31 ago 2016
AS MESMAS RAZÓNS QUE FAI UN ANO
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas apoia
a manifestación do día 3 de setembro convocada pola Xunta de Persoal da área
sanitaria de Vigo e SOS Sanidade Pública baixo o lema “3 de setembro, día de loita pola sanidade pública” en recordo
dunha das máis grandes manifestacións que percorreron as rúas de Vigo na
defensa da sanidade pública.
O 3 de setembro do ano pasado levouse a cabo o traslado dos
últimos pacientes do Xeral ao Álvaro Cunqueiro,
foi polo tanto a data do peche do Hospital Xeral. Todos recordamos a torpeza da anterior
Conselleira de Sanidade que xunto ás imprudencias do actual Xerente o Sr. Felíx Ruibal deron lugar a unha
enorme frustación tanto no persoal sanitario como nos usuarios/as. Foi as súas irresponsabilidades
no proceso do traslado as que orinaron unha das maiores crises sanitarias
coñecidas en Vigo, nunca tanta indignación e frustación social xuntouse na rúa
como ese día para protagonizar a maior participación cidadá que se recorda nas
rúas de Vigo na defensa da Sanidade Pública.
Fai un ano polo tanto
que centos de homes e mulleres do
Morrazo acudimos a Vigo a xuntarnos coas milleiras de persoas do resto da área
sanitaria, Vigo foi un clamor social de rechazo á privatización da sanidade
pública do Partido Popular.
O Álvaro Cunqueiro escandalosamente desviado do seu proxecto
inicial de modelo de financiación pública hacia un modelo de Concesión
Administrativa de Obra Pública tipo PFI (Iniciativa de Financiación Privada)
inagurado con menos de seiscentas camas previstas, así como a redución de quirófanos
e servizos, botou por terra as ilusións de veciños/as do Morrazo que esperanzados
e ilusionados esperábamos o remate final dos escandalosos concertos entre o
Sergas e o hospital privado Povisa S.A.
Este ano voltamos de novo á rúa cas mesmas razóns de fai un
ano, o rechazo ás políticas privatizadoras do PartidoPopular, pero agora acudimos
con máis ilusión e máis esperanza. Estamos
a esperar dentro duns días o fallo da Unión Europea respeto o modelo de
finanzamento do Álvaro Cunqueiro, todos esperemos que sexa favorable aos plantexamentos de SOS
Sanidade Pública xa que dito fallo acercaríanos hacia o posible rescate
o hospital Álvaro Cunqueiro para a
Sanidade Pública.
No Morrazo temos que continuar loitando por:
O CENTRO DE ALTA RESOLUCIÓN DO MORRAZO
CENTRO DE SAÚDE ALDÁN- O HÍO
CENTRO DE SAÚDE PARA MOAÑA
ACUDE PARTICIPA O DÍA 3 DE SETEMBRO ÁS 12 DA MAÑÁ NO
ENTORNO DO HOSPITAL XERAL
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: