17 ene 2016
Medidas urxentes para tratar as urxencias

Ás queixas feitas polos cidadáns súmanse tamén as do persoal sanitario, que, ademáis de traballar baixo unha presión extra
pola falta de recursos e persoal, como coñece e recoñece a propia administración autonómica, comproban como a prestación do servizo é dunha calidade que está lonxe de ser óptima,
repercutindo directamente na nosa saúde.
Dende a Plataforma de Sanidade Pública de
Cangas, en representación dos/as usuarios/as da sanidade pública e na súa
defensa, cremos que esta situación é intolerable, polo que, solicitamos aos
nosos representantes locáis que tanto na reunión que manteñan con dito
organismo (anunciada na prensa polo propio Alcalde), como o comunicado que lle
fagan chegar (tal como anunciaba o Conselleiro de Sanidade), esixan:
- Que o PAC de Cangas, teña alomenos 1 médico e
1 enfermeira/o durante as 24 horas do día, sen ningún tipo de “interrupción” na
asistencia. Cremos que é urxente solicitar ao SERGAS unha ampliación de persoal
sanitario que supla as deficiencias mencionadas.
- Que POVISA se faga cargo da atención do “seu”
HADO tamén no fin de semana. Non se pode tolerar que as suplencias por descanso
de persoal deste servizo, polo que cobra unha considerable cantidade de diñeiro
público, estea a ser cuberto por persoal sanitario do SERGAS.
- A construción do CAR e ambulancia medicalizada
(UCI móvil) para o Morrazo
Parte dos desprazamentos que médicos e
enfermeiras/os deben realizar e que dan orixen á mala atención sanitaria
“normalizada”, rematarían si,
- por unha banda, o Morrazo tivese unha
UCI móvil, que ademáis de contar co persoal sanitario propio, evitando o
desprazamento do persoal do PAC, tamén melloraríamos na atención sanitaria das
doenzas e/ou accidentes graves que precisan dunha rápida e eficaz atención sanitaria,
por poñer un par de exemplos, no caso dun ICTUS cerebral ou un paro cardíaco
onde a inmediatez pode salvar vidas ou minimizar secuelas.
- e por outra banda, como xa
mencionamos en innumerables ocasión, moitos dos desprazamentos ao centro
hospitalario de referencia, sexa por urxencias ou no día a día dos pacientes, o
CAR tórnase imprescindible para a comarca.
Dende a Plataforma non entendemos e así o
queremos denunciar, como o SERGAS asina Concertos e contratos, desembolsando
das arcas públicas escandalosas cifras millonarias -que benefician a empresas
privadas como POVISA, S.A. ou a concesionaria de Hospital Álvaro Cunqueiro- e é
incapaz de asumir o irrisorio custo que suporía o reforzo de persoal sanitario
para Cangas e Moaña, ou a mencionada UCI móvil para a comarca.
Namentras uns poucos pensan que a sanidade é
un negocio, o resto pensamos que é un dereito incuestionable.
En Cangas, a 16 de xaneiro de 2016
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: