29 jul 2012

postheadericon A AGDSP sobre o traslado pacientes cirúrxicos de Vigo a Pontevedra

Ante o anuncio de que a Xunta de Galicia aprobou un decreto para regular o desvío de pacientes do Chuvi e Povisa para ser intervidos no Montecelo e o Provincial para intentar reducir a lista de espera da área Sanitaria de Vigo, que é con diferenza a que acumula máis pacientes en listas de espera e onde esta é máis longa con 75,6 días no Complexo Hospitalario de Vigo e 192 no hospital privado POVISA (que goza do privilexio dun concerto singular), fronte aos 59,5 días de Galicia, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar:

  1. Que esta decisión da Xunta vén corroborar unha vez máis dúas das denuncias que vimos reiterando desde fai anos:
    • A urxencia de entrada en funcionamento dun Novo Hospital en Vigo que resolva as carencias de recursos sanitarios públicos que padece a área e que a aventura do financiamento privado (adxudicada a bancos en quebra) está atrasando de xeito inaceptable (ademais de que o financiamento privado multiplicar o custo do centro e reducirá drasticamente os recursos inicialmente previstos para o mesmo)
    • Que os hospitais privados (como POVISA) funcionan peor e acumulan máis listas de espera que os centros públicos, polo que non se deberían incorporar ao sistema público.
  2. Que a lista de espera cirúrxica oculta é enorme e que a pesar dos esforzos da Xunta por ocultala é imposible de soportar para os pacientes que se atopan atrapados na mesma.
  3. Que esta medida é unha chapuza máis coa que se pretende espir a un santo para vestir a outro: O aluvión de pacientes que se trasladará dun área a outra, unido aos recortes de recursos e a paralización de actividades pola tarde , repercutirá na lista de espera que deberán soportar os pacientes da área de Pontevedra.
Por todo iso esiximos á Consellería de Sanidade que informe sobre os pacientes na Lista de Espera Oculta, que afronte a construción do Novo Hospital de Vigo pola vía pública e cos recursos inicialmente previstos para acabar coas carencias de Vigo, que se incluía a área de POVISA no Novo Hospital (como inicialmente estaba previsto) e que informe sobre a repercusión desta medida para a asistencia dos cidadáns da área de Pontevedra.
Asociación Galega para Defensa da Sanidade Pública

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger