5 feb 2014

postheadericon Manifestación en Vigo contra o desmantelamento da sanidade pública


19 ago 2013

postheadericon A Plataforma de Vigo sobre a folga indefinida en POVISA

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo quere comunicar, ante o  inicio da folga indefinida do persoal do Hospital privado POVISA, que ten asignada a asistencia especializada dun área sanitaria de Vigo grazas ao Convenio Singular, que:
  1. Consideramos escandaloso que a dirección desta empresa privada reduza brutalmente os salarios e as condicións de traballo do seu persoal, aproveitando a escusa da crise e malia que os ingresos de diñeiro público, grazas o Concerto, mantéñense sen modificación.
  2. Estas reducións salariais e a precarización laboral da plantilla, ademais de inxustas para as e os profesionais, terán un efecto negativo para a calidade da asistencia que presta POVISA aos 140.000 cidadáns do Morrazo, Coia e Val Miñor por conta do SERGAS.
  3. A folga indefinida, aínda no caso de que se respecten escrupulosamente os servizos mínimos, incrementará as listas de espera que soportan os cidadáns asignados ao centro, que deben esperar  171 días para ser intervindos/intervidos cirurxicamente fronte aos 105 do Complexo Universitario de Vigo (40% superiores) ou os 68 días do resto de hospitais de Galicia (60% superiores), polo que consideramos necesario o acordo e que a dirección de POVISA non se peche en banda ao mesmo.
  4. Esa situación volve e deixar claro os efectos prexudiciais e os riscos da privatización dos servizos sanitarios. Os centros privados buscan o beneficio empresarial, ata por encima dos intereses dos seus usuarios e dos dereitos dos seus empregados/as.
Desde a Plataforma queremos mostrar a nosa solidariedade coa plantilla e os usuarios/as deste centro e facemos un chamamento ao SERGAS e á Xunta,  responsables da asistencia sanitaria da poboación asignada a POVISA,  para que interveñan e resolvan de xeito inmediato un conflito de tanta transcendencia para a saúde de boa parte da cidadanía da área de Vigo,  tan castigada xa pola política sanitaria da Xunta.
17 mar 2013

postheadericon Manifestación en Vigo por un hospital 100% público

12 mar 2013


14 ene 2013

postheadericon Apoio de SOS Sanidade Pública á mobilización dos sindicatos da Xunta de Persoal do CHUVI

A Plataforma SOS Sanidade Pública sumarase mañá á concentración de todos os sindicatos que forman a Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario de Vigo dado que compartimos os obxectivos  desta mobilización:
  1. Rexeitamento aos recortes de dereitos dos usuarios, copagos e privatizacións da sanidade pública
  2. Rexeitamento á redución de recursos e de dereitos laborais dos traballadores sanitarios, que repercutirán na calidade da asistencia.
  3. Apoio ás mobilizacións dos traballadores e cidadáns da CCAA de Madrid en contra do desmantelamento e privatización do sistema sanitario pública, que si non se detén afectará a todo o sistema incluído o galego.
  4. Rexeitamento aos recortes do proxecto de Novo Hospital de Vigo, esixencia de reanudación das obras e recuperación do mesmo para o financiamento e xestión pública.
1 oct 2012

postheadericon Manifestación



MANIFESTACIÓN

CONTRA AS MENTIRAS, O RETRASO, OS RECORTES E A PRIVATIZACIÓN DO NOVO HOSPITAL DE VIGO. ADXUDICADO A UNHA CONCESIONARIA SEN CAPACIDADE PARA FINANCIALO.

  • Contra o mantenemento do concerto singular con POVISA como hospital de área, apesares de ter menos recursos asistencieis e duplicar as listas de espera dos hospitais públicos de Galicia.
  • Contra a supresión de centros de saúde e os recodes na dimensión e a dotación daqueles que se anunciou que se van a abrir.
  • Contra a desaparición dos proxectos de alta resolución prometidos por esta goberno da Xunta.
  • Contra o desmantelamento da Sanidade Pública Universal e a retirada do dereito á atención sanitaria aos colectivos máis desfavorecidos que non terán a condición de "asegurados".
  • Contra o incremento do copago nos "activos" e a introdución do copago nas receitas dos pensionistas e no transporte en ambulancia non urxente, así como nas próteses, nas órteses e na alimentación especial.
  • Contra a retirada do financiamento público de centos de medicamentos.

MANIFÉSTATE CONTRA AS MENTIRAS, OS RECORTES E A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA NA ÁREA DE VIGO QUE IMPÓN A XUNTA DE FEIJOO E O GOBERNO DE RAJOY.

MÉRCORES, 3 DE OUTUBRO ÁS 20:00 Hs
da Praza de España (Cabalos) ata a Porta do Sol

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo – SOS Sanidade Pública
Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo
25 ago 2012

postheadericon Feijóo fracasa no seu proxecto estrela en Vigo

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Vigo confirma as súas sospeitas sobre o parón nas obras do Novo Hospital de Vigo por carecer de fondos e esixe a inmedadta dimisión da Conselleira de Sanidade por mentir
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Vigo presentou en abril do ano pasado un recurso judicial contencioso-administrativo contra a decisión do SERGAS de deixar en mans de empresas privadas o Novo Hospital de Vigo.
Un dos múltiples motivos alegados pola Plataforma nese recurso xudicial era o de que o modelo privatizador elixido polo SERGAS ten un custo significativamente maior que se se xestionase públicamente e iso entre outras razóns porque “os mercados de crédito a empresas privadas practicamente desapareceron e son ineficientes como fonte de financiamento a longo prazo, sendo inxenuo esperar que os mercados volvan a intereses tan baixos como os de épocas pasadas” (Price-Waterhouse-Coopers 2008). A pesar destas razoadas consideracións, avaladas pola cidadanía en manifestacións multitudinarias, nin desde a Presidencia da Xunta nin desde a Consellería de Sanidade rectificaron senón todo o contrario.
24 ago 2012

postheadericon SOS Sanidade denuncia que la concesionaria del hospital carece de financiación bancaria para las obras

Asegura que el consorcio lo admite en un escrito que entregó en el Juzgado
La Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Vigo dio ayer la voz de alarma: la concesionaria del nuevo hospital de Vigo aún no ha obtenido la financiación bancaria necesaria para las obras. No es una sospecha. El colectivo asegura que cuenta con documentación que lo demuestra.
SOS Sanidade Pública recurrió por la vía contencioso-administrativa la adjudicación de la construcción y gestión del nuevo centro a una Unión Temporal de Empresas (UTE) al considerarla ilegal. Ahora, los representantes legales de la concesionaria han presentado en el Juzgado un escrito oponiéndose a este recurso. El portavoz del colectivo, Manuel Martín, desvela que entre las argumentaciones presentadas las empresas reconocen “expresamente” que no se ha logrado financiación bancaria para las obras.
Publicado en Faro de Vigo

23 jun 2012

postheadericon Sobre os "cambios organizativos" no Hospital Xeral de Vigo

Os medios de comunicación recolleron recentemente noticias sobre presións e ameazas da dirección do Complexo Hospitalario de Vigo a responsables dos servizos para evitar que se sitúen contra a estratexia do SERGAS de construír o Novo Hospital recorrendo á Iniciativa de Financiamento Privado (PFI).
Este modelo de financiamento e construción fará que o Novo Hospital sexa PRIVADO; moito máis reducido de tamaño (perderá 68 mil metros cadrados respecto dos 172 mil inicialmente previstos); será construído con materiais de baixa calidade (como sucede nos outros hospitais construídos por PFI en Madrid, Valencia ou Baleares).
10 abr 2012

postheadericon Tentan endosarlle o fracaso da construción do Novo Hospital de Vigo aos que defenden un centro 100% público

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública da área de Vigo (SOS Sanidade Pública) fronte ás ameazas dos alcaldes da área sanitaria de recorrer a calquera tipo de medida para que o Concello de Vigo sufrague os cinco millóns de euros necesarios para a subministración eléctrica, saneamento e abastecemento do Novo Complexo Hospitalario de Vigo, quere comunicar que:
  1. Apoiamos a negativa do Concello de Vigo a asumir os custos destas acometidas xa que a Xunta de Galicia e a Consellería de Sanidade cambiaron as condicións do acordo subscrito entre o Concello para construír o novo centro hospitalario. A decisión de recorrer á colaboración privada supón trasladar a un consorcio empresarial privado (seleccionado pola multinacional Price Waterhase Cooper) a propiedade do novo centro durante polo menos 20 anos. Consideramos inaceptable que o Concello financie con diñeiro público as obras de infraestrutura dun hospital privado que busca o lucro empresarial.

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger