19 ago 2013
A Plataforma de Vigo sobre a folga indefinida en POVISA
A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo quere comunicar, ante o inicio da folga indefinida do persoal do Hospital privado POVISA, que ten asignada a asistencia especializada dun área sanitaria de Vigo grazas ao Convenio Singular, que:
- Consideramos escandaloso que a dirección desta empresa privada reduza brutalmente os salarios e as condicións de traballo do seu persoal, aproveitando a escusa da crise e malia que os ingresos de diñeiro público, grazas o Concerto, mantéñense sen modificación.
- Estas reducións salariais e a precarización laboral da plantilla, ademais de inxustas para as e os profesionais, terán un efecto negativo para a calidade da asistencia que presta POVISA aos 140.000 cidadáns do Morrazo, Coia e Val Miñor por conta do SERGAS.
- A folga indefinida, aínda no caso de que se respecten escrupulosamente os servizos mínimos, incrementará as listas de espera que soportan os cidadáns asignados ao centro, que deben esperar 171 días para ser intervindos/intervidos cirurxicamente fronte aos 105 do Complexo Universitario de Vigo (40% superiores) ou os 68 días do resto de hospitais de Galicia (60% superiores), polo que consideramos necesario o acordo e que a dirección de POVISA non se peche en banda ao mesmo.
- Esa situación volve e deixar claro os efectos prexudiciais e os riscos da privatización dos servizos sanitarios. Os centros privados buscan o beneficio empresarial, ata por encima dos intereses dos seus usuarios e dos dereitos dos seus empregados/as.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: