6 nov 2012

postheadericon Apróbanse as tarifas aplicábeis aos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do SERGAS e nas fundacións

CIG-Saúde denuncia que é a consecuencia da publicación do RD Lei 16 /2012 polo que o goberno do PP anulou ou eliminou o dereito universal á sanidade pública e gratuíta O DOG deste mércores, publica o decreto 221/2012, do 31 de outubro, polo que se fixan as tarifas aplicábeis a doentes que non sexan beneficiarios/as da Seguridade Social, así como naqueles casos en que, sendo beneficiarios, exista un terceiro obrigado ao pagamento que deba asumir o gasto sanitario. O decreto abre tamén a posibilidade de “repercutir nos usuarios os gastos ocasionados por eles como consecuencia do uso irresponsábel das prestacións asistenciais do sistema público de saúde de Galiza” e estabelece ademais que o transporte sanitario será “pola conta directa do paciente”. Entra en vigor este xoves.
Publicado en Avantar

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger