25 ago 2012
Feijóo fracasa no seu proxecto estrela en Vigo
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Vigo confirma as súas sospeitas sobre o parón nas obras do Novo Hospital de Vigo por carecer de fondos e esixe a inmedadta dimisión da Conselleira de Sanidade por mentir
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Vigo presentou en abril do ano pasado un recurso judicial contencioso-administrativo contra a decisión do SERGAS de deixar en mans de empresas privadas o Novo Hospital de Vigo.
Un dos múltiples motivos alegados pola Plataforma nese recurso xudicial era o de que o modelo privatizador elixido polo SERGAS ten un custo significativamente maior que se se xestionase públicamente e iso entre outras razóns porque “os mercados de crédito a empresas privadas practicamente desapareceron e son ineficientes como fonte de financiamento a longo prazo, sendo inxenuo esperar que os mercados volvan a intereses tan baixos como os de épocas pasadas” (Price-Waterhouse-Coopers 2008). A pesar destas razoadas consideracións, avaladas pola cidadanía en manifestacións multitudinarias, nin desde a Presidencia da Xunta nin desde a Consellería de Sanidade rectificaron senón todo o contrario.
O tempo dá a razón a Plataforma na denuncia de falta de fondos da concesionaria para afrontar a construción do Novo Hospital, agora privado, (como se mostrou documentalmente na Roda de Prensa) mentres que a máxima responsable da Sanidade Pública galega minte afirmando o contrario diante de máis dun centenar de representantes da sociedade viguesa: empresarios, médicos, o presidente do Colexio de Médicos de Pontevedra, o reitor da Universidade de Vigo e outras autoridades, na súa visita ao Club Financieiro de Vigo o pasado 4 de Xullo.
Por estas mentiras e polos graves prexuízos que o modelo de financiamento privado supuxo para a sanidade pública de Vigo esiximos a súa inmediata dimisión.
A Plataforma esixe así mesmo o rescate inmediato da concesión da obra do novo hospital pola Xunta de Galicia para que se corrixan os recortes introducidos no proxecto para garantir o negocio ás concesionarias e para que se renoven de xeito urxente as obras dada a grave situación pola que pasa a asistencia hospitalaria de Vigo.
A Plataforma denuncia a pretensión da Sociedade Concesionaria de que o xulgado lle impoña una condena en costas habida conta que o fai sin aportar ningunha proba.
Para finalizar, a Plataforma lémbralle ao Presidente de la Xunta, que xa é abondo o seu retraso en dar cumprimento ao que o texto de la Resolución lexislativa aprobada polo Pleno do Parlamento Europeo na súa sesión do 26 de outubro de 2006 sobre a colaboración público-privada e o dereito comunitario en materia de contratación pública e concesións (2006/2043) que recomenda no seu punto 14 que “na aplicación das colaboracións privadas-pública se prevea a rendición de contas obrigatoria aos ciudadáns”.

Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: