27 nov 2010
A modificación do Decreto de transporte sanitario deixará as ambulancias sen axudantes
O Proxecto de novo decreto de transporte sanitario que modificará o vixente Decreto 42/1998 do 15 de xaneiro suporá un claro deterioro do servizo debido aos recortes aos que, coa disculpa da crise, tan acostumados nos teñen últimamente os gobernantes neoliberais. Agora tocoulle o turno ás ambulancias e, segundo parece, están dispostos a suprimir aos axudantes e a intruducir outras modificacións lesivas para os usuarios e as usuarias.
A continuación preséntase un resumo comparativo dos efectos máis importantes que suporán estes cambios de levarse a cabo os plans da Consellería de Sanidade.
Notas sobre as modificacións ao articulado:
Art. 2: Introdúcese un uso moi restritivo do uso de ambulancias, limitado a casos de urxencia e de inmobilidade extrema.
Art. 4: Desaparece o axudante nas ambulancias sanitarizadas e medicalizadas. (ver cadro abaixo)
Art. 11: A prescipción por parte do médico para a utilización da ambulancia preténdese que sexa compartida pola inspección, un servizo que non está en contacto co paciente-usuario, o cal pode levar a situacións de conflito en caso de distintas opinións.
Art.11: A mención explícita do financiamento do servizo sempre por parte do SERGAS desaparece, polo que se prantexa a dúbida de quen será o que se vai facer cargo do pago do transporte sanitario.
A continuación preséntase un resumo comparativo dos efectos máis importantes que suporán estes cambios de levarse a cabo os plans da Consellería de Sanidade.
modificación | Decreto 42/1998 | Proxecto de novo Decreto |
---|---|---|
artigo 2 | Para os efectos do presente decreto terá a consideración de transporte sanitario o desprazamento de persoas enfermas, accidentadas ou que teña a súa orixe noutra razón sanitaria, en vehículos especialmente acondicionados para o efecto. | Aos efectos do presente decreto terá a consideración de transporte sanitario o transporte especial de persoas accidentadas ou enfermas cando concorra unha situación de urxencia que implique risco vital ou dano irreparable para a saúde da xente afectada, ou exista unha imposibilidade física ou outras causas clínicas que impidan ou incapaciten para a utilización de transporte ordinario para se desprazar a un centro sanitario ou ao seu domicilio logo de recibir atención sanitaria, en vehículos especialmente acondicionados ao efecto e debidamente autorizados. O transporte deberá ser accesible ás persoas con discapacidade. |
artigo 4 en relación co Anexo 1A | 3. Características técnico- sanitarias das ambulancias medicalizadas (tipo III). Persoal requirido: - Médico e ATS/DUE, ambos con capacidade demostrable en transporte asistido, técnicas de reanimación e técnicas de soporte vital avanzado. - Conductor e axudante. | Ambulancia medicalizadas: - Médico e DUE, con capacidade demostrable en transporte asistido, técnicas de reanimación e de soporte vital avanzado, así como experiencia profesional en áreas relacionadas coa atención e manexo de pacientes con patoloxías urxentes. - Un condutor, como mínimo, con titulación de técnico en emerxencias sanitarias ou coa acreditación ou os requisitos mínimos de formación e experiencia profesional establecidos na normativa vixente. Este técnico deberá dispor do carné de conducir establecido pola normativa vixente para este tipo de vehículos. Ambulancia sanitarizadas: - Diplomado universitario en enfermería con capacidade demostrable en transporte asistido, técnicas de reanimación e técnicas de soporte vital avanzado, así como experiencia profesional en áreas relacionadas coa atención e manexo de pacientes con patoloxías urxentes. O DUE traballará baixo a indicación dun médico da central de Coordinación do 061. - Un condutor, como mínimo, con titulación de técnico en emerxencias sanitarias ou coa acreditación ou os requisitos mínimos de formación e experiencia profesional establecidos na normativa vixente. Este técnico deberá dispor do carné de conducir establecido pola normativa vixente para este tipo de vehículos. |
artigo 11 | A avaliación da necesidade de prestación de transporte sanitario corresponderalle o facultativo que presente a asistencia e súa indicación obedecerá unicamente a causas médicas que fagan posible o desprazamento en medios ordinarios de transporte. | A prescrición corresponderalle ao facultativo que preste asistencia e/ou á inspección de servizos sanitarios, e a súa prestación seguirá o procedemento regulado pola Administración sanitaria. |
artigo 11 | O seu financiamento será por conta do Servicio Galego de Saúde sempre que non exista un terceiro obrigado ó pagamento. | DESAPARECE |
Notas sobre as modificacións ao articulado:
Art. 2: Introdúcese un uso moi restritivo do uso de ambulancias, limitado a casos de urxencia e de inmobilidade extrema.
Art. 4: Desaparece o axudante nas ambulancias sanitarizadas e medicalizadas. (ver cadro abaixo)
Art. 11: A prescipción por parte do médico para a utilización da ambulancia preténdese que sexa compartida pola inspección, un servizo que non está en contacto co paciente-usuario, o cal pode levar a situacións de conflito en caso de distintas opinións.
Art.11: A mención explícita do financiamento do servizo sempre por parte do SERGAS desaparece, polo que se prantexa a dúbida de quen será o que se vai facer cargo do pago do transporte sanitario.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: