28 jun. 2016

postheadericon Plataforma SOS Sanidade Pública apoia a campaña Badaladas en Prevención do suicidio

Ante o grave problema do crecemento do suicidio en Galicia desde a Plataforma SOS Sanidade Pública esiximos a Conselleria de Sanidade

1.       A elaboración con carácter prioritario un Plan Galego sobre o Suicidio  de carácter multisectorial, dotado dos recursos necesarios para afrontar a gravidade do problema e artellado no Plan de Saúde Mental de Galicia coa  implicación da comunidade.
2.       A constitución dun Comité Técnico para elaborar dito Plan
3.       A creación de Comisións Clínico-Asistenciais en cada Xerencia de Área de carácter  multiprofesional e multisectorial destinadas a coñecer e estudar a realidade do suicido en cada Área, realizar informes, identificar grupos e situacións de risco e elaborar opostas e protocolos de intervención

Mentres se elabora o Plan consideramos necesario:

·       Que a Conselleria de Sanidade e o SERGAS  leven adiante actividades informativas, en colaboración cos medios de comunicación, para informar a poboación  sobre o suicidio coa finalidade de sensibilizala e  desestigmatizar o problema
·       Mellorar o nivel de coñecemento dos profesionais de Atención Primaria sobre o problema e incrementar a súa capacidade para explorar o risco, avalialo e realizar actuacións preventiva adecuadas.
·       Desenvolver protocolos específicos de atención a persoas con conducta suicida e a afectados por suicidio consumado.
·       Facilitar con carácter prioritario o acceso a recursos asistenciais as persoas en risco, incrementar o seguimento, e intensificar a atención sanitaria e social das mesmas.

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia acordou o pasado 6 de Xunio apoiar a campaña de sensibilización social e promovida polo  Movemento Galego de Saude Mental (MGSM) "Badaladas en Prevención do Suicidio" na que participan representantes de diferentes colectivos sociais na porta da Catedral de Compostela. Tódolos dias o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM), ás 8 da tarde na Praza de Praterias realiza un acto que forma parte da campaña Badaladas pola prevención do suicidio. As badaladas comezaron o  dia 3 de maio e aínda seguen tódolos dias. Con cada badalada, cada dia, quere recordarse que unha persoa morreu por suicidio en Galicia, e que ainda non se fixo nada dende a Xunta para cumprir ca orientación da OMS de desenvolver unha estratexia de prevención.. O día 30 o número de persoas suicidades é 181.

DESDE SOS SANIDADE PÚBLICA CONVOCAMOS ACTOS SIMILARES NAS LOCALIDADES DE GALICIA  O DÍA 30 DE XUÑO   ÁS 8 DA TARDE, CON CONCENTRACIÓNS E BADALADAS EN LUGARES PÚBLICOS.

Nelas reivindícamos un Plan Galego de Prevención do Suicidio, problema que creceu alarmantemente como consecuencia da crise económica e social, os recortes de recursos  e a ausencia dunha Rede de Saúde Mental que coordine recursos e dispositivos intersectoriais.


Imágenes integradas 4


0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas