15 nov 2015

postheadericon #CambioAPovisa, NON grazas: Charla - Coloquio sobre a libre elección de hospital

Este xoves, 19 de novembro, a partir das oito da tarde, terá lugar no salón de Plenos do Concello de Cangas, unha charla - coloquio sobre a libre elección de hospital.

Para falar de sanidade pública e tódalas dúbidas que se nos agolpan dende a posta en marcha do Novo Hospital - Álvaro Cunqueiro, contaremos coa presenza de Manuel Martín (Portavoz de SOS Sanidade de Galicia) e Ángel Cameselle (Presidente da Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo.

A nosa portavoz, Carmen Nores, dará resposta a tódalas preguntas en clave local.

Son moitas as voces e é brutal a campaña mediática de captación de "clientes" que está a levar a cabo POVISA, S.A., en connivencia coa Xunta de Galicia pola súa pasividade na resolución das deficiencias detectadas no hospital Álvaro Cunqueiro. Dende o Morrazo non damos nin paso atrás na defensa dos nosos dereitos, non aceptaremos esta chantaxe encoberta, non queremos que se fagan negocio coa nosa saúde 30 anos máis, é inadmisible que se nos continúe condenando á unha descriminación da que non somos culpables, polo que facemos un chamamento á cidadanía a que participe nesta charla e se informe ante esta vital decisión, na que nos xogamos moito. A Sanidade Pública é a nosa loita, nas máns de tod@s nós está gañar esta batalla ou continuar sendo reos da privatización.


7 may 2015

postheadericon O Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales anula o concurso para equipar o laboratorio central do CHUVI

Comunicado da AGDSP - Paralización do laboratorio do Novo Hospital de Vigo

Ante a información de que o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales anulou concurso para equipar o laboratorio central do CHUVI, que estará situado no actual Meixoeiro o que supoñería deixar ao Novo Hospital sen laboratorio central, desde a Asociacion Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar

1.- A nosa satisfacción por que a Xustiza poña en cuestión unha decisión irracional desde o punto de vista asistencial e levada a cabo de xeito chapuceira, como o resto do proceso desde o mesmo momento da licitación do Novo Centro.

2.- Reiterar a nosa denuncia de que a Consellería de Sanidade decidido, sen contar coa opinión e asesoría dos profesionais, que o Novo Hospital de Vigo non teña un Laboratorio Central. Esta decisión esta na liña a pechar os laboratorios centrais de todos os hospitais públicos de Galicia para trasladar as probas que neles se realizaban ao Laboratorio Central de Galicia que foi privatizado e concedido a unha empresa propiedade dun Fondo de Investimento internacional

3.- Os resultados desta política, copiada da CCAA de Madrid, é unha perda de calidade do hospital, a limitación na oferta de determinados servizos e un risco para os pacientes

4.- Desde a nosa Asociacion pedimos outra vez máis ao Sr Fejoo que rectifique dunha vez por todas, recupere o Novo Hospital por incumprimento flagrante dos termos do contrato polo Consorcio privado e polas innumerables irregularidades e chapuzas que caracterizaron ao proceso.

5.- Á vista dos problemas no proceso de licitación e  construción pola Concesionaria Privada non queremos nin pensar o que sucederá unha vez que entre o funcionamento o centro

22 abr 2015

postheadericon Inquedanzas polo relevo precipitado do xerente do CHUVI

A destitución precipitada de Mario González como Xerente do Complexo Hospitalario de Vigo (CHUVI) , sen esperar sequera á recepción da obra do Novo Hospital polo SERGAS, é interpretada pola Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública como un paso máis no caos de xestión do proceso de construción e financiamento do Novo Hospital de financiamento persoal, á vez que reflectiría a incapacidade da Consellería para xestionar con criterios de racionalidade a nova infraestructura, tan necesaria para corrixir os déficit sanitarios do área de Vigo. E logo de facer un repaso ao proceso vivido na construción do novo hospital, a Asociación insiste en que a destitución, envolvida de opacidade, rumoroloxía e sospeitas supoñen unha nova burla aos profesionais e traballadores do CHUVI e do conxunto do área, polo que esixe á conselleira de Sanidade que, de xeito inmediato, ofreza unha información transparente, que explique que está pasando no Hospital, cales son os motivos da substitución do Xerente, e as causas do atraso na entrada en funcionamento do Novo Centro.
18 abr 2015

postheadericon Qué aconteceu entre a Conselleira e o Director-Xerente do EOXI?

Diante da información aparecida na prensa de que Mario González foi cesado como Xerente da EOXI de Vigo, de xeito precipitado, sen esperar sequera á recepción da obra do Novo Hospital polo SERGAS, queremos comunicar que:
4 feb 2015

postheadericon #Alerta: Pretenden privatizar a xestión da Cardialoxía no área de Vigo.

Ante a información de que desde o SERGAS e a Xerencia do CHUVI se esta presionando ao persoal do Servizo de Cardioloxía e Hemodinámica do H. Meixoeiro para implantar unha Unidade de Xestión Clínica, desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos denunciar:

1.- Que se estea presionando ao persoal sanitario  para impoñer unha medida destinada a fragmentar e privatizar os centros sanitarios, trasladando aos servizos clínicos o modelo empresarial da Lei 15/97 de Novas Formas de Xestión sanitaria.

2.- Esta medida está destinada a transformar aos servizos en empresas con capacidade para competir no mercado sanitario, con orzamento independente do resto do hospital, dirixidas por un persoal elixido a dedo pola xerencia e con incentivos económicos destinados a facer cómplices ao persoal das políticas de recorte da Consellería de Sanidade.

3.- As Unidades de Xestión Clínica foron rexeitadas polos sanitarios na Folga Xeral da Sanidade Galega cuxo un masivo seguimento obrigo á Xunta de Galicia a conxelar a medida, que agora pretende reactivar recorrendo a presións persoais.

4.- A creación dunha Unidade de Xestión Clínica no CHUVI colocaría ao área de Vigo no epicentro da privatización sanitaria en Galicia trala renovación do Concerto Singular de POVISA en contra das advertencias do Valedor do Pobo e do Consello Galego de Contas, e da concesión do financiamento e xestión do Novo Hospital a unha Concesionaria Privada

Desde a nosa Asociación facemos un chamamento ao persoal sanitario e á cidadanía para rexeitar unha medida máis que pretende privatizar a xestión da Cardialoxía no área de Vigo.

Asociación Galega pa a Defensa da Sanidade Pública 

3 de febreriro do 2015
24 ene 2015

postheadericon A AGDSP rexeita o traslado do laboratorio do CHUVI

Ante a información sobre a supresión do servicio de laboratorio CHUVI e o seu trasladado ao Hospital do Meixoeiro a Asociacion para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar:

O noso rexeitamento desta decisión da Xunta de Galicia que supón suprimir o Laboratorio Central do Novo Hospital de Vigo. Resulta paradoxal que un hospital presentado pola Consellería de Sanidade como un dos máis modernos e avanzados tecnolóxicamente de Europa, non dispoña dun servizo esencial como é un laboratorio dimensionado en magnitude e prestacións. Os laboratorios clínicos teñen unha gran implicación na asistencia sanitaria aínda que a facilidade de mecanizar a súa actividade faios moi apetecibles para o sector privado
9 feb 2014

postheadericon Cambios no mapa sanitario: área de Vigo e POVISA


8 mar 2013

postheadericon Sobre as declaracións de Feijoo culpando aos sanitarios dos problemas de urxencias no CHUVI

Ante as declaracións de Núñez Feijoo presidente de Galicia nas que intenta culpabilizar aos traballadores sanitarios do Complexo Hospitalario de Vigo do falecemento dunha paciente no Servizo de Urxencias de devandito centro, a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo quere comunicar:
  1. Consideramos inaceptable que a máxima autoridade política de Galicia, intente responsabilizar a uns profesionais que traballan nunhas condicións, moitas veces ao límite por falta de recursos.
13 ago 2012

postheadericon Pacientes

Eduardo Rolland
Desde hace un mes, el Sergas ofrece a pacientes de Vigo ir a operarse a Pontevedra, ante la falta de quirófanos en la mayor ciudad de Galicia. Hasta ahora, la generosa oferta se ha cursado a 1.400 enfermos, de los que aceptaron 276.
La demora media en Galicia para una intervención quirúrgica son 60 días. En el Chuvi, es un 25% mayor: 75 días. Pero es que en Povisa, que atiende nada menos que 140.000 cartillas, la espera alcanza los 190 días. Con estas cifras, es un hecho que la oferta hospitalaria de Vigo no es solo deficitaria, sino un auténtico agravio que llevamos décadas soportando.
Publicado en La Voz de Galicia

1 ago 2012

postheadericon Decreto para permitir os traslados de pacientes da área sanitaria de Vigo ao CHOP

DECRETO 160/2012, do 26 de xullo, polo que se modifica o Decreto 162/2011, do 28 de xullo, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.
A Lei xeral de sanidade establece que os servizos de saúde adecuarán a súa organización e funcionamento aos principios de eficacia, celeridade, economía e flexibilidade e, así mesmo, que os medios e actuacións do sistema sanitario estarán orientados prioritariamente á promoción da saúde e á prevención das enfermidades.
A Lei de saúde de Galicia, na mesma liña indica que as actuacións da Administración sanitaria deberán estar orientadas a garantir a asistencia sanitaria en todos os casos de perda da saúde e en condicións de igualdade efectiva.
Publicado no DOG
29 jul 2012

postheadericon A AGDSP sobre o traslado pacientes cirúrxicos de Vigo a Pontevedra

Ante o anuncio de que a Xunta de Galicia aprobou un decreto para regular o desvío de pacientes do Chuvi e Povisa para ser intervidos no Montecelo e o Provincial para intentar reducir a lista de espera da área Sanitaria de Vigo, que é con diferenza a que acumula máis pacientes en listas de espera e onde esta é máis longa con 75,6 días no Complexo Hospitalario de Vigo e 192 no hospital privado POVISA (que goza do privilexio dun concerto singular), fronte aos 59,5 días de Galicia, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar:
28 jul 2012

postheadericon Sanidade aprueba un decreto para legislar el desvío de pacientes del Chuvi a Pontevedra

El objetivo es reducir la lista de espera del área de Vigo, donde los pacientes tardan 15 días más que el resto de gallegos en ser intervenidos
La Consellería de Sanidade echará mano de los hospitales públicos de Pontevedra para intentar reducir la lista de espera del área sanitaria de Vigo, que es con diferencia la que acumula más pacientes y donde más tiempo se aguarda por una intervención. El Consello de la Xunta aprobó el jueves un decreto ley que regula el desvío de pacientes del Chuvi y Povisa para ser intervenidos en el Montecelo y el Provincial. Ya se propuso el traslado a un primer cupo de unos 1.400 vecinos de la ciudad olívica y los municipios del entorno, pero solo 276 aceptaron operarse en los centros pontevedreses, según los datos facilitados por el gerente del complejo vigués, Francisco Soriano, durante la presentación esta semana del balance de actividad quirúrgica del primer semestre del año.
Publicado en Faro de Vigo

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger