28 oct 2010

postheadericon Pregunta do BNG no Parlamento de Galicia sobre as listas de espera en POVISA

Á Mesa do Parlamento
Bieito Lobeira Domínguez e Ana Luisa Bouza Santiago, deputado e deputada do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta, para a súa resposta oral en Comisión, relativa á discriminación que padece a poboación do Morrazo na súa asistencia sanitaria e ás medidas que se adoptarán para evitala.
A Plataforma da Sanidade de Moaña e a Comisión Xestora da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas veñen de denunciar a situación de discriminación que padece parte da poboación do Morrazo (Cangas e Moaña), en relación coa asistencia sanitaria que recibe.
En concreto, no relativo aos tempos de demora nas listas de espera cirúrxica de POVISA, hospital privado de Vigo ao que se encontran adscritos milleiros de persoas das vilas antes citadas.
O propio Servizo Galego de Saúde (SERGAS), nos seus dados oficiais, recoñece que os tempos de espera neste hospital privado se encontran absolutamente disparados en comparación co resto de hospitais públicos de Galiza, que xa posúen un grave problema neste ámbito. E isto, unicamente no tocante ás listas de espera cirúrxicas, pois lamentabelmente se ocultan os dados oficiais referidos ás listas de especialidades e de probas diagnósticas de POVISA.
En definitiva, resulta intolerábel que haxa pacientes, neste caso da comarca do Morrazo, que posúen menos dereitos, menos calidade asistencial e peores prestacións que outras persoas atendidas noutros hospitais públicos, pois o finanzamento de POVISA é tamén público: pagámolo todas e todos.
Neste contexto, as plataformas sociais antes citadas veñen de propoñer a adopción de medidas que garantan a igualdade na prestación de servizos sanitarios, con independencia da súa procedencia xeográfica. Por exemplo, a posibilidade de ofrecer a usuarios e usuarias dos servizos de saúde de Moaña e Cangas a opción de seren atendidos no Complexo Hospitalario de Vigo.
Estas son as razóns que levan ao BNG a formular as seguintes preguntas para a súa resposta oral na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego:
l.a) Que información posúe a Consellaría de Sanidade sobre os tempos de espera rexistrados en POVISA en materia de listas de espera cirúrxica, de especialidades, e de probas diagnósticas?
2.a) Cales son os motivos das peores prestacións existentes neste centro privado (POVISA) en comparación co resto de hospitais públicos?
3.a) Que medidas se adoptarán para superar esta discriminación?
4.a) Especificamente, ten previsto permitir a pacientes do Morrazo a opción de seren atendidos no Complexo Hospitalario de Vigo?
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2010.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger