14 ene 2013

postheadericon Apoio de SOS Sanidade Pública á mobilización dos sindicatos da Xunta de Persoal do CHUVI

A Plataforma SOS Sanidade Pública sumarase mañá á concentración de todos os sindicatos que forman a Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario de Vigo dado que compartimos os obxectivos  desta mobilización:
  1. Rexeitamento aos recortes de dereitos dos usuarios, copagos e privatizacións da sanidade pública
  2. Rexeitamento á redución de recursos e de dereitos laborais dos traballadores sanitarios, que repercutirán na calidade da asistencia.
  3. Apoio ás mobilizacións dos traballadores e cidadáns da CCAA de Madrid en contra do desmantelamento e privatización do sistema sanitario pública, que si non se detén afectará a todo o sistema incluído o galego.
  4. Rexeitamento aos recortes do proxecto de Novo Hospital de Vigo, esixencia de reanudación das obras e recuperación do mesmo para o financiamento e xestión pública.
A Plataforma mostrará o seu apoio á os profesionais e traballadores do CHUVI realizando unha reunión á entrada do Hospital onde se pretende debater e aprobar:
  1. Apoio á Concentración dos sindicatos da Xunta de Persoal e as súas demandas
  2. Planificar novas mobilizacións en Vigo en Defensa da Sanidade Pública e pola recuperación do Proxecto de Hospital polo Sistema Sanitario Público
  3. Debater o apoio á solicitude dos traballadores sanitarios de Madrid dunha Marea Branca en todo o Estado en defensa da sanidade pública e contra o desmantelamento e privatización dos centros sanitarios públicos desa CCAA.
A reunión celébrase mañá martes 15 de xaneiro ás 17:30 horas na entrada do Hospital Xeral, coa presenza dous máximos representantes de tódalas organizacións e asociacións que forman parte da Plataforma.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger