4 may 2016
#EnPrimicia: Presentación en Cangas do libro "Hospital Álvaro Cunqueiro, a grande estafa"
Este xoves, 05 de maio ás oito
da tarde, o Salón de Plenos de
Cangas acollerá, en primicia, a presentación do libro “O Hospital Álvaro
Cunqueiro: A grande estafa”.
Evento organizado pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de
Cangas, no que teremos o pracer de contar entre os relatores co ex-fiscal Superior de Galicia, D. Carlos
Varela García, “Fillo adoptivo de Cangas” dende o 27 de xuño de 2009;
título que o Concello lle outorgaba pola súa defensa do uso do galego no ámbito
xudicial, sendo o actual Alcalde concelleiro de Cultura. Un cartel de luxo que se
completa con:
- Pablo Vaamonde García (coordinador do libro): Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Foi Director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Gallego de Saúde (Sergas). Traballa como médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña).
- María Luísa Lores Aguín (co-autora): Especialista en Radioloxía. Médica e membro da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP). Traballa como radióloga do Complexo Hospitalario de Pontevedra.
- Manuel Martín García (co-autor): Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Portavoz de SOS Sanidade Pública e presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP). Traballa como médico de familia en Marín (Pontevedra).
3 may 2016
L. Senra: "É vergoñento e indignante que responsábeis sanitarios estean a xogar ca saúde das mulleres"
AGEe trasladou á Comisión Europea a situación de
discriminación na atención médica que están a sufrir mulleres da área sanitaria
viguesa
Bruxelas, 02 Maio 2016. O
cancro de mama é a día de hoxe o máis presente na sociedade europea, chegando a
abarcar o 13,8% do total dos casos. Este é tamén o cancro máis
frecuente entre as propias mulleres, acadando taxas de até o 30%. Porén, a taxa de mortalidade está no 7.2%,
o cal é mostra evidente da importancia da detección precoz e o seu correcto
tratamento.
Conscientes
destas posibilidades, no ano
2003 o Parlamento Europeo aprobou o Informe
sobre o cancro de mama na Unión Europea, que pide
especificamente aos Estados "que
toda muller que padeza cancro de mama teña dereito a ser tratada por un equipo
multidisciplinar", instándoos a establecer "unha rede global de
centros certificados e multidisciplinares de mastoloxía".
2 may 2016
Seguimos rodando cara o rescate da #SanidadePública
Na mañán do martes, 03 de maio, membros da Plataforma en Defensa da
Sanidade Pública de Cangas sairán á rúa para informar á cidadanía da necesidade
de presión social para rescatar a sanidade pública.
Serán instaladas dúas mesas informativas nas que, ademáis de poñer en
coñecimento da veciñanza os motivos que nos levan a saír á rua o vindeiro xoves
12 de maio, para reclamar un hospital 100% público e tódolos servizos que o
complementan, tamén informaremos do acto previsto para o próximo día 05 no que,
en exclusiva, o noso pobo acollerá a presentación do libro “O Hospital Álvaro
Cunqueiro: A grande estafa” que, no momento da redacción deste comunicado,
aínda están a ser impresas as súas páxinas.
Cangas aproba a moción para o rescate da #SanidadePública da Área Sanitaria de Vigo
A Plataforma en Defensa
da Sanidade Pública de Cangas quere agradecer públicamente o apoio á
manifestación do vindeiro 12 de maio en Vigo, que se visualizaba coa aprobación
da moción que presentábamos por rexistro o pasado 20 de abril e se debatía o pasado venres en Cangas.
Unha moción presentada en
tódolos concellos da Área Sanitaria de Vigo. Centrándonos no Morrazo, no
Concello de Moaña foi aprobada por unanimidade e, en Cangas, celebramos a súa
aprobación coa abstención do Partido Popular.
Unha vez máis, temos que
lamentar que o Partido Popular teña dado a nota discordante, en contra do
sentir popular. Unha abstención que avala as
políticas de xestión levadas a cabo polo goberno autonómico, aprobando non só
os recortes e o desmantelamento da sanidade pública, senón que tamén a privatazación
encoberta, a través do modelo de xestión “pública-privada”, que afecta
directamente ao funcionamento do Hospital Álvaro Cunqueiro e, por ende, á nosa
saúde.
Agradecemos que, nesta sesión plenaria, nos permitisen intervir para
facer unha valoración da situación actual da Área Sanitaria de Vigo, facendo fincapé
na situación sanitaria do noso pobo.
30 abr 2016
Por unha Unidade Multidisciplinar do Cancro de Mama de todas e para todas
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas ven de rexistrar unha petición perante o Parlamento Europeo na que se denuncia o incumprimento -por parte da Consellería de Sanidade- das recomendacións propugnadas no informe sobre o cancro de mama da Unión Europea (2002/2279(INI)) do 07 de maio de 2003 na Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade, conforme o texto presentado e debatido en Bruxelas o pasado 22 de marzo.
18 abr 2016
Comenzamos a rodar: #12M Sairán autobuses de Cangas e Moaña para a manifestación de Vigo
O pasado xoves, 14 de
abril (Día no que tamén se comemoraba a proclamación da II República), as
Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña, mantiñan unha
reunión na que se marcou o calendario de traballo das accións que conxuntamente
levaremos a cabo nas vindeiras datas:
- Unidade Multidisciplinar de
Patología de Mama: Aproveitamos esta reunión para informar á Plataforma
veciña dos pasos dados na nosa denuncia ante o Parlamento Europeo. Acordamos, ademáis
de comunicar o texto defendido en Bruxelas a tódolos partidos con
representación (actual e futura) no Parlamento de Galicia, elaborar mocións
para ser presentadas en ambos concellos e instar á Xunta de Galicia para que a
Unidade Multidisciplinar do Hospital Meixoeiro se convirta na Unidade de
referencia de todas as mulleres da Área Sanitaria de Vigo, independentemente da
localidade na que habiten ou cal sexa o seu hospital de referencia, e rematar
así coa descriminación que padecen algo menos da metade das mulleres desta área
sanitaria.
- Manifestación 12 de maio en
Vigo: Como referencia de coordinación e organización, botamos unha ollada
ao pasado mes de setembro de 2015, e decidimos volver a sumar forzas para
organizar unha nova manifestación, convoca pola Xunta de Persoal e SOS Sanidade
Pública. Dende o Morrazo, volveremos traballar unidos para fletar cantos
autobuses sexan necesarios co obxectivo de que ninguén se quede sen poder
asistir a outro acontecimento histórico
na defensa dun dos pilares básicos do noso estado de benestar. Nesta ocasión, o
rescate do Novo Hospital de Vigo e a reordenación da Área Sanitaria serán os
protagonistas nesta imprescindible loita para que o servizo sexa público e de
calidade en tódolos ámbitos.
Ademáis da loxística e demáis
preparativos orientados á organización de este importante evento, organizaremos
charlas-informativas en ámbolos concellos, nas que daremos conta dos motivos
que nos fan volver a rúa e re-editar a manifestación do pasado 03 de setembro
de 2015.
Tamén neste sentido, se están
ultimando mocións que, próximamente, serán presentadas en tódolos concellos da
Área Sanitaria de Vigo, de cara a sumar apoios e instar ás institucións
pertinentes para que as reivindicacións cidadáns sexan respetadas e atendidas,
tendo en conta que a Sanidade Pública é un dereito ao que non podemos nin
debemos renunciar.
12 abr 2016
[NOTA INFORMATIVA] Reunión co Alcalde de Cangas
Este luns, proposta pola
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, mantíñamos unha reunión co
Sr. Alcalde para informarlle das xuntanzas que tuveron lugar en Bruxelas a
Delegación de SOS Sanidade Galicia cos grupos parlamentarios de Podemos,
Alternativa Galega de Esquerdas e Izquierda Unida-Izquierda Plural.
Cabe destacar a boa
acollida, por parte de tódolos grupos parlamentarios con representación no
Parlamento Europeo, no que respeita á denuncia presentada pola AGDSP perante a
Comisión Europea sobre o modelo de Concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro, e
tamén amosaron moito interese pola reivindicación que a Plataforma de Cangas
tivo a oportunidade de presentar sobre o dereito á igualdade das mulleres da
Área Sanitaria de Vigo cando se teñen que enfrontar ao cancro de mama. Esta igualdade se atinxe si tódalas mulleres fosen atendidadas na
Unidade Multidisciplinar de Patoloxía de Mama que está ubicada no Hospital
público Meixoeiro, que cumpre cos requisitos marcados no informe presentado na
Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Oportunidades o 7 de maio de 2003
e aprobado polo Parlamento Europeo, ademáis de ter sobrada capacidade para
facelo.
Aproveitamos esta reunión co Sr. Alcalde non só para informar dos pasos
dados e a acollida que tivemos, senón que tamén dos pasos que continuamos a dar
neste sentido. Seguimos
traballando en coordinación cos grupos parlamentarios europeos mencionados, con
especial meción a AGE, que formulará unha pregunta parlamentaria, acompañando á
petición que a Plataforma fará na Comisión de Peticións de dita institución.
23 mar 2016
En Bruxelas, camiñando cara a igualdade
Unha delegación de SOS Sanidade Pública de Galicia, entre os que se encontraban, Camen Nores e José Sáez Penelas (membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas), emprendían este luns unha viaxe a Bruxelas que se tornou un pesadelo, mais os terribles atentados, a pesares da consternación provocada e grazas á valentía dos membros da Plataforma, non foron quen de botar por terra o propósito desta viaxe: Defender a igualdade na Área Sanitaria de Vigo. A mellor das homenaxes que podíamos brindar ás víctimas e aos seus familiares e amigos/as é non ceder perante a crueldade dos terroristas.
Onte, mantiñan unha reunión cos grupos parlamentarios europeos de PODEMOS e IZQUIERDA PLURAL (AGE e IU), para esixir que todas as mulleres da Área Sanitaria de Vigo teñan dereito a ser tratadas na Unidade Multidisciplinar de Cancro de Mama do Hospital Meixoeiro, independente da localidade na que habiten ou cal sexa o seu hospital de referencia.
O resultado de dita reunión non pode ser mellor, posto que a nosa proposta tivo unha moi boa acollida por parte de tódolos grupos parlamentarios. Velaquí está o texto íntegro:
28 feb 2016
O transporte ao Hospital Álvaro Cunqueiro non avanza
![]() |
| Fonte: FdeV |
A través da prensa local, nos
sobresaltaba un titular que inicialmente chamaba á esperanza ao coñecer
que os
Concellos de Cangas e Moaña se reunían en Santiago co subdirector xeral de
Ordenación do Transporte para analizar a comunicación co Hospital Álvaro
Cunqueiro. Estas esperanzas se esfumaban ao tempo que desgranábamos polo miúdo
o contido de dita reunión.
Xa en setembro de 2015, reunidos
tanto o Alcalde e Alcaldesa de Cangas e Moaña, respectivemente, os edís de
Mobilidade, así como as Plataformas de Sanidade de ámbolos dous concellos,
representantes de persoal sanitario que reside na comarca e o xerente de
Monbus, acordamos que, a través das institucións locáis, se presentarían
alegacións á Xunta de Galicia para mellorar a insuficiente proposta inicial.
23 feb 2016
2015 foi o ano da desolación, ainda así... non perdemos a esperanza
Queremos agradecer, sen excepcións, a tódolos representantes que tiveron a ben acompañarnos neste magnífico acto, querendo mencionar dunha maneira especial a participación de Manuel Martín e Jesús Araújo, membros da Plataforma Galega en Defensa da Sanidade Pública, polas súas sempre esclarecedoras intervencións.
Neste encontro aproveitamos para facer entrega do "Informe Anual", no que damos conta polo miúdo do contido da nosa actividade no ano 2015.
Para consultar o Informe Anual íntegro, preme aquí
A modo de resumo cabe destacar que o panorama non foi moi alentador no que se refiere á recuperación da sanidade pública como un dos nosos dereitos irrenunciables e como un dos pilares básicos do estado de benestar; por un lado, a renovación do Concerto Singular con POVISA e, polo outro, a nefasta xestión na posta en marcha do Hospital Álvaro Cunquieiro, deixan á nosa área sanitaria nunha situación desoladora.
Non queremos pechar os ollos á cruda realidade e recoñecer que a situación é complicada, ainda así...
…non perdemos a esperanza
Non perdemos a esperanza de que a discriminación e as imposicións/obstáculos a través de Concertos asinados con pouca luz e sen taquígrafos algún día formarán parte do pasado.
Non perdemos a esperanza de ter un Hospital 100% público e de calidade que sexa capaz de atender as nosas necesidades.
Non perdemos a esperanza de que as débedas históricas sexan saldadas e, nun futuro non moi lonxano, o Centro de Alta Resolución sexa unha realidade para a nosa comarca, sen esquencer o comprometido Centro de Saúde para as parroquias de O Hío e Aldán.
Non perdemos a esperanza e temos a vista posta nun cambio de goberno (estatal e autonómico) que estea realmente comprometido coa sanidade pública e coa cidadanía, responsable na reordenación das necesidades sanitarias e que nos axude a retomar os proxectos paralizados dende o ano 2008.
Non perdemos a esperanza nin a ilusión de que algún día as reivindicación do Morrazo serán atendidas e a nosa sanidade será, por fin, pública e de calidade.
Dossier de prensa:
18 feb 2016
[COMUNICADO] Xuntanza en Cangas para analizar a situación sanitaria
Este venres, 19 de febreiro de 2016, a partir da seis da tarde, no Salón de Plenos de Cangas, terá lugar unha xuntanza, organizada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas.
Contaremos coa presenza de representantes dos grupos municipais, tanto do goberno como da oposición, representantes dos grupos parlamentarios autonómicos, membros da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia (entre outros, Manuel Martín e Jesús Araújo Nores), así como asociacións adheridas á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas.
O acto é aberto, podendo asistir calquera persoa ou colectivo social do noso Concello.
Neste acto a Plataforma dará a coñecer a actividade levada a cabo durante o ano 2015 e aproveitaremos para facer unha analise da situación na que se atopa actualmente a sanidade no Morrazo. Ademáis de suxerir e coordinar conxuntamente propostas para este 2016, orientadas a rematar coas deficiencias que estamos a padecer na nosa comarca.
6 ene 2016
2016 ten que ser o ano da #SanidadePública e de calidade no Morrazo
A través da prensa volvemos coñecer unha nova queixa do servizo de urgencias no Centro
de Saúde de Cangas. Vaia por diante o noso apoio e solidaridade, ademáis do
noso compromiso, que é contínuo coa defensa dunha sanidade pública e calidade,
unha calidade que hoxe volve brilar pola súa ausencia.
Como dicimos, este non é un problema novo nin
aillado, que ven provocado polas políticas de recortes, tanto de persoal como
de servizos, levadas a cabo polos gobernos central e autonómico, cun claro
obxetivo de desprestixio da sanidade pública
para favorecer o seu desmantelamento en detrimento da súa privatización.
Cabe salientar tamén que, moitos dos desprezos
que a cidadanía do Morrazo estamos a padecer, rematarían si, dunha vez por
todas, a Consellería de Sanidade pagase a débeda histórica que mantén coa nosa
comarca, comprometéndose á construcción do Centro de Alta de Resolución.
Histórica é a débeda e histórica tamén a nosa reivindicación, que lonxe de
desistir, neste ano que comeza, renovamos desexos e forzas para, non só
reclamar aos nosos representantes que deixen de discriminarnos solicitando que
fagan constar unha partida orzamentaria destinada a satisfacer as nosas
necesidades, senón que tamén nos marcamos novos retos para facer chegar á
cidadanía a máxima información no que respeita ao Centro de Alta Resolución. Situacións
como a vivida onte non acontecerían, xa que O Morrazo disporía dun servizo de
urxencias centralizado que evite desprazamentos aos hospitais de
referencia, sexa por urxencias ou na rutina diaria dos/as pacientes.
Este centro tería unha capacidade maior do que
un Centro de Saúde, ademáis de contar con máis recursos humáns e medios
tecnolóxicos, laboratorio, Raios X e ata un quirófano para intervencións
quirúrxicas simples.
É o CAR unha das nosas reivindicacións estrela, máis non queremos rematar esta nota sen facer mención ao máis que comprometido Centro de Saúde de O Hío-Aldán, unha promesa que sistemáticamente está a ser esquencida no fondo dalgún baúl instalado na Consellería de Sanidade e tampouco queremos esquecernos da necesidade de que O Morrazo dispoña dunha UCI móbil permanente; un servizo que, evitaría situacións como a vivida onte no Centro de Saúde e que salva vidas.
Dende a Plataforma queremos facer un chamamento á veciñanza para que si volven pasar por situacións semellantes á de onte, se pongan en contacto connosco, para xuntos denuncialo perante ás institucións pertinentes, non só a situación en sí, senón que tamén o risco que estamos a correr ao non ter ao noso alcance os recursos mínimos que velen polas nosas vidas. É imprescindible que rememos todos/as xuntos/as para que o máis que necesario CAR, o Centro de Saúde de O Hío-Aldán, a UCI móbil e outras moitas carencias en matería sanitaria que iremos desgranando ao longo dos próximos meses, sexan solventados neste ano que comeza.
DOSSIER DE PRENSA:
DOSSIER DE PRENSA:
- Faro de Vigo > "La Plataforma de Sanidade critica la situación vivida en urgencias de Cangas"
- La Voz de Galicia > "La baja de cuatro médicos y el inicio de la ola de gripe satura el centro de salud de Cangas"
- Morrazo al Día > "A Plataforma en Defensa da Sanidade esixe solucións tras os problemas rexistrados nas urxencias de Cangas"
29 dic 2015
Un chisquiño de solidaridade - Axuda Humanitaria a Siria
A Plataforma en Defensa da Sanidade
Públcia de Cangas, conxuntamente coa Asociación Daravelo, sumámonos á campaña
humanitaria de Axuda a Siria que tivo lugar en Cangas entre o 03 e o 28 de decembro,
promovida pola “Asociación de Apoyo al Pueblo Sirio” e que contou coa colaboración do
Concello de Cangas.
A nosa postura foi clara dende o primeiro
momento, tendendo a man aos Concellos do Morrazo para colabora na acollida das
persoas refluxiadas.
A día de hoxe, a súa chegada ao noso país está sendo
menor da esperada e desexada, máis nas fronteiras con Europa continúan a chegar
persoas que fuxen do terror dunha guerra.
As condicións nas que se atopan actualmente os homes,
mulleres e nenos/as sirios/as son dramáticas. Tras deixar atrás toda a súa vida,
agora teñen que enfrontarse as inclemencias meteoróloxicas, a fame e o abandono
das institucións europeas, que continúan
mirando cara outro lado e/ou escurrindo
o bulto.
Dende a Plataforma e dende a Asociación
Daravelo non miramos cara outro lado, polo queremos facer chegar a nosa
humilde aportación.
No día de onte, facíamos entrega na Casa da Xuventude de Cangas de:
No día de onte, facíamos entrega na Casa da Xuventude de Cangas de:
450 unidades de pañais para nenos/as
Onte remataba esta campaña humanitaria, mais
nas vindeiras semanas porase en marcha unha nova campaña de recollida de roupa,
polo que dende aquí queremos facer un chamamento á solidaridade do pobo de
Cangas e animamos a que estean pendentes das novas que saíran ao respeito tra-las festas de Nadal e fagan as aportacións que
consideren oportunas para axudar a paliar, na medida do posible, o sufremento de persoas que contra a súa
vontade tiveron que abandonar o seu fogar, familias e pertenencias para salvar a
súa vida.
15 dic 2015
INFORME DRAMÁTICO SOBRE A SANIDADE GALEGA
O goberno presidido por Núñez Feijóo ven aplicando, desde o súa chegada ao
poder en 2009, unha estratexia deseñada para desmantelar a Sanidade Pública e
xerar espazos de negocio para as empresas privadas a expensas do diñeiro
público. Nestes últimos anos o goberno galego aplicou unha severa redución dos
orzamentos sanitarios e fixo recortes profundos na dotación de persoal e camas
hospitalarias; paralizou o Plan de Mellora e desmantelou a Atención Primaria;
aplicou medidas privatizadoras nos hospitais así como en moitas áreas
sanitarias que pasaron a mans privadas; tamén teñen planeado implantar as
Unidades de Xestión Clínica que poñerían a disposición das empresas a
actividade asistencial, o núcleo duro da sanidade. A continuación faremos, en
sete puntos, un repaso dos principais problemas que ten hoxe a Sanidade pública
galega e que deben ser plantexados ante as próximas eleccións.
9 dic 2015
Café-Informativo sobre Dereitos e Garantías dos Enfermos Termináis
A mediados de outubro a Plataforma en Defensa
da Sanidade Pública de Cangas organizamos unha charla informativa sobre Dereitos
e Garantías dos Enfermos Termináis, para informar da recente Lei 5/2015
publicada no DOG o 16 de xullo de 2015 que entraba en vigor un mes despois da súa
publicación.
Nese día tivemos o pracer de contar coa presenza
do doutor J. Luis Montes Mieza ( Presidente federal de DMD) e de Emilia Irimia
Fernández (presidenta de DMD Galicia) para ilustrarnos sobre a morte digna,
ademáis de presentarlle a cidadanía do Morrazo a asociación que representan.
A Asociación DMD (Dereito a Morrer Dignamente)
e un movimento cidadán que promove o
dereito de tódalas persoas a dispoñer con libertade do seu corpo e da súa vida
e, de maneira moi especial, o dereito dos enfermos terminais e irreversibles a
morrer sen sufrimento e coa dignidade que se merecen.
Os principios básicos da Lei son a protección
da dignidade das persosas no proceso final da súa vida e o dereito a formalizar
a súa declaración de vontade vital anticipada, a través do documento de
instruccións previas.
Na charla celebrada a mediados de outubro, dende
a Plataforma, dada a expectativa creada e a necesidade informativa que demanda
a cidadanía, nos comprometemos a
continuar informando sobre a Lei e sobre como proceder para realizar o
documento de instrucións previas, quen pode outorgar e cal debe ser o seu
contido.
Chegou o momento de poñernos máns á obra, polo
que convocamos a tódalas persoas interesadas a participar nun café-informativo este venres, 11 de
decembro, ás seis da tarde, no Salón da Cafetería-Hotel Airiños de Cangas.
15 nov 2015
#CambioAPovisa, NON grazas: Charla - Coloquio sobre a libre elección de hospital
Este xoves, 19 de novembro, a partir das oito da tarde, terá lugar no salón de Plenos do Concello de Cangas, unha charla - coloquio sobre a libre elección de hospital.
Para falar de sanidade pública e tódalas dúbidas que se nos agolpan dende a posta en marcha do Novo Hospital - Álvaro Cunqueiro, contaremos coa presenza de Manuel Martín (Portavoz de SOS Sanidade de Galicia) e Ángel Cameselle (Presidente da Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo.
A nosa portavoz, Carmen Nores, dará resposta a tódalas preguntas en clave local.
Son moitas as voces e é brutal a campaña mediática de captación de "clientes" que está a levar a cabo POVISA, S.A., en connivencia coa Xunta de Galicia pola súa pasividade na resolución das deficiencias detectadas no hospital Álvaro Cunqueiro. Dende o Morrazo non damos nin paso atrás na defensa dos nosos dereitos, non aceptaremos esta chantaxe encoberta, non queremos que se fagan negocio coa nosa saúde 30 anos máis, é inadmisible que se nos continúe condenando á unha descriminación da que non somos culpables, polo que facemos un chamamento á cidadanía a que participe nesta charla e se informe ante esta vital decisión, na que nos xogamos moito. A Sanidade Pública é a nosa loita, nas máns de tod@s nós está gañar esta batalla ou continuar sendo reos da privatización.
12 nov 2015
No Morrazo, nin un paso atrás na defensa da sanidade pública
Na reunión mantida esta tarde en Moaña, as plataformas da Sanidade Pública de Cangas e Moaña e a Voz do Paciente de Bueu veñen de acordar un manifesto no que queda reflexada a unidade dos tres Concellos na defensa dun dos pilares básicos do noso "maltratado" estado de benestar.
Animamos ás institucións públicas locáis e comarcáis, así como a tódalas entidades cívicas do Morrazo, partidos políticos e sindicatos á súa adhesión.
MANIFESTO
O pasado ano a veciñanza do
Morrazo, xunto cos municipios de Baiona, Nigrán, Gondomar e parte da poboación
de Vigo asignada ao hospital privado Povisa S.A, deron un paso histórico. Un
total de 5.000 usuarios/as, voluntariamente, optaron polo cambio á Sanidade Pública. Foi un importante número de
usuarios/as -sendo máis de 3.000 do Morrazo- que nin o escurantismo do Concerto
nin as penalizacións coactivas por parte
da Adminisración (pérdida das lista de espera tanto para probas e consultas de
especialistas como para operacións quirúrxicas) amendrentraron aos usuarios/as
que, por primeira vez despois de algo máis de 25 anos, poidemos elexir
libremente a sanidade que queremos recibir.
As Plataformas en Defensa da Sanidade Pública
de Cangas e de Moaña, sabedores de que a Instrución 7/ 2014 da Xerencia do
Servizo Galego de Saúde do 1 de
setembro, establece que o período anual de elección sería entre o 1 e o 30 de
novembro de cada ano de vixencia do Concerto firmado entre o Sergas e o
hospital privado Povisa S.A o pasado 1 de setembro, nos diriximos por carta ao
señor Xerente do EOXI de Vigo para
expoñer o noso rexeitamento a estas medidas penalizadoras que sufrimos o pasado
ano, coa finalide de que non volvan a repetirse na actulidade, posto que, ao
noso entender, non responden a ningún plantexamento médico que se coñeza e,
sobre todo, a ningunha medida baseada nin eficacia nin na rentabilidade. Lamentablemente,
esta petición a día de hoxe non foi
atendida pola Xerencia, obtendo un sepulcral silencio por resposta.
Neste ano, Povisa, S.A., ao non ter superado o
duro golpe que supuso que máis de 3.000 usuarios/as da comarca decidiran
voluntariamente pasarse á sanidade pública, está a levar a cabo unha brutal
campaña de marketing tanto en medios de comunicación, redes sociais, distribución de propaganda como “porta a porta” polos domicilios dos/as
usuarios/as ou nas propias instalacións de dita empresa, para recoller o maior
número de solicitudes posible.
Dende o Morrazo, consideramos que este é un
derroche de recursos materiais e humanos sen precedentes. Non recordamos unha
campaña mediática e económica tan
brutal, como a que estamos presenciando na Area Sanitaria de Vigo e sospeitamos
que o seu obxetivo non é outro que puramente mercantil para recuperar as 5.000 cartillas
que perdeu o pasado ano. Non podemos cuantificar exactamente o desembolso
ecónomico co que pretenden financiar esta campaña de acoso, mais desconfiamos
que sexa un importe semellante ao que deixou de ingresar polos/as 5.000
usuarios/as que deron o salto á sanidade pública.
Tamén reclamamos á Xunta de Galicia unha liña
de comunicación axeitada ás necesidades do Morrazo. Mantemos a nosa proposta
inicial da apertura dunha liña directa dende Cangas ao Hospital Álvaro
Cunqueiro así como unha mellora na sinalización por estrada.
A Voz do Paciente de Bueu solicita á Xunta de
Galicia que a atención sanitaria de alto nivel sexa prestada na Área Sanitaria
de Vigo, tendo como Hospital de referencia o Álvaro Cunqueiro para todas
aquelas especialides nas que, na actualidade, están sendo derivadas á Área
Sanitaria de Santiago.
As Plataformas de Cangas e Moaña e a Voz do
Paciente de Bueu pedimos á veciñanza do Morrazo que non dea nin un paso atrás
na defensa da Sanidade Pública. A presión dos profesionais sanitarios e a
cidadanía tórnase imprescindible para revertir a situación na que se encontra o
Hospital Álvaro Cunqueiro; queremos que sexa o hospital 100x100 público e de
calidade que á cidadanía da Área se merece. Por outra banda, tamén é necesario
confluir nunha gran masa social para poder esixirlle á Xunta de Galicia que habilite
unha partida presupostaria nos orzamentos do 2016 para dar solución, da única
maneira xusta e real, á construcción do Centro de Alta Resolución para o
Morrazo.
Solicitamos, tamén, aos nosos responsables
políticos municipais que se sumen e fagan un pronunciamento público en contra
do acoso mediático que está levando a cabo Povisa, así como un chamamento á
cidadania para animar a dar o salto á Sanidade Pública.
No Morrazo, 12 de novembro de 2015
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de
Cangas
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de
Moaña
A Voz do Paciente de Bueu
11 nov 2015
A defensa da sanidade pública reclama unidade
Perante as novas publicadas nos
medios de comunicación, onde o PP acusa ao goberno municipal de
ocultar unha invitación da Consellería de Sanidade para realizar
unha visita guiada ao novo hospital Álvaro Cunqueiro, a Plataforma
en Defensa da Sanidade Pública de Cangas quere facer públicas as seguintes puntualizacións:
As plataformas do Morrazo tiñamos
solicitado ao xerente do EOXI unha visita guiada ao novo hospital
moito antes da súa posta en marcha. Esta visita nunca se chegou a
producir por falta de resposta da xerencia. Esperamos que tanto o
goberno municipal como os grupos da oposición, que sí van a
realizala, recordenlle á xerencia do Álvaro Cunqueiro a petición
que temos pendente.
Por unha sanidade 100% pública e de calidade, pásate aos hospitais públicos
O Servizo
Galego de Saúde formalizou, con data 1 de setembro de 2014, un novo concerto
coa entidade privada Policlínica Vigo Povisa S.A. de prestación dos servizos de
asistencia sanitaria especializada para que a poboación, beneficiaria da Seguridade
Social asignada aos centros de saúde dos Concellos de Cangas do Morrazo, Moaña,
Baiona, Nigrán, Gondomar e aqueles outros que a administración determine do
Concello de Vigo e que esta protexida polo servizo Galego de Saúde, elixan
voluntariamente recibir a súa prestación sanitaria nos hospitais públicos de
Vigo.
En dito concerto e según a Instrución 7/2014 do Sergas
no seu apartado 4, recóllese o dereito da veciñanza do Morrazo e de todos os
Concellos que teñen como referencia Povisa a solicitar o cambio á Sanidade Pública
durante o mes de novembro mentres dure o concerto, nos propios centros de saúde.
27 oct 2015
A Xunta volve a esquecer ao Morrazo nos orzamentos do 2016
Un ano máis a Xunta de Galicia
esquecéuse dos problemas sanitarios que padece a veciñanza do Morrazo nos seus
Orzamentos para o 2016. Ningunha partida destinada ao comprometido Centro de
Saúde Aldán-O Hío e tampouco para a construcción do Centro de Alta Resolución
no Morrazo.
É de xustiza que para esta
comarca se constúa o Centro de Alta Resolución, máis despois do fiasco
sanitario que montaron na Area Sanitaría Sur coa precipitada posta en marcha do
hospital Álvaro Cunqueiro, co único obxectivo de que unha concesionaria
privada, integrada por empresas constructoras e outras multinacionais, comence
a cobrar importes de escándalo pola xa máis que verificada e denunciada mala
xestión do novo hospital de Vigo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo














