5 may 2016
E... seguimos avanzando cara o 12M: Reserva a túa praza!

É unha re-edición do 03 de setembro de 2015, data na que nos botamos á
rúa masivamente ante a falta de organización na posta en marcha do Hospital
Álvaro Cunqueiro.
Sete meses despois da data que todos/as temos grabada nas nosas retinas,
a poboación e os profesionais continúa a padecer as consecuencias dunha pésima
xestión e falta de previsión, a pesar dos cambios tanto na Consellería de
Sanidade como nalgunas direccións da Xerencia do EXOXI, propulsados dende a
Xunta de Galicia, que apenas supuxeron un lavado de imaxen superficial, sen
profundizar no que realmente provoca este cúmulo de despropósitos, que afectan
directamente á nosa saúde e ás nosas carteiras, sen ese cambio de rumbo
imprescindible para voltar a senda dos servizos públicos.
Como xa tíñamos anunciado en datas anteriores, dende o Morrazo
fletaranse cantos autobuses sexan necesarios para que poidamos participar masivamente na manifestación
que terá lugar en Vigo o vindeiro 12 de maio de 2016.
A partir do venres, 06 de maio, as Plataformas en Defensa da Sanidade
Pública do Morrazo abrimos liñas telefónicas para que as persoas interesadas
poidan reservar ás súas prazas.
MOAÑA: 687 87 08 64 - 661
53 86 56
CANGAS: 669 33 03 76 -
636 91 23 59
O prezo da viaxe (ida e volta) é de 3 euros e, como na histórica manifestación
do 03 de setembro de 2015, partiremos dende Cangas e Moaña, para novamente
defender o noso dereito irrenunciable a unha sanidade pública e de calidade,
sen menosprezos nin enganos dende as institucións á poboación da Área Sanitaria
do sur de Galicia.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: