18 oct 2010
Escrito conxunto das plataformas de Moaña e Cangas dirixido aos partidos con representación no Parlamento de Galicia sobre as listas de espera en POVISA
Sr. Secretario do Partido Popular / Partido dos Socialistas de Galicia - PSOE / Bloque Nacionalista Galego da Comarca do Morrazo:
A Plataforma da Sanidade de Moaña e a Comisión Xestora da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas en reunión conxunta acordamos dirixirnos aos grupos políticos da nosa Comarca con representación no Parlamento de Galicia (Partido Popular, Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE e Bloque Nacionalista Galego) para plantearlles a necesidade de aunar esforzos na adopción das medidas oportunas conducentes á redución dos tempos de espera nas listas de espera cirúrxicas de POVISA.
Polos escasos datos aos que temos acceso, procedentes do propio SERGAS e con relación ao segundo trimestre deste ano, sabemos que os tempos de espera deste hospital privado (121,9 días) están totalmente disparadas se as comparamos coa media do resto dos hospitais de Galicia (71 días). E isto no que respecta ás listas de espera cirúrxicas, porque sobre as listas de especialidades e de probas diagnósticas de POVISA nada se sabe por estar ocultas á opinión pública.
Diante desta situación de flagrante discriminación somos da opinión, xunto coa inmensa maioría dos veciños e veciñas dos nosos respectivos concellos de que non podemos ter menos dereitos, prestacións e calidade asistencial que outras persoas atendidas por outros hospitais, porque independentemente de quen empreste os servizos de sanidade a financiación é pública; pagámola todos e todas cos nosos impostos. Non se nos pode tratar como cidadáns de segunda ou terceira categoría, sinxelamente por ser do Morrazo. Neste sentido, propoñemos que como medida inmediata, mentres non estea en funcionamento o novo hospital de Valadares, se nos ofreza aos usuarios dos servizos de saúde de Moaña e Cangas a posibilidade de optar por ser atendidos no Complexo Hospitalario de Vigo.
Sen outro asunto, pedímoslle que lle dean traslado á demanda máis arriba expresada para ser considerada o máis axiña posible no Parlamento de Galicia e unha vez tratada se comuniquen connosco para facernos saber o seu resultado.

Morrazo, 18 de outubro de 2.010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: