17 ene 2011

postheadericon Resposta da Consellería ao BNG no Parlamento de Galicia sobre a discriminación do Morrazo na asistencia sanitaria

En relación coa pregunta con resposta escrita núm.: 53152, formulada polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, a iniciativa de dona Ana Luisa Bouza Santiago e don Bieito Lobeira Domínguez, sobre "a discriminación que padece a poboación do Morrazo na súa asistencia sanitaria e as medidas que se van adoptar para evitala", (publicada no BOPG núm.: 350, do 9 de novembro de 2010), teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada pola Consellería de Sanidade, que ten o seguinte contido:
"A información solicitada, está recollida na web do Sergas, ao igual que a dos hospitais do sistema sanitario público de Galicia.
O Hospital Povisa é un centro asistencial de titularidade privada, situado na cidade de Vigo, e debidamente acreditado, como esixe a normativa vixente, para a concertación da prestación da asistencia sanitaria.
A súa vinculación coa asistencia sanitaria pública está maioritariamente regulada por concertos sucesivos iniciados o 24 de marzo de 1993. 0 actual concerto entre o Servizo Galego de Saúde e Povisa foi asinado en data 29 de decembro do ano 2000. Neste concerto establécense os criterios da actividade asistencial e os obxectivos de calidade asistencial.
Estamos a traballar nas bases que rexerán o novo concerto co Hospital Povisa. Un dos principais criterios neste novo concerto é a libre elección de centro para a poboación que neste momento ten como referencia o hospital Povisa."
O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do Regulamento vixente.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2010

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger