1 oct 2012
Manifestación
MANIFESTACIÓN
CONTRA AS MENTIRAS, O
RETRASO, OS RECORTES E A PRIVATIZACIÓN DO NOVO HOSPITAL DE VIGO. ADXUDICADO A
UNHA CONCESIONARIA SEN CAPACIDADE PARA FINANCIALO.
- Contra o mantenemento do concerto singular con POVISA como hospital de área, apesares de ter menos recursos asistencieis e duplicar as listas de espera dos hospitais públicos de Galicia.
- Contra a supresión de centros de saúde e os recodes na dimensión e a dotación daqueles que se anunciou que se van a abrir.
- Contra a desaparición dos proxectos de alta resolución prometidos por esta goberno da Xunta.
- Contra o desmantelamento da Sanidade Pública Universal e a retirada do dereito á atención sanitaria aos colectivos máis desfavorecidos que non terán a condición de "asegurados".
- Contra o incremento do copago nos "activos" e a introdución do copago nas receitas dos pensionistas e no transporte en ambulancia non urxente, así como nas próteses, nas órteses e na alimentación especial.
- Contra a retirada do financiamento público de centos de medicamentos.
MANIFÉSTATE CONTRA AS
MENTIRAS, OS RECORTES E A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA NA ÁREA DE VIGO QUE
IMPÓN A XUNTA DE FEIJOO E O GOBERNO DE RAJOY.
MÉRCORES, 3
DE OUTUBRO ÁS 20:00 Hs
da Praza de España
(Cabalos) ata a Porta do Sol
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública
da Área de Vigo – SOS Sanidade Pública
Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: