12 jul. 2017

postheadericon LEVAMOS AO PARLAMENTO AS DEMANDAS SANITARIAS DE CANGAS




En Cangas padecemos como  calquer pobo da nosa Área Sanitaria os recortes, e sufrimos tamén os incumprimentos do Sergas coas  infraestructuras comprometidas, como son a construción do Centro de Alta Resolución para o Morrazo e a construción do Centro de Saúde Aldán –O Hío.

Ante esta situación de déficit sanitario, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas iniciamos nos primeiros meses do ano,  unha campaña de recollida de sinaturas solicitando persoal permanente no SERVIZO DE URXENCIAS DO PAC  DE CANGAS.

Iniciamos a campaña  o martes 17 de xaneiro e a rematamos  o sábado 25 de febreiro. Dende o primeiro día tivemos unha boa acollida, e a  experiencia foi moi  positiva e gratificante. Sorprendentemente os/as  veciñas/as  que se  achegaban ás mesas non deixaban de agradecer que estiveramos na rúa visibilizando este problema.

A pesares do frio e da chuva desa época ,a veciñanza continuou co seu apoio, e o terceiro día de recollida xa contábamos con preto de 3000 sinaturas dos veciños e veciñas de Cangas.


Para a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas o acontecido no noso pobo,  non foi só unha campaña de recollida de sinaturas,  senón  unha mobilización social nunca coñecida ata entón.

Máis dunha treintena de locais comerciais da Asociación Cangas Vella, bares, cafeterías, librerías e persoas voluntarias colaboraron coa Plataforma nesta campaña. Con toda probabilidade,  este movemento social provocou  que o Concello de Cangas, no Pleno do 27 de xaneiro,  acadase un ACORDO  PLENARIO REFRENDADO POR TODA A CORPORACIÓN de apoio ao escrito presentado pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas a favor  dunhas urxencias con persoal permanente.   

 O 7 de marzo, fixemos  entrega das sinaturas recollidas ao  goberno local e partidos políticos de Cangas. De contino,  constituíuse unha Comisión de traballo entre o goberno local (comandado polo Sr. alcalde) e os grupos da oposición, co obxecto de consensuar e xestionar tódalas accións a emprender, sempre  encamiñadas a logar unha reunión co Sr. Conselleiro de Sanidade,  Dº Xesús Vázquez Almuiña.

Nesa Comisión de traballo acordamos levar as sinaturas ao Rexistro da Xunta de Galicia en Vigo o 6 de abril, este acto tivo moita repercusión nos medios de comunicación, e estivemos acompañados tamén, por un grupo de veciños e veciñas.

O Venres 2 de xuño, centenares de veciños/as, e diferentes colectivos  respaldaron a convocatoria da Plataforma demandando mellores  servizos sanitarios para Cangas e unha solución aos problemas que estamos a padecer:

PERSOAL PERMANENTE NAS URXENCIAS  DO PAC DE CANGAS

RESTABLECER A PEDIATRÍA NO CONSULTORIO DE ALDÁN

REFORZO DA TERCEIRA AMBULANCIA PARA O MORRAZO

A CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE SAÚDE ALDÁN – O HÍO

A CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE ALTA RESOLUCIÓN PARA O MORRAZO


7 jun. 2017

postheadericon CONCENTRACIÓN DIANTE DO CONCELLO O VENRES 2 DE XUÑO


As políticas de axuste e recortes  destes últimos anos aplicadas tanto polo goberno Central  como na Xunta de Galicia, devastaron a  nosa Sanidade Pública. Estas medidas aplicáronse baixo a idea que ten o PP sobre a sanidade, a consideran, unha mercadoría da que sacar réditos a costa do sufrimento dos cidadáns, sendo os usuarios e usuarios do sistema público os máis golpeados.

A  Xunta de Galicia no ano 2009 paralizou o “Plan de Mellora de Atención Primaria, esta medida, orixinou un forte retroceso na dotación de recursos técnicos e humanos.  Decontinuo a estes recortes, orixinouse un grave  deteriodo na calidade e capacidade no  seu funcionamento, no que en gran medida está afectando  tanto na prevención, como na resolución e tratamento dos problemas da saúde da poboación.

A veciñanza do Morrazo, preto de 46.500 habitantes, vivimos con indignación os orzamentos da Xunta de Galicia destes últimos anos,  a non contemplarse partidas orzamentarias destinadas a saldar os compromisos contraídos polo Sergas  co Morrazo, como é a construción do Centro de Alta Resolución  e do Centro de Saúde Aldán-O Hío.

Durante todo o mes de febreiro máis de 5.200 veciños e veciñas de Cangas asinaron tanto nas rúas como en moitos locais voluntarios  o manifestó  “POLA PERMANENCIA DO MÉDICO E DA ENFERMEIRA NAS URXENCIAS NO PAC DE CANGAS”. Son numerosas as ocasións nas que os veciños/as acudimos ao Servizo de urxencias do Pac de Cangas e atopámonos que non está nin o médico nin a enfermeira para atendernos, debido a que o e tiveron  que desprazarse a outra urxencia fóra do PAC.

A  preocupación e desesperanza con que vivimos en Cangas este problema choca de fronte coa política de oídos sordos da Consellería de Sanidade, que  non só non contesta ás numerosas solicitudes de peticións de reunión que se lle solicita dende o goberno local, senón, que tampouco quere escoitar as demandas que dende a Plataforma estamos a denunciar dende fai moito tempo.


A CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE ALTA RESOLUCIÓN PARA O MORRAZO

A CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE SAÚDE DE ALDÁN - O HÍO

PERSOAL  PERMANENTE NO SERVIZO DE URXENCIAS NO PAC DE CANGAS

A INMEDIATA COBERTURA DA PEDIATRÍA EN ALDÁN

O REFORZO URXENTE DA TERCEIRA AMBULACIA PARA O MORRAZO

O FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE RADIOLAXÍA POLA  TARDE


E O FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE REHABILIZACIÓN POLA TARDE
26 may. 2017

postheadericon MOBILIZACIÓN CIDADÁ EN CANGAS

Durante todo o mes de febreiro máis de 5.200 veciñ@s de Cangas asinaron tanto nas rúas como en numerosos locais o manifesto "POLA PERMANENCIA DO MÉDICO E DA ENFERMEIRA NAS URXENCIAS NO PAC DE CANGAS". Son numerosas as ocasións nas que os veciño@s acudimos ao Servizo do PAC de Cangas e atopámonos que non está nin o médico nin a enfermeira para atendernos, debido a que o equipo tivo que desprazarse a outra urxencia fóra do PAC. Por isto solicitamos ao Conselleiro de Sanidade o Sr Dº Jesús Vázquez Almuiña, unhas Urxencias con persoal permanente.
A preocupación e desesperanza coa que vive a veciñanza este problema choca coa política de oídos sordos da Consellería de Sanidade, que non só, non contesta ás numerosas solicitudes de reunións que pide o goberno local, senón que tampouco quere escoitar as demandas que dende a plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas estamos a denunciar dende fai moito tempo.
A concentración do próximo venres 2 de xuño ás oito da tarde diante do Concello de Cangas ten como obxectivo denunciar as carencias sanitarias de Cangas e esixirlle a Consellería de Sanidade a solución dos mesmos:
  • A CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE ALTA RESOLUCIÓN PARA O MORRAZO.
  • A CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE SAÚDE DE ALDÁN-O HÍO
  • A INMEDIATA COBERTURA DA PEDIATRÍA EN ALDÁN
  • O REFORZO URXENTE DA TERCEIRA AMBULANCIA PARA O MORRAZO
  • O FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE RADIOLOXÍA POLA TARDE
  • O FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE REHABILITACIÓN POLA TARDE

Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas facemos un chamamento a tod@s á participación na concentración cidadá para que estas demandas sexan escoitadas e respetadas.






9 abr. 2017
O xoves 6 de abril, unha representación do goberno local de Cangas, encabezado polo Sr. alcalde, membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e un grupo de veciños,  achegámonos   ao edificio da Xunta de Galicia, en Vigo, para rexistar as máis de 5000 sinaturas dos veciños e veciñas recollidas pola Plataforma durante todo o mes de febreiro na rúa en favor de persoal permanente do médico e a enfermeira no servizo de urxencia do PAC de Cangas.


O Sr. Delegado da Xunta en Vigo, di que tiña a axenda ocupada e non puido recibirnos. Por outra banda, o Sr. Conselleiro de Sanidade, da a calada por resposta e non contesta ás peticións de reunión solicitadas dende o Concello.

A Plataforma en Defensa de Sanidade Pública de Cangas manifestamos esa mañá aos medios de comunicación que deron cobertura á concentración, que a nosa axenda está desocupada para calquer día e a calquera hora para reunirnos co Sr. Conselleiro de Sanidade e falar do déficit sanitario que temos en Cangas e dos incumprimentos que a Administración ten co noso pobo.

Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, non imos deixar de mobilizarnos ata que as peticións da veciñanza sexan escoitadas e respetadas pola Administración.


Cangas; 8 de abril 2017


1 abr. 2017

postheadericon NA ASEMBLEA CIDADÁ DEBATIMOS SOBRE O DÉFICIT NA ATENCIÓN PEDIÁTRICA EN CANGAS




ACÓRDASE QUE A PEDIATRA VOLVA A ALDÁN-HÍO E QUE SE REPOÑA A PRAZA DE PEREIRO CANTO ANTES NA ASEMBLEA ‘SOS PEDIATRÍA’

Os colectivos Plataforma pola Sanidade Pública, Asociación Chuchamel en apoio ao aleitamento materno e a Federación de ANPAS A Gameliña encabezaron e impulsaron a asemblea celebrada o martes no Salón de Plenos do Concello.

A asemblea alertou da posibilidade da eliminación da praza de pediatría de Aldán-O Hío e mesmo da non reposición do posto que deixa libre, por agora, Pereiro. Todas concordaron que é obvio que o desprace da pediatra de Aldán para Cangas non só prexudica ás nenas/os de Aldán e O Hío, senón que as de Cangas tamén se miran afectadas, pois temos que ter en conta que os cupos acollen máis pacientes dos que pode abarcar en detrimento da calidade pública e universal á que todas temos dereito, vivamos no rural ou no centro.

Por tanto é fundamental que esta pediatra manteña o seu posto de traballo onde o viña facendo normalmente; e non en Cangas onde ademais de desprazar ás familias de Aldán e O Hío, é un desaxuste para o centro médico de Cangas. Ademais, na mesma loita acordouse a maiores desta prioridade, poñer en manifesto a necesidade urxente de repoñer a praza que falta; pois as nosas crianzas non teñen que sufrir os seus recortes.

Entre outras cousas, a representante da Asociación Chuchamel manifestou que semella que hai crianzas de primeira e de segunda; pois non é xusto que as nosas fillas/os se son de Aldán ou O Hío teñan que desprazarse a Cangas, xa que todas pagamos impostos por igual. 

Ademais, entre outras propostas, deron conta do grave que é non ter un pediatra de urxencias en Cangas as fins de semana; e unha das propostas que poñen sobre a mesa é a de coordinar ás pediatras de Moaña e Cangas para poder non só atender mellor ás crianzas senón tamén co obxectivo de reducir un peso considerable de afluencia no Hospital Álvaro Cunqueiro; onde xa non terían que ir as familias cos gastos e perda de tempo que iso conleva.

Por outro lado, tamén apuntaron que os nenos e nenas deberían ter prioridade absoluta, pois “non é de recibo que agarden unha hora a seren atendidos; mais é evidente que as urxencias deberán ir primeiro”. Ademais reivindican a habilitación dunha sala de espera separada dos adultos, non é normal que crianzas e adultos enfermos compartan espazos co que iso pode supoñer para a saúde.

Chicha Nores reivindicou a figura de Pereiro e o seu bo facer nestes anos como pediatra de Cangas e alertou das poucas prazas MIR en pediatría que están ofertando dende o Ministerio; reivindicando a necesidade de aumentalas, debida conta do grave problema que estamos a ter en Cangas. O representante da corporación municipal, avanzou que contaban co apoio do pleno e que transmitiríalle a información dada na asemblea ó alcalde; coa fin de poder axilizar os prazos o máximo posible.

Quedan á espera de enviar un escrito nas próximas semanas ao xefe de servizo, solicitando todas estas peticións, así como de convocar outra asemblea informativa nun curto espazo de tempo para falar dos avances e próximos pasos a dar. 
26 mar. 2017

postheadericon NO MORRAZO TEMOS UN DÉFICIT DE CALIDADE NA ASISTENCIA PEDIÁTRICA



ASEMBLEA CIDADÁ SOBRE A SITUACIÓN DE PEDIATRÍA EN CANGAS



O próximo martes 28 de marzo ás seis e media da tarde no Salón de Plenos do Concello de Cangas, a asociación Chuchamel en apoio da lactancia de Cangas, a Federacións de Anpas A Gameliña e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, convocamos unha asemblea cidadá para facer entre todos unha  análisis do déficit de calidade na atención pediátrica, non só en Cangas, senon tamén no Morrazo, para  solicitar ao Sergas unha solución o máis rápido posible.  

A lamentable situación do desprazamento da pediatra e enfermeira do consultotio de Aldán ao Centro de Saúde de Cangas, non é nada novo. Este feito estase a repetir dende xa fai moito tempo, repuntando durante o periodo vacacional, e polo tanto vai tendo visos de cronificarse.

Fronte o inmobilismo do Sergas ante problema, facendo unha política de feitos consumados, esperando que co tempo a resignación das nais e pais dos nenos/as de Aldán e O Hio, as asociacións convocantes facemos un chamamento a todos eles a mobilizarse na defensa da cobertura da praza de pediatría.  

Este e outros aspectos que se poden mellorar, querémolos analizar  o próximo martes 28 ás 18:30h no Salon de Plenos do Concello de Cangas. 


 Cangas, 24 de marzo de 2016 
6 feb. 2017
Mañá martes 7 de febrerio ás 19:30hs, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, convoca a todas/os a unha chala- coloquio no Salón de Plenos do Concello de Cangas sobre ¿Qué sabemos as mulleres dos protocolos de Xinecoloxía? .  

A charla vai ser impartida polas médicas especialistas en Xinecoloxía, Mercedes Santos Castroviejo e Sabela  Iglesias Faustino, ambas exercen a súa profesión no Servizo de Xinecoloxía do hospital Álvaro Cunqueiro.

A charla ten como obxetivo dar a coñecer ás mulleres os dispositivos asistenciais sanitarios existentes orientados a promover de xeito integral en cada unhas das diferentes etapas da evolución biolóxica e vital das mulleres e así acadar de xeito integral un maior estado de benestar físico e emocional.

Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas queremos promocionar a difusión da información aos cidadáns de temas de interese relacionados no campo da saúde  impartidos por profesionais da sanidade.

Nesta tarefa a Plataforma pretende xenerar  un estado de opinión na sociedade para pór en valor o seu dereito á protección da saude e así poder coñecer e valorar as políticas dos responsables públicos que están obrigados a desenrolar programas sociais encamiñados cara esa protección.

Cangas, 6 de febreiro de 2017


19 ene. 2017

CANGAS TAMÉN SE MOBILIZA CONTRA OS RECORTES NA SANIDADE PÚBLICA

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, iniciou este martes unha campaña de recollida de sinaturas entre os veciños para instar á Conselleria de Sanidade a resolver o grave  problema existente en Cangas referente a situación do servizo do PAC de Urxencias.

Son numerosas as ocasión nas que os veciños/as acudimos ao Servizo e atopamos que non están nin o médico nin a enfermeira para atendernos, debido a que o equipo tivo que desprazarse a outra urxencia fóra do PAC.

A Atención Primaria é a porta de entrada á asistencia sanitaria, este primer nivel é o que está soportando dunha maneira máis forte as medidas de recortes destes últimos anos. A paralización en Galicia dende o ano 2009 do “Plan de Mellora de Atención Primaria” supuso a perda dun total 392 prazas de médicos en Primaria, dende o principio da crise.  

Non é primeira vez que a situación do persoal do PAC de Urxencias é denunciado pola Plataforma e polos propios profesionais diante dos responsables sanitarios e nos medios de comunicación.

Son moitos compromisos incumpridos pola Administración con Cangas, a Plataforma anima aos vecinos a sumarse á recollida de sinaturas para esixir ao Conselleiro que reciba aos vecinos para plantexarlle a situación real que estamos a padecer e arancarlle o compromiso da construción do Centro de Alta Resolución.

O próximo venres pola maná estaremos na Praza da Palma (fronte o Concello) a partir das once da mañá. Para todos interesados tamén temos puntos de recollida en varios locais comerciais, no Concello, no Centro de Saúde, e nas librerías de Vilafer e Maraxe.


Cangas 19 de xaneiro de 2017


2 nov. 2016

postheadericon TODO O MES DE NOVEMBRO OS/AS USUARIOS/AS TEMOS A OPORTUNIDADE DE ESCOLLER SER ATENDIDOS NUN HOSPITAL PÚBLICO



Os usuarios/as vivimos nun debate permanente entorno Sanidade Pública na área sanitaria de Vigo confrontando se, son ou non son axeitados,  os servizos e medios dos hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro. Estas denuncias e debates están na primeira línea nos medios de comunicación que moitas veces deliberadamente anulan ou esquecen  aos usuarios  do Centro Privado Povisa S.A para preguntarse se estamos recibindo unha asistencia axeitada como nos corresponde.  Estes feitos non poden  esquecer aos 139.000 usuarios/as  que continuamos pertencendo á area sanitaria de Vigo, e que como cidadáns temos a obriga e a responsabilidade tanto persoal como colectiva de valorar e debatir  a prestación que estamos a recibir neste centro privado.

Faise necesario recordar o noso punto de partida, remontandonos polo tanto a comenzos dos anos 90, cando o antigo hospital Xeral era totalmente  insuficiente para atender toda a demanda asistencial da área sanitaria de Vigo, o que acasionaba,  un día sí e outro tamén, continuos colapsos nas urxencias hospitalarias. Probablemente as causas desta situación debíanse  fundamentalmente ás  defeciencias estruturais do propio Servizo de Urxencias,  pero o problema de fondo debíase a que Vigo tiña o ratio máis baixo de camas de toda Galicia.

Esta situación de caos, coincidíu coa transferencia da Sanidade a Xunta de Galicia, sendo Conselleiro o Sr. Romay Beccaría e a súa man dereita o actual presidente Sr. Núñez Feijoo, ambolos dous son responsables de asinar o primeiro concerto Singular co hospital privado POVISA S.A. no ano 1993, que nesa época estaba ó borde da quiebra. Así que, sen previa consulta nin información  aos usuarios/as dos Concellos de Cangas do Morrazo, Moaña, Baiona, Nigrán, Gondomar e unha zona do barrio de Coia no Concello de Vigo, dun día para outro nos atopamos obrigados a ser atendidos nun hospital que non habíamos solicitado.

Os primeiros anos foron duros para todos/as veciños,  xa que o hospital privado Povisa S. A. estaba carente de recursos necesarios  para atender a toda a   poboación que lle fora  asignada; falta de persoal,  de servizos e medios,  que orixinaban  diariamente unha cascada de reclamacións nun servizo de Atención ao Usuario que o propio Sergas instalou nas dependencias de Povisa. S.A. e que rápidamente, a propia Dirección de Povisa  encargouse  de presionar ao Sergas para que este  desaparecera do seu Centro.

Pasados os anos, o goberno bipartito diseñou o proxecto inicial do Álvaro Cunqueiro, foi un proxecto ilusionante e desexado pola cidadanía de toda a área sanitaria de Vigo, pois a súa posta en marcha  remataría por fin coa discriminación asistencial.

Pero, de novo, o Sr. Núñez Feijoo decide  asinar unha Concesión Administrativa de Obra Pública tipo PFI ( Iniciativa de Financiación Privada) para construir un recortado  Álvaro Cunqueiro con só 845 camas que a todas luces  insuficientes para que atender a toda a poboación da área sanitaria de Vigo. Este hospital  supón un canon anual de 56,5 millóns de euros a pagar a empresas privadas durante 20 anos, se  a este despilfarro de diñeiro público hacia empresas privadas sumamoslle a maiores o renovado concerto a Povisa no 2014, cun canon anual  de 75 millóns de euros para os vindeiros 8 anos, supoñen un desvío  brutal de cartos públicos hacia empresas privadas  cada ano, que arrastra  graves consecuencias en  recortes para os pacientes.

Unha decisión política que suma a escandalosa cifra de máis de 130 millóns de euros anuais  desviados das arcas públicas hacia empresas  privadas e que non  solucionan as necesidades da área sanitaria de Vigo.

Despois de tantos anos sen poder elexir  hospital, dende novembro do 2014 prodúcese unha conquista histórica do proceso de libre elección de hospital. Cada ano ábrese un proceso de cambio durante todo o mes de novembro para todos os usuarios/as da área sanitaria de Vigo coa posibilidade de poder elexir voluntariamente onde queremos recibir a nosa atención sanitaria, no hospital Álvaro Cunqueiro ou no  hospital Povisa S.A.

É unha decisión importante para nós na que deberíamos contar coa información suficiente  por parte da Administración para que a nosa decisión foxe  máis  libre e democrática. Ante esta indefensión correspondenos unirnos e organizarnos entorno a defensa da Sanidade Pública e promover diante da Administración un novo contrato social para facer unha sociedade máis participativa e transparente.

Cambiarse ao Álvaro Cunqueiro é moito máis que unha decisión persoal, é tamén un acto de conciencia e presión social colectiva para forzar á Administración a devolverlle a área sanitaria de Vigo un hospital público a altura das súas necesidades.

Polo teu propio interese, persoal e familiar, e polo dereito colectivo a unha Sanidade Pública e digna para todos/as




13 oct. 2016

postheadericon CHARLA-COLOQUIO POLA PROTECCIÓN DA SAÚDE MENTAL NO SISTEMA PÚBLICO 

O estado da atención sanitaria e social á saúde mental en Galicia está nun proceso de franco deterioro. Os escasos datos que se dan a coñecer sobre indicadores de saúde da poboación informan  dunha evolución negativa, e os informes que proporcionan os profesionais e usuarios dos servizos públicos de saúde mental, debuxan unha realidade asistencial na que se salientan feitos inaceptables.
Estase a proporcionar unha asistencia por debaixo das condicións de calidade e seguridade esixibles e cun nivel de cualificación dos profesionais da saúde menor do que se pode garantir.
Estase a constatar que o maior deterioro da situación recae sobre todo naqueles sectores sociais que menos recursos posúen, máis necesidades teñen, e en pior situación de saúde se atopan.
O deterioro na atención á saúde mental é parte do deterioro sanitario xeral, ámbolos dous son unha consecuencia do tipo de xestión que se está a facer desta crise económica, e do recorte de dereitos que estamos a sufrir.
Esta preocupante situación agudízase nos últimos anos como consecuencia do deterioro das condicións de vida e de traballo das persoas, o incremento do sufrimento intolerable producido pola ameaza que sobre as vidas proxecta a crise económica debido ás políticas que os nosos gobernos disponen fronte a ela, e a diminución dos recursos de protección social e sanitaria.(1)
Ante esta situación a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, promove esta charla–coloquio para que entre tódala veciñanza analicemos xuntos como estes anos de crise deteriorou as nosas condicións de vida e, en que medida nos poido afectar tanto a nivel individual como colectivo á nosa saúde.
Animamosvos  a participar de maneira democrática e activa  para esixir os nosos dereitos sociais e sanitarios.

(1)Texto extraido do Manifesto Fundacional  do Movemento Galego da Saúde Mental

31 ago. 2016

postheadericon AS MESMAS RAZÓNS QUE FAI UN ANO

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas apoia a manifestación do día 3 de setembro convocada pola Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo e SOS Sanidade Pública baixo o lema “3 de setembro, día de loita pola sanidade pública” en recordo dunha das máis grandes manifestacións que percorreron as rúas de Vigo na defensa da sanidade pública.

O 3 de setembro do ano pasado levouse a cabo o traslado dos últimos pacientes do Xeral ao Álvaro Cunqueiro,  foi polo tanto a data do peche do Hospital Xeral.  Todos recordamos a torpeza da anterior Conselleira de Sanidade que xunto ás imprudencias do actual  Xerente o Sr. Felíx Ruibal deron lugar a unha enorme frustación tanto no persoal sanitario como nos  usuarios/as. Foi as súas irresponsabilidades no proceso do traslado as que orinaron unha das maiores crises sanitarias coñecidas en  Vigo, nunca tanta  indignación e frustación social xuntouse na rúa como ese día para protagonizar a maior participación cidadá que se recorda nas rúas de Vigo na defensa da Sanidade Pública. 

 Fai un ano polo tanto que  centos de homes e mulleres do Morrazo acudimos a Vigo a xuntarnos coas  milleiras de persoas do resto da área sanitaria, Vigo foi un clamor social de rechazo á privatización da sanidade pública do Partido Popular.

O Álvaro Cunqueiro escandalosamente desviado do seu proxecto inicial de modelo de financiación pública hacia un modelo de Concesión Administrativa de Obra Pública tipo PFI (Iniciativa de Financiación Privada) inagurado con menos de seiscentas camas previstas, así como a redución de quirófanos e servizos, botou por terra as ilusións de veciños/as do Morrazo que esperanzados e ilusionados esperábamos o remate final dos escandalosos concertos entre o Sergas e o hospital privado Povisa S.A.

Este ano voltamos de novo á rúa cas mesmas razóns de fai un ano, o rechazo ás políticas privatizadoras do PartidoPopular, pero agora acudimos con  máis ilusión e máis esperanza. Estamos a esperar dentro duns días o fallo da Unión Europea respeto o modelo de finanzamento do Álvaro Cunqueiro, todos esperemos que sexa favorable  aos plantexamentos  de SOS  Sanidade Pública xa que dito fallo acercaríanos hacia o posible rescate o hospital Álvaro Cunqueiro  para a Sanidade Pública.

No Morrazo temos que continuar loitando por:

O CENTRO DE ALTA RESOLUCIÓN DO MORRAZO

CENTRO DE SAÚDE ALDÁN- O HÍO

CENTRO DE SAÚDE PARA MOAÑA


ACUDE PARTICIPA O DÍA 3 DE SETEMBRO ÁS 12 DA MAÑÁ NO ENTORNO DO HOSPITAL XERAL

27 ago. 2016

postheadericon O GOBERNO DO PP FAVORECE OS INTERESES DAS FARMACÉUTICAS


Os novos fármacos de uso hospitalario, de prezo desmesurado e escasa eficacia en moitos casos, poñen en risco a sustentabilidade do SNS

 O Ministerio de Facenda en funcións decidiu este mes de agosto o peche contable da Administración, que impide aprobar novos gastos do sector público, co obxectivo de afrontar a desviación do déficit público e cumprir coas esixencias da Comisión Europea, que esixe novos recortes para reducilo. A Sanidade Pública vai ser un das áreas máis afectadas por esta medida, xa que pretenden aforrar outros 1.000 millóns de euros. Paradoxicamente esta conxelación non afectará ao gasto farmacéutico, a causa máis importante do crecemento do gasto sanitario, dado que o Ministerio anunciou que a medida non impedirá financiar novos medicamentos innovadores nin afectará á política farmacéutica.  Con esta decisión o PP mostra unha actuación de complicidade coas empresas farmacéuticas.

O crecemento do gasto farmacéutico pon en cuestión a sustentabilidade financeira do Sistema Nacional de Saúde (SNS).  Recortaron o gasto sanitario público nun 11% (máis de 9.000 millóns de euros entre os anos 2008 e 2015) amparándose na necesidade de cumprir coa Lei de Estabilidade Orzamentaria; pero o gasto en medicamentos medrou de maneira desbocada, ata  superar  a astronómica cifra de 16.000 millóns de euros, o que coloca a España no segundo lugar mundial en consumo de medicamentos per cápita. Aumentou o gasto nas oficinas de farmacia (case un 8% no mes de maio respecto ao ano pasado), pero onde o crecemento é brutal é nos hospitais: un 26% ao longo do 2015. Ademais de elevado o gasto farmacéutico en España é en boa parte irracional, xa que se utilizan pouco os xenéricos (6.5 puntos por baixo da media da Unión Europea), e ademais prescríbense excesivamente fármacos de utilidade dubidosa ou de uso cuestionable. Debemos lembrar que o mal uso de medicamentos non é inocuo: os efectos secundarios dos fármacos considérase como a terceira causa de mortalidade nos países avanzados.

 En Galicia a situación é grave e perigosa, cun gasto farmacéutico total de 250 euros por habitante ao ano, moi superior á media estatal de 212, e a terceira máis alta do Estado. Ao mesmo tempo o crecemento do gasto farmacéutico hospitalario (sen incluír os medicamentos da hepatite C) foi espectacular -cunha taxa de variación inter-anual do 26,8 moi superior á de 5,9 do conxunto de CCAA-, a máis alta de todas, probablemente relacionado co incremento do uso de novos medicamentos (non inclúe os fármacos da hepatite C).

 As políticas do goberno, supostamente dirixidas a reducir gasto farmacéutico, foron un fracaso. A introdución do copago de medicamentos para os pensionistas (RDL 16/2012) trasladou o gasto ás depauperadas economías familiares -mentres que a Administración só aforrou seis millóns de euros-, e o acordo entre o Ministerio e Farmaindustria (para que o gasto en fármacos non medrase por encima do PIB) foi papel mollado: o gasto creceu case ata o 10% fronte a un 3% de aumento do PIB. 

A propia Comisión Europea puxo en cuestión as medidas de control do gasto farmacéutico do goberno, xa que non conseguiron as  reducións contempladas na Lei de Estabilidade Orzamentaria,  especialmente no referente ao control de receitas  expedidas en establecementos de farmacia e en hospitais; vulneraron a lexislación comunitaria na contratación pública e nos mecanismos de control da mesma;  utilizaron de maneira abusiva o procedemento negociado sen licitación previa para adquisicións de equipamento sanitario (fraccionando os contratos de compras para evitar a súa licitación); e hai pouca transparencia nos procedemento de adquisición de medicamentos.

 Quen perdeu con estas políticas de recorte de gasto asistencial e de crecemento do gasto farmacéutico? Os enfermos (un informe do Consello Económico e Social recolle un espectacular incremento nas listas de espera cirúrxica, que pasaron de 372.468  no ano 2009 a 549.424 en 2015: un aumento do 47%); os pensionistas e persoas de rendas baixas (os copagos son unha barreira insalvable e hai datos que revelan que moitas persoas non poden retirar os medicamentos prescritos polos seus médicos); e os traballadores sanitarios (entre 2009 e 2014 reduciron en 3.500 millóns de euros o gasto en persoal -un 11%-, aplicaron unha notable redución salarial -un 13%-, e recortaron uns 12.000 postos de traballo no SNS, aínda que os sindicatos fan estimacións máis elevadas).

A pesar diso a industria farmacéutica parece ter carta branca e pretende sacar ao mercado  novos medicamentos cada vez máis custosos, imposibles de financiar cos actuais prepuestos sanitarios. Os laboratorios pretenden comercializar 220 novos medicamentos para tratar o cancro (actualmente supoñen xa o 12,3% do gasto hospitalario, sen que incrementasen significativamente a supervivencia dos pacientes)  ou fármacos biolóxicos (modifican as bacterias para fabricar proteínas para tratar tumores ou artrites) que supoñen xa o 40-50% do gasto en farmacia hospitalaria (entre 1.800 e 2.250 millóns de euros, cando hai apenas 10 anos  o seu gasto era nulo). As multinacionais farmacéuticas anunciaron recentemente que están a investigar 586 novos fármacos (en Fases II, III e de aprobación) e que teñen xa 136 en fase de desenvolvemento previo á súa comercialización. Esta avalancha de fármacos (moitos deles de eficacia non comprobada e desde logo cuns prezos exorbitantes, sen relación cos gastos de investigación e fabricación) pode poñer en risco a sustentabilidade económica do SNS e aumentará as desigualdades de saúde, dado que o acceso a estes novos fármacos quedará limitado á poboación con maior poder adquisitivo, como recoñecen os mesmos laboratorios.

 Lonxe de preocuparse pola previsible catástrofe sanitaria á que nos conducen, o goberno en funcións do PP persiste na súa política de conxelar o gasto sanitario pero manter a porta aberta ao financiamento dos novos (e custosos) medicamentos, para satisfacer os intereses das multinacionais farmacéuticas (trufadas de antigos cargos da Administración). En Galicia a  situación é ainda máis preocupante, xa que ocupa un dos primeiros lugares en gasto farmacéutico, e o crecemento do gasto en fármacos hospitalarios foi espectacular. A pesar diso os recortes en gasto sanitario perpetrados polo goberno de Núñez Feijoo foron enormes.


 Manuel Martín. Presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública
10 ago. 2016

postheadericon UN BO SISTEMA INTEGRAL DE URXENCIAS E EMERXENCIAS REDUCE O PADECEMENTO DAS PERSOAS E, A LARGA, ABARATA OS CUSTES Á SOCIEDADE

PLATAFORMAS EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA DA CANGAS E MOAÑA
URXENCIAS E EMERXENCIAS NO MORRAZO


Os lamentables sucesos  acontecidos nestes días na praia de Rodeira en Cangas, como xa pasara en anos pasados no Canabal de Moaña,  poñen na axenda social da nosa comarca o debate  sobre  ás urxencias e emerxencias sanitarias no Morrazo.

As manifestacións  públicas feitas pola Fundación 061 considerando ”garantizada a cobertura sanitaria” no Morrazo coa actual dotación de recursos e equipamentos, resulta  sorprendente porque estes son os mesmos que operan durante todo o ano,e polo tanto é fácil entender que  non  responden  a esixencia asistencial  dunha poboación que se multiplica durante os  meses de xullo e agosto coincidindo coas vacacións dos profesionais sanitarios que non se cubren xeralmente.

As solucións que se están a reclamar  por parte do Concello de Cangas  (desfibriladores, melloras do balizado e fondeo de embarcacións , helipuerto así como a medicalización das ambulancias asistencíais nun momento da urxencia – así o din desde o 061-) teñen un carácter puntual e non son suficientes para dar unha resposta eficaz as urxencias e emerxencias no Morrazo. A solución definitiva ten que vir dunha resposta en “cadena asistencial” dentro dun sistema integral que garanta a asistencia sanitaria do paciente crítico desde o primeiro momento da sua enfermidade súbita ou accidente.

Desde faí meses os profesionais que traballan en urxencias en Cangas e Moaña xa manifestaron aos responsables da área sanitaria  as malas condicións nas que están a traballar e por donde teñen que ir as solucións. Fundamentalmente a cobertura do persoal que garantice de maneira permanente o servizo  tanto de Cangas como Moaña, cun equipo  de médico e enfermeira nos turnos de tarde e noite.

A política de recortes da Conselleria de Sanidade retirou dende faí uns anos a cobertura do chamado reforzo de costa en Moaña durante o verán,   o  que esta a convertir ese servizo nun lugar de padecemento tanto para os/as profesionais como para os usuarios.

As Plataformas Sanitarias en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña queremos recordar  que situación de precaridade nas  emerxencias e urxencias do Morrazo padécemola todo o ano e moitos veciños/as sufrimos a situación de non atopar o equipo médico habitual na consulta por estar atendendo unha urxencia no domicilio dun veciño/a, na estrada ou acompañando a un enfermo ao hospital producindose ausencias prolongadas.

As Plataformas do Morrazo levamos anos loitando para que os problemas sanitarios da comarca sexan atendidos por a Conselleria e non esquecidos ano tras ano.  Imos entrar en campaña electoral é o partido PP  ten a obriga de vir a Cangas e a Moaña a explicar o grao de incumprimento co Morrazo nas infraextructúras sanitarias: CENTRO DE ALTA RESOLUCIÓN , CENTROS DE SAÚDE DO HIO E MOAÑA  ou as dotacións de persoal nos diferentes servizos en funcionamento precario.

Morrazo, 5 agosto 2016.  
25 jul. 2016

postheadericon LISTAS DE ESPERA: MÁIS TRASPARENCIA E MAIOR COMPROMISO CIDADÁN



O triunfalismo do Sergas utilizando os datos das demoras cirúrxicas como reclamo publicitario dunha boa xestión sanitaria en Galicia choca coa crúa realidade. Son medias verdades, cifras que ocultan a cidadanía a verdadeira política sanitaria da Xunta que lamentablemente non é outra que a de  continuar coa derivación de partidas orzamentarias  de diñeiro público a concertos con clínicas privadas. Estes  concertos continuan coa ausencia da transparencia e da calidade necesaria, a falta de control é escandalosa como deixa en evidencia o informe do Tribunal de Contas do ano 2014 que fai uns días entregouse no Parlamento de Galicia.

Pola contra, este proceder renuncia a iniciar a recuperación da sanidade pública, centrando a súa política no incremento de “xornadas extraordinarias” (como di eufemísticamente o Xerente de Vigo, “actividade autoconcertada”), de carácter puramente conxuntural sen abordar os investimentos precisos en medios e persoal que garantan con certeza os dereitos sanitarios dos cidadáns.

Na rolda de prensa do pasado venres do Xerente da área sanitaria de Vigo o señor Felíx Ruibal, nolas prensentaba, dunha maneira moi triunfalista, ás cifras da demora nas listas de espera na área de Vigo  e vendíanolas grazas ao esforzo do centro concertado Povisa.

As Plataformas En Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña, quedamos moi sorprendidos por estas declaracións polos seguintes motivos:

·         A veciñanza do Morrazo para nada se ve reflexada na estatística de 86,6  días de espera no centro Povisa para unha intervención cirúrxica.

·         Á veciñanza do Morrazo non se lle informa, nin son chamados polo centro Povisa para darlle alternativas cando están na lista non extrútural do centro e levan máis de 180 días de espera, como fan os hospitais públicos.

·         A veciñaza do Morrazo non entende como un xestor público defende un centro privado que durante décadas e décadas aproveitou os orzamentos públicos para súa expansión empresarial  olvidándose da calidade da asistencia dunha poboación secuestrada nunhas listas de espera de máis de 180 días que agora, din, acórtanse puntualmente.

Deberían os responsables sanitarios aproveitar a ocasión para informar aos usuarios adscritos ao centro privado Povisa de que teñen a  posibilidade  de exisirlle a este Centro que cumpla co regulado sobre dereitos e garantías sobre o tempo máximo de espera pois tod@s temos os mesmos dereitos con independencia do hospital de referencia.

Todo isto prodúcese no maior oscurantismo sobre o uso dos nosos cartos, o que fai necesario reclamar un novo contrato social da sociedade civil con maior presencia d@s cidadáns que garanta unha maior transparencia.
    

As Plataformas do Morrazo facemos un chamamento aos vecinos/as do Morrazo a denunciar a súa situación de padecemento de meses, ou incluso anos,  nas listas de espera independetemente do hospital que pertenza
28 jun. 2016

postheadericon Plataforma SOS Sanidade Pública apoia a campaña Badaladas en Prevención do suicidio

Ante o grave problema do crecemento do suicidio en Galicia desde a Plataforma SOS Sanidade Pública esiximos a Conselleria de Sanidade

1.       A elaboración con carácter prioritario un Plan Galego sobre o Suicidio  de carácter multisectorial, dotado dos recursos necesarios para afrontar a gravidade do problema e artellado no Plan de Saúde Mental de Galicia coa  implicación da comunidade.
2.       A constitución dun Comité Técnico para elaborar dito Plan
3.       A creación de Comisións Clínico-Asistenciais en cada Xerencia de Área de carácter  multiprofesional e multisectorial destinadas a coñecer e estudar a realidade do suicido en cada Área, realizar informes, identificar grupos e situacións de risco e elaborar opostas e protocolos de intervención

Mentres se elabora o Plan consideramos necesario:

·       Que a Conselleria de Sanidade e o SERGAS  leven adiante actividades informativas, en colaboración cos medios de comunicación, para informar a poboación  sobre o suicidio coa finalidade de sensibilizala e  desestigmatizar o problema
·       Mellorar o nivel de coñecemento dos profesionais de Atención Primaria sobre o problema e incrementar a súa capacidade para explorar o risco, avalialo e realizar actuacións preventiva adecuadas.
·       Desenvolver protocolos específicos de atención a persoas con conducta suicida e a afectados por suicidio consumado.
·       Facilitar con carácter prioritario o acceso a recursos asistenciais as persoas en risco, incrementar o seguimento, e intensificar a atención sanitaria e social das mesmas.

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia acordou o pasado 6 de Xunio apoiar a campaña de sensibilización social e promovida polo  Movemento Galego de Saude Mental (MGSM) "Badaladas en Prevención do Suicidio" na que participan representantes de diferentes colectivos sociais na porta da Catedral de Compostela. Tódolos dias o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM), ás 8 da tarde na Praza de Praterias realiza un acto que forma parte da campaña Badaladas pola prevención do suicidio. As badaladas comezaron o  dia 3 de maio e aínda seguen tódolos dias. Con cada badalada, cada dia, quere recordarse que unha persoa morreu por suicidio en Galicia, e que ainda non se fixo nada dende a Xunta para cumprir ca orientación da OMS de desenvolver unha estratexia de prevención.. O día 30 o número de persoas suicidades é 181.

DESDE SOS SANIDADE PÚBLICA CONVOCAMOS ACTOS SIMILARES NAS LOCALIDADES DE GALICIA  O DÍA 30 DE XUÑO   ÁS 8 DA TARDE, CON CONCENTRACIÓNS E BADALADAS EN LUGARES PÚBLICOS.

Nelas reivindícamos un Plan Galego de Prevención do Suicidio, problema que creceu alarmantemente como consecuencia da crise económica e social, os recortes de recursos  e a ausencia dunha Rede de Saúde Mental que coordine recursos e dispositivos intersectoriais.


Imágenes integradas 4


23 jun. 2016

postheadericon Chamamento da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública cara as próximas eleccións do 26 de xuño



Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública fai un chamamento  aos traballadores sanitarios do SERGAS e a cidadanía galega para que nas eleccións do próximo 26 de xuño teñan en conta que esta en risco o futuro do noso sistema sanitario público.

Nestes últimos 4 anos, grazas a maioría absoluta que desfrutou,  o Goberno de Mariano Rajoy someteu á Sanidade Pública a un proceso de recortes, deterioro, desmantelamento e privatización que supuxeron un retroceso moi importante na calidade , no acceso aos servizos e na equidade. Este deterioro foi especialmente importante en Galicia onde Nuñez Feijjo aplicou dilixentemente as políticas mais neoliberais do Estado.

Consideramos que e necesario cambiar esta situación votando e esixindo ao novo goberno:
·       Un financiamento suficiente para a Sanidade Pública.
·       A paralización dos recortes
·       A eliminación dos copagos e as exclusións a xovenes e inmigrantes, derrogando o Real Decreto Ley 16/2012
·       reforzo da Sanidade Pública: repoñendo  o emprego perdido e utilizando intensivamente os recursos públicos
Acabar coas privatizacións e recuperar o privatizado
E necesario un cambio de rumbo na política sanitaria que antepoña os dereitos das persoas por encima da débeda e os intereses das multinacionais.

Por todo iso, polo teu saúde e a de todos/as vota o 26 de xuño pola Sanidade Pública.

Asociación Galega para a  a Defensa da Sanidade Pública
22 de xuño de 2016
Imágenes integradas 1
5 may. 2016

postheadericon E... seguimos avanzando cara o 12M: Reserva a túa praza!

Baixo o lema “Rescatémolos (H. Xeral, H. Álvaro Cunqueiro) para a Sanidade Pública”, a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo e SOS Sanidade Pública de Galicia convocan á cidadanía para, novamente, facer historia en Vigo.
É unha re-edición do 03 de setembro de 2015, data na que nos botamos á rúa masivamente ante a falta de organización na posta en marcha do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Sete meses despois da data que todos/as temos grabada nas nosas retinas, a poboación e os profesionais continúa a padecer as consecuencias dunha pésima xestión e falta de previsión, a pesar dos cambios tanto na Consellería de Sanidade como nalgunas direccións da Xerencia do EXOXI, propulsados dende a Xunta de Galicia, que apenas supuxeron un lavado de imaxen superficial, sen profundizar no que realmente provoca este cúmulo de despropósitos, que afectan directamente á nosa saúde e ás nosas carteiras, sen ese cambio de rumbo imprescindible para voltar a senda dos servizos públicos.

Como xa tíñamos anunciado en datas anteriores, dende o Morrazo fletaranse cantos autobuses sexan necesarios para que poidamos participar masivamente na manifestación que terá lugar en Vigo o vindeiro 12 de maio de 2016.

A partir do venres, 06 de maio, as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública do Morrazo abrimos liñas telefónicas para que as persoas interesadas poidan reservar ás súas prazas.

MOAÑA: 687 87 08 64 - 661 53 86 56
CANGAS: 669 33 03 76 - 636 91 23 59



O prezo da viaxe (ida e volta) é de 3 euros e, como na histórica manifestación do 03 de setembro de 2015, partiremos dende Cangas e Moaña, para novamente defender o noso dereito irrenunciable a unha sanidade pública e de calidade, sen menosprezos nin enganos dende as institucións á poboación da Área Sanitaria do sur de Galicia.

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas