23 jun 2012
Sobre os "cambios organizativos" no Hospital Xeral de Vigo
Os medios de comunicación recolleron recentemente noticias sobre presións e ameazas da dirección do Complexo Hospitalario de Vigo a responsables dos servizos para evitar que se sitúen contra a estratexia do SERGAS de construír o Novo Hospital recorrendo á Iniciativa de Financiamento Privado (PFI).
Este modelo de financiamento e construción fará que o Novo Hospital sexa PRIVADO; moito máis reducido de tamaño (perderá 68 mil metros cadrados respecto dos 172 mil inicialmente previstos); será construído con materiais de baixa calidade (como sucede nos outros hospitais construídos por PFI en Madrid, Valencia ou Baleares).
A finalidade de todo isto é aforrar gastos ás empresas concesionarias e garantir a POVISA o mantemento do Concerto Singular que lle proporciona un mercado sanitario cautivo de 140 mil habitantes en Vigo e nos concellos da área.
Esta estratexia de amedrentamento pretende manter o ocultismo actual sobre os plans do Novo Hospital (estase construíndo un hospital na clandestinidade).
Polo hospital circula, na fala da xente, a idea de que todo aquel Xefe de Servizo ou responsable de área que non acepte á redución do novo hospital, será removido sen contemplacións.
Con todo os Xefes e responsables de unidades teñen unha responsabilidade ante os seus propios servizos e ante a cidadanía de Vigo e da súa comarca, con cuxos impostos se financian os servizos. Esta responsabilidade deberíase materializar en procurar, por todos os medios legais ao seu alcance, que os seus servizos queden ben dimensionados, de acordo co proxecto inicial, para garantir a asistencia sanitaria de primeiro nivel durante, polo menos, os próximos cincuenta anos.
Somos conscientes de que grazas ás nosas denuncias sobre a redución da superficie do hospital, os Xefes de Servizo empézanse a dar conta do engano ao que foron sometidos durante estes tres anos de ausencia de información e da imposibilidade de modificar o proxecto. Con todo o Sergas busca a súa complicidade ou o seu silencio para validar un proxecto que frustra o traballo realizado por mais de 1.000 profesionais do CHUVI e as expectativas xeradas no proxecto definido no ano 2009 (cun consenso social, profesional e político de todo o centro) e fai perder definitivamente a posibilidade de reordenar as infraestruturas sanitarias de Vigo e de pór fin á intolerable discriminación sanitaria de Vigo e da súa comarca.

Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: