copagos e a privatización da sanidade pública galega.
A Xunta de Galicia está desmantelando e privatizando os servizos sanitarios públicos, repartindo as parcelas máis atractivas económicamente entre grupos empresariais afíns, aseguradoras, multinacionais, fondos de investimento, bancos e construtoras Chegou o momento de articular unha grande alianza entre poboación e traballadores/as da sanidade en defensa dunha sanidade pública de calidade e por recuperar o dereito a unha sanidade pública universal accesible e de calidade.
Se os/as afectados/as, que somos a maioría social e profesional, non reaccionamos de xeito urxente, deica pouco o desmantelamento e privatización da sanidade pública será irreversible, xa que a Xunta transformaría os centros sanitarios en empresas privadas, recortando o persoal, e obrigándonos a pagar pola asistencia sanitaria.
O día 10 de decembro debemos saír manifestarnos en toda Galicia, xunto cos traballadores e traballadoras da sanidade en folga, pola defensa da sanidade pública

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger