13 oct 2016

postheadericon CHARLA-COLOQUIO POLA PROTECCIÓN DA SAÚDE MENTAL NO SISTEMA PÚBLICO 

O estado da atención sanitaria e social á saúde mental en Galicia está nun proceso de franco deterioro. Os escasos datos que se dan a coñecer sobre indicadores de saúde da poboación informan  dunha evolución negativa, e os informes que proporcionan os profesionais e usuarios dos servizos públicos de saúde mental, debuxan unha realidade asistencial na que se salientan feitos inaceptables.
Estase a proporcionar unha asistencia por debaixo das condicións de calidade e seguridade esixibles e cun nivel de cualificación dos profesionais da saúde menor do que se pode garantir.
Estase a constatar que o maior deterioro da situación recae sobre todo naqueles sectores sociais que menos recursos posúen, máis necesidades teñen, e en pior situación de saúde se atopan.
O deterioro na atención á saúde mental é parte do deterioro sanitario xeral, ámbolos dous son unha consecuencia do tipo de xestión que se está a facer desta crise económica, e do recorte de dereitos que estamos a sufrir.
Esta preocupante situación agudízase nos últimos anos como consecuencia do deterioro das condicións de vida e de traballo das persoas, o incremento do sufrimento intolerable producido pola ameaza que sobre as vidas proxecta a crise económica debido ás políticas que os nosos gobernos disponen fronte a ela, e a diminución dos recursos de protección social e sanitaria.(1)
Ante esta situación a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, promove esta charla–coloquio para que entre tódala veciñanza analicemos xuntos como estes anos de crise deteriorou as nosas condicións de vida e, en que medida nos poido afectar tanto a nivel individual como colectivo á nosa saúde.
Animamosvos  a participar de maneira democrática e activa  para esixir os nosos dereitos sociais e sanitarios.

(1)Texto extraido do Manifesto Fundacional  do Movemento Galego da Saúde Mental

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger