2 nov 2016
TODO O MES DE NOVEMBRO OS/AS USUARIOS/AS TEMOS A OPORTUNIDADE DE ESCOLLER SER ATENDIDOS NUN HOSPITAL PÚBLICO
Os usuarios/as vivimos nun
debate permanente entorno Sanidade Pública na área sanitaria de Vigo
confrontando se, son ou non son axeitados, os servizos e medios dos hospitais Álvaro
Cunqueiro e Meixoeiro. Estas denuncias e debates están na primeira línea nos
medios de comunicación que moitas veces deliberadamente anulan ou esquecen aos usuarios do Centro Privado Povisa S.A para preguntarse se
estamos recibindo unha asistencia axeitada como nos corresponde. Estes feitos non poden esquecer aos 139.000 usuarios/as que continuamos pertencendo á area sanitaria
de Vigo, e que como cidadáns temos a obriga e a responsabilidade tanto persoal
como colectiva de valorar e debatir a
prestación que estamos a recibir neste centro privado.
Faise necesario recordar o noso punto de partida, remontandonos
polo tanto a comenzos dos anos 90, cando o antigo hospital Xeral era totalmente
insuficiente para atender toda a demanda
asistencial da área sanitaria de Vigo, o que acasionaba, un día sí e outro tamén, continuos colapsos
nas urxencias hospitalarias. Probablemente as causas desta situación debíanse fundamentalmente ás defeciencias estruturais do propio Servizo de
Urxencias, pero o problema de fondo debíase
a que Vigo tiña o ratio máis baixo de camas de toda Galicia.
Esta situación de caos, coincidíu coa transferencia da
Sanidade a Xunta de Galicia, sendo Conselleiro o Sr. Romay Beccaría e a súa man
dereita o actual presidente Sr. Núñez Feijoo, ambolos dous son responsables de
asinar o primeiro concerto Singular co hospital privado POVISA S.A. no ano 1993,
que nesa época estaba ó borde da quiebra. Así que, sen previa consulta nin
información aos usuarios/as dos Concellos
de Cangas do Morrazo, Moaña, Baiona, Nigrán, Gondomar e unha zona do barrio de Coia
no Concello de Vigo, dun día para outro nos atopamos obrigados a ser atendidos nun
hospital que non habíamos solicitado.
Os primeiros anos foron duros para todos/as veciños, xa que o hospital privado Povisa S. A. estaba carente
de recursos necesarios para atender a toda
a poboación que lle fora asignada; falta de persoal, de servizos e medios, que orixinaban diariamente unha cascada de reclamacións nun
servizo de Atención ao Usuario que o propio Sergas instalou nas dependencias de
Povisa. S.A. e que rápidamente, a propia Dirección de Povisa encargouse de presionar ao Sergas para que este desaparecera do seu Centro.
Pasados os anos, o goberno bipartito diseñou o proxecto inicial
do Álvaro Cunqueiro, foi un proxecto ilusionante e desexado pola cidadanía de
toda a área sanitaria de Vigo, pois a súa posta en marcha remataría por fin coa discriminación
asistencial.
Pero, de novo, o Sr. Núñez Feijoo decide asinar unha Concesión Administrativa de Obra
Pública tipo PFI ( Iniciativa de Financiación Privada) para construir un
recortado Álvaro Cunqueiro con só 845
camas que a todas luces insuficientes
para que atender a toda a poboación da área sanitaria de Vigo. Este hospital supón un canon anual de 56,5 millóns de euros
a pagar a empresas privadas durante 20 anos, se a este despilfarro de diñeiro público hacia
empresas privadas sumamoslle a maiores o renovado concerto a Povisa no 2014,
cun canon anual de 75 millóns de euros
para os vindeiros 8 anos, supoñen un desvío brutal de cartos públicos hacia empresas
privadas cada ano, que arrastra graves consecuencias en recortes para os pacientes.
Unha decisión política que suma a escandalosa cifra de máis
de 130 millóns de euros anuais desviados
das arcas públicas hacia empresas privadas e que non solucionan as necesidades da área sanitaria
de Vigo.
Despois de tantos anos sen poder elexir hospital, dende novembro do 2014 prodúcese
unha conquista histórica do proceso de libre elección de hospital. Cada ano ábrese
un proceso de cambio durante todo o mes de novembro para todos os usuarios/as
da área sanitaria de Vigo coa posibilidade de poder elexir voluntariamente onde queremos recibir a
nosa atención sanitaria, no hospital Álvaro Cunqueiro ou no hospital Povisa S.A.
É unha decisión importante para nós na que deberíamos contar
coa información suficiente por parte da Administración
para que a nosa decisión foxe máis libre e democrática. Ante esta indefensión
correspondenos unirnos e organizarnos entorno a defensa da Sanidade Pública e
promover diante da Administración un novo contrato social para facer unha
sociedade máis participativa e transparente.
Cambiarse ao Álvaro Cunqueiro é moito máis que unha decisión
persoal, é tamén un acto de conciencia e presión social colectiva para forzar á
Administración a devolverlle a área sanitaria de Vigo un hospital público a
altura das súas necesidades.
Polo teu propio interese, persoal e familiar, e polo dereito colectivo a unha Sanidade Pública e digna para todos/as
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: