9 dic 2015
Café-Informativo sobre Dereitos e Garantías dos Enfermos Termináis
A mediados de outubro a Plataforma en Defensa
da Sanidade Pública de Cangas organizamos unha charla informativa sobre Dereitos
e Garantías dos Enfermos Termináis, para informar da recente Lei 5/2015
publicada no DOG o 16 de xullo de 2015 que entraba en vigor un mes despois da súa
publicación.
Nese día tivemos o pracer de contar coa presenza
do doutor J. Luis Montes Mieza ( Presidente federal de DMD) e de Emilia Irimia
Fernández (presidenta de DMD Galicia) para ilustrarnos sobre a morte digna,
ademáis de presentarlle a cidadanía do Morrazo a asociación que representan.
A Asociación DMD (Dereito a Morrer Dignamente)
e un movimento cidadán que promove o
dereito de tódalas persoas a dispoñer con libertade do seu corpo e da súa vida
e, de maneira moi especial, o dereito dos enfermos terminais e irreversibles a
morrer sen sufrimento e coa dignidade que se merecen.
Os principios básicos da Lei son a protección
da dignidade das persosas no proceso final da súa vida e o dereito a formalizar
a súa declaración de vontade vital anticipada, a través do documento de
instruccións previas.
Na charla celebrada a mediados de outubro, dende
a Plataforma, dada a expectativa creada e a necesidade informativa que demanda
a cidadanía, nos comprometemos a
continuar informando sobre a Lei e sobre como proceder para realizar o
documento de instrucións previas, quen pode outorgar e cal debe ser o seu
contido.
Chegou o momento de poñernos máns á obra, polo
que convocamos a tódalas persoas interesadas a participar nun café-informativo este venres, 11 de
decembro, ás seis da tarde, no Salón da Cafetería-Hotel Airiños de Cangas.
9 oct 2015
09 de outubro >> Día Mundial dos Coidados Paliativos / Día Mundial da Saúde Mental
![]() |
| Charla-Informativa no Hío (05 de outubro) |
Cúmprese agora un ano, por esta datas, que a veciñanza do Morrazo conta
cun coche do Centro privado Povisa, dotado dun médico e dunha enfermeira, que
presta atención domiciliada aos enfermos que o precisan, promovendo unha
mellora na súa calidade de vida como doente e otorgando unha maior
tranquilidade á familia.
Ata fai pouco, non deixaba de sorprendernos como a Conselleria de
Sanidade definía os Coidados paliativos: “O enfoque que mellora a calidade
da vida dos pacientes e familias que se enfrontan aos problemas asociados con
enfermidades ameazantes para a vida, a través da prevención e alivio do
sufrimento”
![]() |
| Charla-Informativa en Bueu (09 de outubro) |
Ao noso enterder esta resposta está cargada dunha enorme falta de
respeto e sensibilidade aos usuarios da Sanidade do Morrazo.
Este é, polo tanto, o primeiro ano que no Morrazo podemos disfrutar de
ter conquistado un “gran de area”, unha mínima satisfacción para celebrar no
Día Mundial dos Coidados Paliativos deste ano, que se celebra este venres 09 de
outubro. Pero esta conquista non é unha victoria, queda todo por facer, temos
moito polo que loitar ata conseguir dispoñer dunha unidade de Coidados
Paliativos que promocione a dignidade do paciente e disminuia o seu sufrimento.
Dende finais de agosto entra en vigor en Galicia unha Lei 5/2015, do 26
de xuño, de dereitos e garantias da dignidade das persoas terminais que esta
orientada a protexer o ideal da boa morte.
Para abordar este tema, coa serenidade necesaria, coa claridade e sen
perxuicios, temos a honra de que nos acompañen o vindeiro mércores a partir das
8 da tarde, no Salón de Plenos de Cangas, duas persoas que pertenecen á Asociación polo Dereito a unha Morte Digna: Emilia Irimia Fernández,
presidenta de asociación Dereito a Morer Dignamente de Galicia e o doutor Luis
Montes Mieza, presidente Federal dende o ano 1990.
A Asociación DMD polo dereito a morrer dignamente, é un movemento
cidadán por unha morte digna, que ten como finalidade primordial: “ Promover o
dereito de toda persoa a dispoñer con libertade do seu corpo y da sua vida, a
elexir libre e legalmente o momento e os medios para finalizala e defender, de
maneira especial, o dereito dos enfermos terminais e irreversibles a morrer sen
sofrimento, se ese é o seu deseso expreso.”
Coincidindo co Día Mundial dos Coidados Paliativos, este sábado (10 de
outubro) tamén se celebra o Día Mundial da Saúde Mental. Dende a Plataforma en
Defensa da Sanidade Pública de Cangas, queremos amosar públicamente o noso
apoio as revindicacións do Movimento Galego de Saúde Mental:
“O Día Mundial da Saúde Mental foi establecido pola Organización
Mundial da Saúde (OMS) para chamar a atención das sociedades e os gobernos
sobre a situación na que se atopan as persoas afectadas por trastornos e
enfermidades mentais, para potenciar o desenvolvemento de políticas acordes coa
importancia desta dimensión da saúde e para mobilizar a todos os cidadáns e
cidadás contra a estigmatización e a prol da integración e o apoio a todo aquel
que se atope, por esta causa, en situación de exclusión ou en risco dela.
(…) Urxe un plan
guiado por obxectivos de saúde e que potencie a atención a quen se atopa en
condición de maior fraxilidade. É imperioso o establecemento de prioridades que
superen a mera xestión administrativa actual dos servizos e recursos, fai falla
un futuro ó que dirixirse para reducir o efecto tan daniño que ten a crise e a
súa xestión gubernamental nas persoas con trastorno mental severo, hai que
comprometerse cos obxectivos da OMS neste eido, debe apoiarse o movemento
asociativo e facilitar a sua participación, e fan falla outros gobernantes que
poidan dirixir a sanidade cara un futuro mellor.”
8 oct 2015
Charla-Coloquio sobre a #MorteDigna en Cangas
O
pasado 16 de agosto de 2015 entraba en vigor a LEI 5/2015, do 26 de xuño, de dereitos e
garantías da dignidade das persoas enfermas terminais, na que se ten en conta o
recollido na Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do
paciente e dos dereitos e obrigas en materia de información e documentación
clínica.
É obxectivo desta lei promocionar a
autonomía do paciente, tendo dereito a unha morte digna, mellorando así a
calidade de vida de todos os pacientes en situación terminal, así como das
persoas a eles vinculadas, sen diferenza en canto á patoloxía basal,
localización xeográfica ou idade, de xeito racional, planificado, coordinado e
eficiente, de acordo coas súas necesidades e respectando a súa autonomía e
valores.
O paternalismo e a sobreprotección
menoscaban a dignidade do paciente dificultando o proceso, polo que tórnase
imprescindible a lexislación, mais tamén unha campaña de difusión e
concienciación entre usuarios e persoal sanitario, tal e como se compromete a
Xunta de Galicia no texto da devandita lei.
Dado o incumprimento por parte das
institucións públicas, e conscientes de que tanto a cidadanía como os profesionais
carecen de medios e información ao respeito desta lei, dende a Plataforma en
Defensa da Sanidade Pública de Cangas tomamos a iniciativa e promovemos unha
Charla-Coloquio na que intervirán o presidente Federal da Asociación Dereito a
Morrer Dignamente, así como a presidenta autonómica. Foron varias semanas de
intenso traballo por parte dos membros da Plataforma para facer posible que o
Dr. Montes e Emilia Irimia nos acompañe o próximo mércores 14 de outubro a
partir das 20 horas no Salón de Plenos de Cangas, polo que dende aquí queremos
facer un chamamento á cidadanía a que acuda e participe.6 oct 2015
Rolda de charlas informativas no Morrazo sobre os dereitos e garantías dos enfermos termináis
Como antesala á charla - coloquio que terá lugar o vindeiro 14 de outubro no Salón de Plenos do Concello de Cangas, onde contaremos coa presenza do Dr. Luis Montes, Presidente Federal da asociación "Derecho a Morir Dignamente" (DMD), continuamos coas charlas informativas polo Morrazo.
Tra-las charlas no Hío e ADICAM, o xoves, 07 de outubro, estaremos ás 14h. no Centro de Saúde de Cangas co persoal sanitario.
Coa colaboración da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Bueu, o vindeiro venres, 09 de outubro, estaremos na Sala Amelia Domínguez Bua, 1º piso (Bueu) a partir das 7 da tarde.
Para rematar esta rolda de charlas-informativas, o vindeiro martes, 13 de outubro, estaremos no Centro de Xubilados de Cangas (hora por determinar), coa colaboración da Asoc. de Xubilados Santiago Apóstol.
Máis actividades:
O xoves, 08 de de outubro, comeza a pegada de cartéis e difusión na rúa. O ponto de encontro será, como é habitual, no reloxio da Alameda Vella de Cangas ás 17:30h.

Comunicado da AGDSP: Polo dereito a morer dignamente
Ante a información de que finalmente, o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago accedeu a retirarlle a alimentación e sedar á pícara aqueixada dunha enfermidade crónico dexenerativa sen posibilidades de curación e con importantes dores e sufrimentos, tal como solicitaban os seus pais, desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar
1.- A nosa satisfacción por que por fin se vai a retirar a medicación e os dispositivos que mantiñan con vida artificialmente a esta nena, o que unido á sedación supón unha alivio á paciente e aos seus familiares e a garantía dunha morte digna.
2.- O rexeitamento ao incumprimento, polo servizo dese hospital que a atendía, da lexislación galega e estatal sobre morte digna e dereito das persoas doentes a elixir ou rexeitar os tratamento que lles afectan, decisión que non pode estar en mans dos profesionais da sanidade e menos ao albur dos seus posicionamentos ideolóxicos ou de posibles conflitos de interese.
3.- Consideramos inaceptable o incumprimento da lexislación respecto diso por algúns centros e servizos sanitarios, o que supón unha clara violación dos dereitos sanitarios da cidadanía galega nunha materia tan sensible e que afecta a toda a poboación
4.- Desde a nosa Asociacion consideramos necesario e urxente abordar esta situación, para o que levaremos á Plataforma SOS Sanidade Pública que se reúne o vindeiro mércores ás 17 horas na sé do Sindicatos de CCOO de Santiago de Compostela unha proposta de abrir un gran debate social e profesional respecto diso en toda Galicia.
Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública
5 de outubro do 2015
16 oct 2013
Requeixa da Plataforma diante do Valedor do Pobo por coidados paliativos e HADO
Sr. Valedor do Pobo:
XXXXXXXXXXXXX, provista de DNI XXXXXXXXX e domiciliado XXXXXXXXXXXXa na Avda, en nome e representación da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, diríxome a Vde. e fágolle saber que con data de 5 de setembro de 2011 recibín contestación do Valedor do Pobo sobre unha queixa presentada por min sobre a falta de cobertura de coidados paliativos e hospitalización a domicilio (HADO) para os veciños e veciñas de Cangas, ao contrario da poboación do resto da área sanitaria de Vigo. A Consellería de Sanidade recoñeceu no informe remitido ao Valedor do Pobo e datado en maio dese mesmo ano que “o módulo de hospitalización a domicilio e coidados paliativos de POVISA atende aos pacientes da zona do Concello de Vigo que lle corresponde, sen poder acceder a outros concellos, sobre todo aos do outro lado da Ría de Vigo debido a que a súa situación xeográfica complica a aplicación das isocronas habituais dos servizos de hospitalización a domicilio.” E engadía que “a Consellería e o Servizo Galego de Saúde están a traballar para a ampliación da funcionalidade e dos equipos de hospitalización a domicilio dada a súa importancia de cara aos pacientes”.
O feito é que transcurrido ese prazo de tempo, é dicir, case dous anos e medio desde a devandita contestación seguimos na mesma situación discriminatoria, polo que, en vista da pasividade mostrada pola administración sanitaria, reitero a queixa sobre as carencias de coidados paliativos e hospitalización a domicilio (HADO) que padecemos en Cangas, pedíndolle, ademáis, que requira á Consellería de Sanidade para que explique as razóns dese retraso e, no seu caso, indique en que prazos ten previsto a implantación duns servizos sobre os que os responsables da Consellería de Sanidade afirmaban hai máis de dous anos que estaban a traballar.

Cangas, 16 de outubro de 2.013
12 oct 2013
A Plataforma da Sanidade reclama coidados paliativos e hospitalización a domicilio
Recorda que en 2011 a conselleira dixo que estaba traballando para implantalo
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas lamentábase onte de non ter nada que celebrar no "Día Mundial dous Coidados Paliativos", que se conmemora hoxe. Asegura este colectivo que segue esperando a que a Consellería de Sanidade, dunha vez por todas, decida poñer en marcha tanto os coidados paliativos como a hospitalización a domicilio (HADO) para que os usuarios de Cangas e Moaña poidan a cceder a uns servizos destinados a paliar o sufrimento das persoas con patologías irreversibles e exercer o dereito a unha morte digna nas mesmas condicións que o resto da poboación do Área Sanitaria de Vigo.
Publicado en Faro de Vigo

Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo