26 may 2017
MOBILIZACIÓN CIDADÁ EN CANGAS
Durante todo
o mes de febreiro máis de 5.200 veciñ@s de Cangas asinaron tanto nas rúas como
en numerosos locais o manifesto "POLA PERMANENCIA DO MÉDICO E DA
ENFERMEIRA NAS URXENCIAS NO PAC DE CANGAS". Son numerosas as ocasións nas
que os veciño@s acudimos ao Servizo do PAC de Cangas e atopámonos que non está
nin o médico nin a enfermeira para atendernos, debido a que o equipo tivo que
desprazarse a outra urxencia fóra do PAC. Por isto solicitamos ao Conselleiro
de Sanidade o Sr Dº Jesús Vázquez Almuiña, unhas Urxencias con persoal
permanente.
A preocupación e desesperanza coa que vive a veciñanza este problema choca coa política de oídos sordos da Consellería de Sanidade, que non só, non contesta ás numerosas solicitudes de reunións que pide o goberno local, senón que tampouco quere escoitar as demandas que dende a plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas estamos a denunciar dende fai moito tempo.
A concentración do próximo venres 2 de xuño ás oito da tarde diante do Concello de Cangas ten como obxectivo denunciar as carencias sanitarias de Cangas e esixirlle a Consellería de Sanidade a solución dos mesmos:

- A CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE SAÚDE DE ALDÁN-O HÍO
- A INMEDIATA COBERTURA DA PEDIATRÍA EN ALDÁN
- O REFORZO URXENTE DA TERCEIRA AMBULANCIA PARA O
MORRAZO
- O FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE RADIOLOXÍA POLA
TARDE
- O FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE REHABILITACIÓN POLA
TARDE
Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas facemos un chamamento a tod@s á participación na concentración cidadá para que estas demandas sexan escoitadas e respetadas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: