25 jul 2016
LISTAS DE ESPERA: MÁIS TRASPARENCIA E MAIOR COMPROMISO CIDADÁN
O triunfalismo do Sergas utilizando
os datos das demoras cirúrxicas
como reclamo publicitario dunha boa xestión sanitaria en Galicia choca coa crúa
realidade. Son medias verdades, cifras que ocultan a cidadanía a verdadeira
política sanitaria da Xunta que lamentablemente non é outra que a de continuar coa derivación de partidas
orzamentarias de diñeiro público a concertos
con clínicas privadas. Estes concertos continuan
coa ausencia da transparencia e da calidade necesaria, a falta de control é
escandalosa como deixa en evidencia o informe do Tribunal de Contas do ano 2014
que fai uns días entregouse no Parlamento de Galicia.
Pola contra, este proceder renuncia
a iniciar a recuperación da sanidade pública, centrando a súa política no
incremento de “xornadas extraordinarias” (como di eufemísticamente o Xerente de
Vigo, “actividade autoconcertada”), de carácter puramente conxuntural sen
abordar os investimentos precisos en medios e persoal que garantan con certeza
os dereitos sanitarios dos cidadáns.
Na rolda de prensa do pasado
venres do Xerente da área sanitaria de Vigo o señor Felíx Ruibal, nolas prensentaba,
dunha maneira moi triunfalista, ás cifras da demora nas listas de espera na
área de Vigo e vendíanolas grazas ao
esforzo do centro concertado Povisa.
As Plataformas En Defensa da
Sanidade Pública de Cangas e Moaña, quedamos moi sorprendidos por estas
declaracións polos seguintes motivos:
·
A veciñanza do Morrazo para nada se ve reflexada
na estatística de 86,6 días de espera no
centro Povisa para unha intervención cirúrxica.
·
Á veciñanza do Morrazo non se lle informa, nin
son chamados polo centro Povisa para darlle alternativas cando están na lista non extrútural do centro e levan máis
de 180 días de espera, como fan os hospitais públicos.
·
A veciñaza do Morrazo non entende como un xestor
público defende un centro privado que durante décadas e décadas aproveitou os
orzamentos públicos para súa expansión empresarial olvidándose da calidade da asistencia dunha
poboación secuestrada nunhas listas de espera de máis de 180 días que agora,
din, acórtanse puntualmente.
Deberían os
responsables sanitarios aproveitar a ocasión para informar aos usuarios adscritos
ao centro privado Povisa de que teñen a
posibilidade de exisirlle a este
Centro que cumpla co regulado sobre dereitos e garantías sobre o tempo máximo
de espera pois tod@s temos os mesmos dereitos con independencia do hospital de
referencia.
Todo isto prodúcese
no maior oscurantismo sobre o uso dos nosos cartos, o que fai necesario
reclamar un novo contrato social da sociedade civil con maior presencia d@s
cidadáns que garanta unha maior transparencia.
As Plataformas do Morrazo facemos un chamamento aos
vecinos/as do Morrazo a denunciar a súa situación de padecemento de meses, ou
incluso anos, nas listas de espera
independetemente do hospital que pertenza
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: