19 mar 2012
Últimas iniciativas no Parlamento de Galicia sobre POVISA
(20-01-12) Preguntas do BNG sobre o novo concerto.
(20-01-12) Preguntas do BNG sobre penalizacións por incumprimento do concerto.
(16-02-12) Pregunta do PSdeG-PSOE sobre as listas de espera.
(16-02-12) Proposición non de Lei do PSdeG-PSOE sobre a publicación da información asistencial.
(16-02-12) Preguntas do PSdeG-PSOE sobre que poboación, servizos e probas fará POVISA no futuro.
(08-03-12) Pregunta do BNG sobre o concerto.
(08-03-12) Preguntas do BNG sobre o concerto.
.

11 feb 2012
20 años defendiendo la sanidad pública en Galicia
Por Hixinio Beiras Cal
Médico, socio de la Asociación Gallega para la Defensa de la Sanidad Pública
(Publicado en Cuaderno de Políticas de Salud, nº 10 - CCOO)
Quizás debido a la posición periférica de Galicia para los medios de comunicación nacionales, se suele desconocer que algunas de las políticas de privatización que a caballo de la crisis se aplican en las distintas comunidades autónomas, han sido ensayadas en esta Comunidad Autónoma por algunos de sus impulsores actuales hace casi 20 años. Se suele desconocer también que estas tempranas iniciativas desencadenaron una precoz oposición y que todo lo relativo a las complejas y diversificadas políticas de privatización de la sanidad publica que tan novedosas suenan para los sorprendidos ciudadanos de otras CCAA, son hace tiempo relativamente familiares para la ciudadanía gallega que ha protagonizado, liderada por las Plataformas para la Defensa de la Sanidad Pública (PDSP), las manifestaciones en defensa de la sanidad publica mas numerosas que Europa recuerda.
15 dic 2011
I Encontro no Morrazo en Defensa da Sanidade Pública
O mércores, 12 de decembro, as Plataformas de Cangas, Marín e Moaña, xuntamente con A Voz do Paciente de Bueu e 15m Morrazo, celebramos en Moaña o I Encontro no Morrazo en Defensa da Sanidade Pública. A oportunidade viña marcada polo anuncio da ristra de recortes anunciados uns polo Presidente da Xunta e outros que viñan vía lexislativa, confluindo todos en darlle un forte pau á sanidade pública por medio da introdución dos copagos e outras medidas como a supresión dos servizos médicos-farmacéuticos a desempregados e persoas sen recursos.
Dos resultados do debate é o seguinte documento. Ademáis, na xuntanza se acordou apoiar tanto a Iniciativa Lexislativa Popular auspiciada por SOS Sanidade Pública en contra da privatización do sistema sanitario así como a convocatoria da concentración diante do Parlamento de Galicia que terá lugar o próximo mércores, día 21 de decembro para facer patente que non estamos dispostos a que nos quiten uns dereitos que custou moito conseguir, coa excusa dunha crise que supón unha cada vez maior unha acumulación da riqueza nas mans dunha minoría.

26 oct 2011
Comparecencia da Sra. conselleira de Sanidade, por petición propia, para informar sobre o proceso construtivo do novo hospital público de Vigo
Señorías, os cidadáns da área de Vigo levan anos esperando polo hospital que precisan. No ano 2009, antes das eleccións autonómicas, xa viran e escoitaran varias presentacións, maquetas e anuncios no que parecía un proxecto inminente, real. O certo é que despois de toda unha lexislatura atopámonos con que só había un proxecto básico e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal. Todo o demais quedou por facer, a pesar de que a anterior lexislatura foi o período de maiores ingresos na sanidade pública.
Publicado no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia
Publicado no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia
8 feb 2011
Un negocio a conta da nosa saúde
POVISA condicionou o desenvolvemento dos servizos de saúde na área de Vigo
Desde que no ano 1983 o INSALUD asinara o primeiro convenio con POVISA, os veciños e as veciñas de Cangas vémonos obrigados a recibir asistencia nun centro privado, apartados, polo tanto, dos servizos dun hospital público.
Cando o SERGAS asume as competencias sanitarias a comezos dos 90, renuncia a dotar á sanidade pública dos recursos hospitalarios e tecnolóxicos necesarios. Daquela o papel subsidiario e complementario de POVISA transfórmase en sustituto directo a través dun concerto singular. Nos sucesivos concertos aquela situación de partida, que se nos vendeu como transitoria, convertiríase nunha discriminación definitiva.
Finalmente, a modificación do proxecto arquitectónico do Novo Hospital de Vigo en 2.010 reducindo as infraestruturas necesarias para dar cobertura á poboación de referencia supuxo, (que casualidade!!) a eliminación dun número de camas equivalente ás que ofrece neste momento POVISA ao sistema público.
O SERGAS outorgoulle un gran poder a POVISA, ao mesmo tempo que foi perdendo os recursos necesarios para asumir a función asistencial que lle correspondería no caso da ruptura do concerto.
17 ene 2011
Resposta da Consellería ao BNG no Parlamento de Galicia sobre a discriminación do Morrazo na asistencia sanitaria
En relación coa pregunta con resposta escrita núm.: 53152, formulada polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, a iniciativa de dona Ana Luisa Bouza Santiago e don Bieito Lobeira Domínguez, sobre "a discriminación que padece a poboación do Morrazo na súa asistencia sanitaria e as medidas que se van adoptar para evitala", (publicada no BOPG núm.: 350, do 9 de novembro de 2010), teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de Sanidade, que ten o seguinte contido:
27 nov 2010
A modificación do Decreto de transporte sanitario deixará as ambulancias sen axudantes
O Proxecto de novo decreto de transporte sanitario que modificará o vixente Decreto 42/1998 do 15 de xaneiro suporá un claro deterioro do servizo debido aos recortes aos que, coa disculpa da crise, tan acostumados nos teñen últimamente os gobernantes neoliberais. Agora tocoulle o turno ás ambulancias e, segundo parece, están dispostos a suprimir aos axudantes e a intruducir outras modificacións lesivas para os usuarios e as usuarias.
A continuación preséntase un resumo comparativo dos efectos máis importantes que suporán estes cambios de levarse a cabo os plans da Consellería de Sanidade.
A continuación preséntase un resumo comparativo dos efectos máis importantes que suporán estes cambios de levarse a cabo os plans da Consellería de Sanidade.
24 nov 2010
A construción dos novos Centros de Saúde no Parlamento de Galicia
Polo seu interese en relación ao Centro de Saúde de O Hío, reproducimos aquí os textos das iniciativas parlamentarias sobre a construción das novas infraestruturas sanitarias de atención primaria tratadas que foron tratados no Pleno da Cámara galega o martes, 23 de novembro. Tentaremos completar esta información cos resultados do debate e posterior votación.
Bloque Nacionalista Galego
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa da súa deputada Ana Luisa Bouza Santiago, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Moción para substanciar a Interpelación número 33826, relativa ás localizacións para a construción dos novos centros de saúde previstos na Memoria da Consellería de Sanidade incluída nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2010, a dispoñibilidade dos terreos e as condicións e prazos de licitación das obras, así como o modelo de xestión dos seus servizos.
MOCION
O Parlamento galego insta ao Goberno galego a:
Partido Popular de Galicia
EMENDA DE SUBSTITUCIÓN
Débese substituír o texto da parte resolutiva da Moción, polo que segue a continuación:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a garantir as infraestruturas necesarias para dar resposta ás necesidades asistenciais, e modernizar a rede de centros de Atención Primaria, no marco dunha asistencia sanitaria pública."
Partido dos Socialistas de Galicia - PSOE
EMENDA DE MODIFICACION
Débese engadir un novo apartado f bis) á resolución da Moción, que quedará redactado co seguinte contido:
&f bis) Retomar a implantación do Plan de Mellora de Atención Primaria."

- Definir un mapa realista de necesidades de novas infraestruturas de Atención Primaria para Galiza considerando o total da lexislatura e en diálogo coas autoridades locais.
- Definir compromisos e prioridades de construción para as anualidades restantes da lexislatura 2011-2013 que permitan á poboación coñecer as perspectivas reais de mellora da atención primaria.
- Abandonar o sistema de financiamento das infraestruturas sanitarias de colaboración público privada adoptado polo Goberno galego e retomar o sistema de financiación pública das infraestruturas sanitaria como garantía de sostenibilidade do sistema.
- Comprometerse a non incorporar nas novas infraestruturas sanitarias de atención primaria espazos non sanitarios que poidan poñer en perigo a legalidade da cesión ou expropiación dos terreos utilizados para a súa construción.
- Comprometerse a utilizar un modelo de xestión pública dos servizos non sanitarios que manteña a súa dependencia das necesidades sanitarias dos centros.
- Incorporar na lei de orzamentos de 2011 as dotacións orzamentarias precisas para abordar a construción con fondos públicos dos centros de saúde prioritarios e licitalos no primeiro trimestre de 2011.
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2010.
Partido Popular de Galicia
EMENDA DE SUBSTITUCIÓN
Débese substituír o texto da parte resolutiva da Moción, polo que segue a continuación:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a garantir as infraestruturas necesarias para dar resposta ás necesidades asistenciais, e modernizar a rede de centros de Atención Primaria, no marco dunha asistencia sanitaria pública."
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2010
Partido dos Socialistas de Galicia - PSOE
EMENDA DE MODIFICACION
Débese engadir un novo apartado f bis) á resolución da Moción, que quedará redactado co seguinte contido:
&f bis) Retomar a implantación do Plan de Mellora de Atención Primaria."
Pazo do Parlamento, 22 de novembro de 2010
5 nov 2010
Sanidade Pública. Presente e futuro.
Esta é a presentación que acompañou á exposición de Jesús Araújo Nores, otorrinolaringólogo e exDirector do Hospital Xeral-Cíes, na mesa redonda celebrada o pasado día 4.
28 oct 2010
Pregunta do BNG no Parlamento de Galicia sobre as listas de espera en POVISA
Á Mesa do Parlamento
Bieito Lobeira Domínguez e Ana Luisa Bouza Santiago, deputado e deputada do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta, para a súa resposta oral en Comisión, relativa á discriminación que padece a poboación do Morrazo na súa asistencia sanitaria e ás medidas que se adoptarán para evitala.
A Plataforma da Sanidade de Moaña e a Comisión Xestora da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas veñen de denunciar a situación de discriminación que padece parte da poboación do Morrazo (Cangas e Moaña), en relación coa asistencia sanitaria que recibe.
En concreto, no relativo aos tempos de demora nas listas de espera cirúrxica de POVISA, hospital privado de Vigo ao que se encontran adscritos milleiros de persoas das vilas antes citadas.
O propio Servizo Galego de Saúde (SERGAS), nos seus dados oficiais, recoñece que os tempos de espera neste hospital privado se encontran absolutamente disparados en comparación co resto de hospitais públicos de Galiza, que xa posúen un grave problema neste ámbito. E isto, unicamente no tocante ás listas de espera cirúrxicas, pois lamentabelmente se ocultan os dados oficiais referidos ás listas de especialidades e de probas diagnósticas de POVISA.
En definitiva, resulta intolerábel que haxa pacientes, neste caso da comarca do Morrazo, que posúen menos dereitos, menos calidade asistencial e peores prestacións que outras persoas atendidas noutros hospitais públicos, pois o finanzamento de POVISA é tamén público: pagámolo todas e todos.
Neste contexto, as plataformas sociais antes citadas veñen de propoñer a adopción de medidas que garantan a igualdade na prestación de servizos sanitarios, con independencia da súa procedencia xeográfica. Por exemplo, a posibilidade de ofrecer a usuarios e usuarias dos servizos de saúde de Moaña e Cangas a opción de seren atendidos no Complexo Hospitalario de Vigo.
Estas son as razóns que levan ao BNG a formular as seguintes preguntas para a súa resposta oral na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego:
l.a) Que información posúe a Consellaría de Sanidade sobre os tempos de espera rexistrados en POVISA en materia de listas de espera cirúrxica, de especialidades, e de probas diagnósticas?
2.a) Cales son os motivos das peores prestacións existentes neste centro privado (POVISA) en comparación co resto de hospitais públicos?
3.a) Que medidas se adoptarán para superar esta discriminación?
4.a) Especificamente, ten previsto permitir a pacientes do Morrazo a opción de seren atendidos no Complexo Hospitalario de Vigo?

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2010.
21 oct 2010
Orzamentos autonómicos 2011: investimentos en Cangas
Construción/equipamento Centro de Saúde: 53.407’06 €
Equipamento Centro Saúde: 29.430’86 €
Equipamento Centro Saúde: 29.430’86 €
Fonte: Proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma Galega 2011- 8. Anexo de Investimentos Reais, Organismos autónomos (páx. 138 e 145)
18 oct 2010
Escrito conxunto das plataformas de Moaña e Cangas dirixido aos partidos con representación no Parlamento de Galicia sobre as listas de espera en POVISA
Sr. Secretario do Partido Popular / Partido dos Socialistas de Galicia - PSOE / Bloque Nacionalista Galego da Comarca do Morrazo:
A Plataforma da Sanidade de Moaña e a Comisión Xestora da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas en reunión conxunta acordamos dirixirnos aos grupos políticos da nosa Comarca con representación no Parlamento de Galicia (Partido Popular, Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE e Bloque Nacionalista Galego) para plantearlles a necesidade de aunar esforzos na adopción das medidas oportunas conducentes á redución dos tempos de espera nas listas de espera cirúrxicas de POVISA.
Polos escasos datos aos que temos acceso, procedentes do propio SERGAS e con relación ao segundo trimestre deste ano, sabemos que os tempos de espera deste hospital privado (121,9 días) están totalmente disparadas se as comparamos coa media do resto dos hospitais de Galicia (71 días). E isto no que respecta ás listas de espera cirúrxicas, porque sobre as listas de especialidades e de probas diagnósticas de POVISA nada se sabe por estar ocultas á opinión pública.
Diante desta situación de flagrante discriminación somos da opinión, xunto coa inmensa maioría dos veciños e veciñas dos nosos respectivos concellos de que non podemos ter menos dereitos, prestacións e calidade asistencial que outras persoas atendidas por outros hospitais, porque independentemente de quen empreste os servizos de sanidade a financiación é pública; pagámola todos e todas cos nosos impostos. Non se nos pode tratar como cidadáns de segunda ou terceira categoría, sinxelamente por ser do Morrazo. Neste sentido, propoñemos que como medida inmediata, mentres non estea en funcionamento o novo hospital de Valadares, se nos ofreza aos usuarios dos servizos de saúde de Moaña e Cangas a posibilidade de optar por ser atendidos no Complexo Hospitalario de Vigo.
Sen outro asunto, pedímoslle que lle dean traslado á demanda máis arriba expresada para ser considerada o máis axiña posible no Parlamento de Galicia e unha vez tratada se comuniquen connosco para facernos saber o seu resultado.

Morrazo, 18 de outubro de 2.010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo