24 nov 2010
A construción dos novos Centros de Saúde no Parlamento de Galicia
Polo seu interese en relación ao Centro de Saúde de O Hío, reproducimos aquí os textos das iniciativas parlamentarias sobre a construción das novas infraestruturas sanitarias de atención primaria tratadas que foron tratados no Pleno da Cámara galega o martes, 23 de novembro. Tentaremos completar esta información cos resultados do debate e posterior votación.
Bloque Nacionalista Galego
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa da súa deputada Ana Luisa Bouza Santiago, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Moción para substanciar a Interpelación número 33826, relativa ás localizacións para a construción dos novos centros de saúde previstos na Memoria da Consellería de Sanidade incluída nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2010, a dispoñibilidade dos terreos e as condicións e prazos de licitación das obras, así como o modelo de xestión dos seus servizos.
MOCION
O Parlamento galego insta ao Goberno galego a:
Partido Popular de Galicia
EMENDA DE SUBSTITUCIÓN
Débese substituír o texto da parte resolutiva da Moción, polo que segue a continuación:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a garantir as infraestruturas necesarias para dar resposta ás necesidades asistenciais, e modernizar a rede de centros de Atención Primaria, no marco dunha asistencia sanitaria pública."
Partido dos Socialistas de Galicia - PSOE
EMENDA DE MODIFICACION
Débese engadir un novo apartado f bis) á resolución da Moción, que quedará redactado co seguinte contido:
&f bis) Retomar a implantación do Plan de Mellora de Atención Primaria."

- Definir un mapa realista de necesidades de novas infraestruturas de Atención Primaria para Galiza considerando o total da lexislatura e en diálogo coas autoridades locais.
- Definir compromisos e prioridades de construción para as anualidades restantes da lexislatura 2011-2013 que permitan á poboación coñecer as perspectivas reais de mellora da atención primaria.
- Abandonar o sistema de financiamento das infraestruturas sanitarias de colaboración público privada adoptado polo Goberno galego e retomar o sistema de financiación pública das infraestruturas sanitaria como garantía de sostenibilidade do sistema.
- Comprometerse a non incorporar nas novas infraestruturas sanitarias de atención primaria espazos non sanitarios que poidan poñer en perigo a legalidade da cesión ou expropiación dos terreos utilizados para a súa construción.
- Comprometerse a utilizar un modelo de xestión pública dos servizos non sanitarios que manteña a súa dependencia das necesidades sanitarias dos centros.
- Incorporar na lei de orzamentos de 2011 as dotacións orzamentarias precisas para abordar a construción con fondos públicos dos centros de saúde prioritarios e licitalos no primeiro trimestre de 2011.
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2010.
Partido Popular de Galicia
EMENDA DE SUBSTITUCIÓN
Débese substituír o texto da parte resolutiva da Moción, polo que segue a continuación:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a garantir as infraestruturas necesarias para dar resposta ás necesidades asistenciais, e modernizar a rede de centros de Atención Primaria, no marco dunha asistencia sanitaria pública."
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2010
Partido dos Socialistas de Galicia - PSOE
EMENDA DE MODIFICACION
Débese engadir un novo apartado f bis) á resolución da Moción, que quedará redactado co seguinte contido:
&f bis) Retomar a implantación do Plan de Mellora de Atención Primaria."
Pazo do Parlamento, 22 de novembro de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: