22 abr 2015

postheadericon Inquedanzas polo relevo precipitado do xerente do CHUVI

A destitución precipitada de Mario González como Xerente do Complexo Hospitalario de Vigo (CHUVI) , sen esperar sequera á recepción da obra do Novo Hospital polo SERGAS, é interpretada pola Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública como un paso máis no caos de xestión do proceso de construción e financiamento do Novo Hospital de financiamento persoal, á vez que reflectiría a incapacidade da Consellería para xestionar con criterios de racionalidade a nova infraestructura, tan necesaria para corrixir os déficit sanitarios do área de Vigo. E logo de facer un repaso ao proceso vivido na construción do novo hospital, a Asociación insiste en que a destitución, envolvida de opacidade, rumoroloxía e sospeitas supoñen unha nova burla aos profesionais e traballadores do CHUVI e do conxunto do área, polo que esixe á conselleira de Sanidade que, de xeito inmediato, ofreza unha información transparente, que explique que está pasando no Hospital, cales son os motivos da substitución do Xerente, e as causas do atraso na entrada en funcionamento do Novo Centro.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger