10 ago 2016
UN BO SISTEMA INTEGRAL DE URXENCIAS E EMERXENCIAS REDUCE O PADECEMENTO DAS PERSOAS E, A LARGA, ABARATA OS CUSTES Á SOCIEDADE
PLATAFORMAS EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA DA CANGAS E MOAÑA
URXENCIAS E EMERXENCIAS NO MORRAZO
Os lamentables sucesos
acontecidos nestes días na praia de Rodeira en Cangas, como xa pasara en
anos pasados no Canabal de Moaña, poñen na
axenda social da nosa comarca o debate sobre ás urxencias e emerxencias sanitarias no
Morrazo.
As manifestacións públicas feitas pola Fundación 061 considerando
”garantizada a cobertura sanitaria”
no Morrazo coa actual dotación de recursos e equipamentos, resulta sorprendente porque estes son os mesmos que
operan durante todo o ano,e polo tanto é fácil entender que non responden a esixencia asistencial dunha poboación que se multiplica durante
os meses de xullo e agosto coincidindo
coas vacacións dos profesionais sanitarios que non se cubren xeralmente.
As solucións que se están a reclamar por parte do Concello de Cangas (desfibriladores, melloras do balizado e
fondeo de embarcacións , helipuerto así como a medicalización das ambulancias
asistencíais nun momento da urxencia – así o din desde o 061-) teñen un
carácter puntual e non son suficientes para dar unha resposta eficaz as
urxencias e emerxencias no Morrazo. A solución definitiva ten que vir dunha
resposta en “cadena asistencial” dentro
dun sistema integral que garanta a asistencia sanitaria do paciente crítico
desde o primeiro momento da sua enfermidade súbita ou accidente.
Desde faí meses os profesionais que traballan en urxencias en
Cangas e Moaña xa manifestaron aos responsables da área sanitaria as malas condicións nas que están a traballar
e por donde teñen que ir as solucións. Fundamentalmente a cobertura do persoal
que garantice de maneira permanente o servizo
tanto de Cangas como Moaña, cun equipo
de médico e enfermeira nos turnos de tarde e noite.
A política de recortes da Conselleria de Sanidade retirou
dende faí uns anos a cobertura do chamado reforzo de costa en Moaña durante o
verán, o que esta a convertir ese servizo nun lugar de
padecemento tanto para os/as profesionais como para os usuarios.
As Plataformas Sanitarias en Defensa da Sanidade Pública de
Cangas e Moaña queremos recordar que
situación de precaridade nas emerxencias
e urxencias do Morrazo padécemola todo o ano e moitos veciños/as sufrimos a
situación de non atopar o equipo médico habitual na consulta por estar
atendendo unha urxencia no domicilio dun veciño/a, na estrada ou acompañando a
un enfermo ao hospital producindose ausencias prolongadas.
As Plataformas do Morrazo levamos anos loitando para que os
problemas sanitarios da comarca sexan atendidos por a Conselleria e non esquecidos
ano tras ano. Imos entrar en campaña
electoral é o partido PP ten a obriga de
vir a Cangas e a Moaña a explicar o grao de incumprimento co Morrazo nas
infraextructúras sanitarias: CENTRO DE ALTA RESOLUCIÓN , CENTROS DE SAÚDE DO
HIO E MOAÑA ou as dotacións de persoal
nos diferentes servizos en funcionamento precario.
Morrazo, 5 agosto 2016.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: