24 ene 2015
A AGDSP rexeita o traslado do laboratorio do CHUVI
Ante a información sobre a supresión do servicio de laboratorio CHUVI e o seu trasladado ao Hospital do Meixoeiro a Asociacion para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar:
O noso rexeitamento desta decisión da Xunta de Galicia que supón suprimir o Laboratorio Central do Novo Hospital de Vigo. Resulta paradoxal que un hospital presentado pola Consellería de Sanidade como un dos máis modernos e avanzados tecnolóxicamente de Europa, non dispoña dun servizo esencial como é un laboratorio dimensionado en magnitude e prestacións. Os laboratorios clínicos teñen unha gran implicación na asistencia sanitaria aínda que a facilidade de mecanizar a súa actividade faios moi apetecibles para o sector privado
.Esta decisión persegue dous obxectivos:
1.- Reducir custos á Concesionaria do Novo Hospital que non terá que cointruir e equipar o laboratorio central do CHUVI xa que quedará no actual Hospital Meixoeiro.
2.- Iniciar o proceso de privatización dos servizos de laboratorio dos hospitais públicos galegos: Seguindo o exemplo da CCAA de Madrid a Consellería de Sanidade externalizó (privatizo) en marzo do 2014 o laboratorio Central de Galicia asignándoo ao laboratorio CERBA Internacional cuxo presidente é o propietario dos laboratorios Unilab do Fondo de Investimento multinacional CVC-Capio asociada á aseguradora privada norteamericana Centene Este laboratorio realizará máis de 600 probas, que xa se facían nos laboratorios dos hospitais públicos que como consecuencia que van ser pechados progresivamente para trasladar a súa actividade ao macro laboratorio privado.
CONSECUECIAS DESTA MEDIDA
- Separar fisicamente o laboratorio do resto do Hospital ameaza a calidade e seguridade dos enfermos hospitalizados, que en moitos casos precisan de decisións clínicas rápidas adoptadas equipo por clínicos e analistas, sen estar sometidas os riscos do trafico, o estado das carretas ou a dispoñibilidade de medios de transporte.
- A distancia cos servicios de NHV aumentará os custos da atención e favorecerá erros e atrasos na entrega de resultados, que poden poñer en rego a atención ou a vida dos pacientes.
- A fragmentación dos recursos impedirá, as consultas de alta resolución, a continuidade dos transplantes de medula (os únicos que se facían ata agora en Vigo) e as actividades de investigación (xa recortadas ao suprimir os Módulos de Investigación e Docencia contemplados no proxecto inicial do Hospital).
- Esta decisión foi rexeitada polos profesionais e traballadores do CHUVI por afastar o laboratorio de Microbioloxía do Hospital de referencia e a loxística para a recolleita e traslado das mostras microbioloxícas afectará á calidade adecuada e ao mantemento da integridade e viabilidade das mesmas.
CONCLUSIÓNS:
Por todo iso facemos un chamamento a cidadáns e profesionais a mostrar o seu rexeitamento a esta medida que atenta contra a saúde e os dereitos sociais e profesionais
Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
2 comentarios:
EL VALEDOR DO POBO NO RECIBIÓ RESPUESTA DEL SERGAS SOBRE LA PUBLICACIÓN DE ESTOS DATOS
El Sergas oculta en Vigo a 19.000 pacientes en su lista de espera.
Sei que non ven a conto neste artigo pero ahí tedes. Agora seguide publicando mentiras sobre as listas de espera de POVISA e dos hospitais públicos. ZAS EN TODA LA BOCA.
http://povisa.es/comunicacion-2/area-de-prensa/noticias/120-urgencias-povisa-hospital
Ale