18 abr 2015

postheadericon Qué aconteceu entre a Conselleira e o Director-Xerente do EOXI?

Diante da información aparecida na prensa de que Mario González foi cesado como Xerente da EOXI de Vigo, de xeito precipitado, sen esperar sequera á recepción da obra do Novo Hospital polo SERGAS, queremos comunicar que:

1.- Este cese é un paso máis no caos de xestión do proceso de construción do Novo Hospital co  financiamento privado. Este cese/dimisión imprevisto reflexa perfectamente a incapacidade da Consellería para xestionar con criterios de racionalidade a nova infraestrutura, tan necesaria para corrixir os déficit sanitarios da área de Vigo.

2.- Aos problemas de financiamento, aos atrasos de máis de 3 anos na entrega do proxecto por falta de fondos da Concesionaria; aos recortes de camas, módulos, superficie e equipamento; ao traslado do laboratorio; á perda de servizos de referencia en favor do Complexo Hospitalario de Santiago e de POVISA; ao mantemento da empresa de xestión privada GALARIA; e ao falseamento e ocultación dunhas listas de espera desproporcionadas, engádese agora o rocambolesco despedimento do Xerente, sen ningunha explicación máis ou menos racional.

3.- Esta decisión envolta de opacidade, rumoroloxía e sospeitas supón unha nova burla aos profesionais e traballadores do CHUVI e do conxunto da área, (que soportan todo tipo de decisións que lesionan os seus dereitos e a súa dignidade laboral) e sobre todo á cidadanía da área que leva anos padecendo uns servizos insuficientes para as súas necesidades, sen que desde a Administración do PP se lles proporcione a máis mínima explicación, pese a pagar estes recursos cos seus impostos.

4.- Esiximos da Conselleira de Sanidade que, de xeito inmediato, ofreza unha información transparente, que explique que está pasando no Hospital, cales son os motivos do cese do xerente, e as causas do atraso na entrada en funcionamento do Novo Centro.

5.- Este cese/dimisión vai supoñer tamén un aprazamento en asuntos que afectan ao Morrazo, como a visita guiada que tíñamos programada para que os usuarios do Morrazo poidesen coñecer as instalacións do Novo Hospital de Vigo  e outros problemas que a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública trasladaba en diferentes escritos dirixidos ao Sr. Director Xerente. No último escrito, con data de 10 de abril, as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña, poñen en coñecimento do EOXI que os usuarios asignados á Área de POVISA, que optaron pola Sanidade Pública, elixindo libremente o cambio de hospital segundo a Instrucción 7/14 da  Consellería de Sanidade, estanse atopando con determinados problemas de orixe puramente administrativo ou técnico como son a repetición de probas diagnósticas ou consultas con especialistas, simplemente por non ser incorporadas no sistema informático da historia clínica por Povisa e así non están accesibles aos médicos do servizo público que agora nos atenden e carecen dunha información imprescindible para prescribir o tratamento axeitado.



Adxuntamos carta dirixida ao Director Xerente do EOXI de Vigo solicitando que poña tódolos medios ao seu dispor para rematar, na maior brevidade posible con esta situación de desconcerto que están a padecer os usuarios.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger