12 jul 2017
LEVAMOS AO PARLAMENTO AS DEMANDAS SANITARIAS DE CANGAS
En Cangas padecemos como calquer pobo da nosa Área Sanitaria os
recortes, e sufrimos tamén os incumprimentos do Sergas coas infraestructuras comprometidas, como son a
construción do Centro de Alta Resolución para o Morrazo e a construción do
Centro de Saúde Aldán –O Hío.
Ante esta situación de déficit
sanitario, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas iniciamos nos
primeiros meses do ano, unha campaña de
recollida de sinaturas solicitando persoal permanente no SERVIZO DE URXENCIAS
DO PAC DE CANGAS.
Iniciamos a campaña o martes 17 de xaneiro e a rematamos o sábado 25 de febreiro. Dende o primeiro día
tivemos unha boa acollida, e a experiencia foi moi positiva e gratificante. Sorprendentemente os/as
veciñas/as que se achegaban ás mesas non deixaban de agradecer
que estiveramos na rúa visibilizando este problema.
A pesares do frio e da chuva desa
época ,a veciñanza continuou co seu apoio, e o terceiro día de recollida xa
contábamos con preto de 3000 sinaturas dos veciños e veciñas de Cangas.
Para a Plataforma en Defensa da
Sanidade Pública de Cangas o acontecido no noso pobo, non foi só unha campaña de recollida de
sinaturas, senón unha mobilización social nunca coñecida ata
entón.
Máis dunha treintena de locais
comerciais da Asociación Cangas Vella, bares, cafeterías, librerías e persoas
voluntarias colaboraron coa Plataforma nesta campaña. Con toda probabilidade, este movemento social provocou que o Concello de Cangas, no Pleno do 27 de xaneiro,
acadase un ACORDO PLENARIO REFRENDADO POR TODA A CORPORACIÓN de
apoio ao escrito presentado pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de
Cangas a favor dunhas urxencias con
persoal permanente.
O 7 de marzo, fixemos entrega das sinaturas recollidas ao goberno local e partidos políticos de Cangas.
De contino, constituíuse unha Comisión
de traballo entre o goberno local (comandado polo Sr. alcalde) e os grupos da
oposición, co obxecto de consensuar e xestionar tódalas accións a emprender, sempre encamiñadas a logar unha reunión co Sr.
Conselleiro de Sanidade, Dº Xesús
Vázquez Almuiña.
Nesa Comisión de traballo
acordamos levar as sinaturas ao Rexistro da Xunta de Galicia en Vigo o 6 de
abril, este acto tivo moita repercusión nos medios de comunicación, e estivemos
acompañados tamén, por un grupo de veciños e veciñas.
O Venres 2 de xuño, centenares de
veciños/as, e diferentes colectivos
respaldaron a convocatoria da Plataforma demandando mellores servizos sanitarios para Cangas e unha solución
aos problemas que estamos a padecer:
PERSOAL PERMANENTE NAS
URXENCIAS DO PAC DE CANGAS
RESTABLECER A PEDIATRÍA NO
CONSULTORIO DE ALDÁN
REFORZO DA TERCEIRA AMBULANCIA
PARA O MORRAZO
A CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE SAÚDE
ALDÁN – O HÍO
A CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE ALTA
RESOLUCIÓN PARA O MORRAZO
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: