13 dic 2012

postheadericon A AGDSP a propósito do anuncio do goberno de introducir o copago polo transporte non urxente en ambulancias

O Goberno de Mariano Rajoy dá unha nova volta de porca na introdución de copagos ás persoas enferma cun proxecto que pretende que as persoas que necesiten trasladarse aos centros sanitarios para recibir tratamento teñan que ir en ambulancias (por que as súas condicións físicas non o permitan), paguen unha parte do mesmo.
  1. Desde a Asociación advertimos que esta medida forma parte da contrarreforma sanitaria contemplada no Real Decreto 16/2012 que introduzo o copago sanitario na sanidade pública. Primeiro foron os medicamentos para pensionistas, agora veñen o transporte en ambulancia e deica pouco o pago por consultas.
  2. Este pago supón un novo imposto que grava ás persoas máis enfermas, mentres se manteñen as exencións ás rendas máis altas (impostos capital, patrimonio, sucesións, etc,)
  3. Consideramos cruel e discriminatorio que as persoas con cancro, insuficiencia renal, que lles obriga a estar varias veces por semana pegados á máquina de diálise, ou que teñen necesidade de rehabilitación por enfermidades crónicas, etc , teñan que ademais pagar para trasladarse a recibir tratamento nos centros hospitalarios.
  4. A escasa contía das pensións (750 de media en Galicia) e as dificultades económicas que afectan xa á gran maioría da poboación fará que este repago impida a moitos pacientes poder recibir os tratamentos que necesitan.
  5. Desde a AGDSP facemos un novo chamamento a toda a cidadanía galega a manifestar a súa indignación polo desmantelamento e a privatización sanitaria e a rexeitar os novos copagos que ten previsto introducir o goberno (por consultas ou probas diagnósticas), antes de que as poñan en práctica, xa que van facer máis inaccesible o dereito á asistencia sanitaria.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger