15 nov 2015
#CambioAPovisa, NON grazas: Charla - Coloquio sobre a libre elección de hospital
Este xoves, 19 de novembro, a partir das oito da tarde, terá lugar no salón de Plenos do Concello de Cangas, unha charla - coloquio sobre a libre elección de hospital.
Para falar de sanidade pública e tódalas dúbidas que se nos agolpan dende a posta en marcha do Novo Hospital - Álvaro Cunqueiro, contaremos coa presenza de Manuel Martín (Portavoz de SOS Sanidade de Galicia) e Ángel Cameselle (Presidente da Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo.
A nosa portavoz, Carmen Nores, dará resposta a tódalas preguntas en clave local.
Son moitas as voces e é brutal a campaña mediática de captación de "clientes" que está a levar a cabo POVISA, S.A., en connivencia coa Xunta de Galicia pola súa pasividade na resolución das deficiencias detectadas no hospital Álvaro Cunqueiro. Dende o Morrazo non damos nin paso atrás na defensa dos nosos dereitos, non aceptaremos esta chantaxe encoberta, non queremos que se fagan negocio coa nosa saúde 30 anos máis, é inadmisible que se nos continúe condenando á unha descriminación da que non somos culpables, polo que facemos un chamamento á cidadanía a que participe nesta charla e se informe ante esta vital decisión, na que nos xogamos moito. A Sanidade Pública é a nosa loita, nas máns de tod@s nós está gañar esta batalla ou continuar sendo reos da privatización.
9 oct 2015
09 de outubro >> Día Mundial dos Coidados Paliativos / Día Mundial da Saúde Mental
![]() |
| Charla-Informativa no Hío (05 de outubro) |
Cúmprese agora un ano, por esta datas, que a veciñanza do Morrazo conta
cun coche do Centro privado Povisa, dotado dun médico e dunha enfermeira, que
presta atención domiciliada aos enfermos que o precisan, promovendo unha
mellora na súa calidade de vida como doente e otorgando unha maior
tranquilidade á familia.
Ata fai pouco, non deixaba de sorprendernos como a Conselleria de
Sanidade definía os Coidados paliativos: “O enfoque que mellora a calidade
da vida dos pacientes e familias que se enfrontan aos problemas asociados con
enfermidades ameazantes para a vida, a través da prevención e alivio do
sufrimento”
![]() |
| Charla-Informativa en Bueu (09 de outubro) |
Ao noso enterder esta resposta está cargada dunha enorme falta de
respeto e sensibilidade aos usuarios da Sanidade do Morrazo.
Este é, polo tanto, o primeiro ano que no Morrazo podemos disfrutar de
ter conquistado un “gran de area”, unha mínima satisfacción para celebrar no
Día Mundial dos Coidados Paliativos deste ano, que se celebra este venres 09 de
outubro. Pero esta conquista non é unha victoria, queda todo por facer, temos
moito polo que loitar ata conseguir dispoñer dunha unidade de Coidados
Paliativos que promocione a dignidade do paciente e disminuia o seu sufrimento.
Dende finais de agosto entra en vigor en Galicia unha Lei 5/2015, do 26
de xuño, de dereitos e garantias da dignidade das persoas terminais que esta
orientada a protexer o ideal da boa morte.
Para abordar este tema, coa serenidade necesaria, coa claridade e sen
perxuicios, temos a honra de que nos acompañen o vindeiro mércores a partir das
8 da tarde, no Salón de Plenos de Cangas, duas persoas que pertenecen á Asociación polo Dereito a unha Morte Digna: Emilia Irimia Fernández,
presidenta de asociación Dereito a Morer Dignamente de Galicia e o doutor Luis
Montes Mieza, presidente Federal dende o ano 1990.
A Asociación DMD polo dereito a morrer dignamente, é un movemento
cidadán por unha morte digna, que ten como finalidade primordial: “ Promover o
dereito de toda persoa a dispoñer con libertade do seu corpo y da sua vida, a
elexir libre e legalmente o momento e os medios para finalizala e defender, de
maneira especial, o dereito dos enfermos terminais e irreversibles a morrer sen
sofrimento, se ese é o seu deseso expreso.”
Coincidindo co Día Mundial dos Coidados Paliativos, este sábado (10 de
outubro) tamén se celebra o Día Mundial da Saúde Mental. Dende a Plataforma en
Defensa da Sanidade Pública de Cangas, queremos amosar públicamente o noso
apoio as revindicacións do Movimento Galego de Saúde Mental:
“O Día Mundial da Saúde Mental foi establecido pola Organización
Mundial da Saúde (OMS) para chamar a atención das sociedades e os gobernos
sobre a situación na que se atopan as persoas afectadas por trastornos e
enfermidades mentais, para potenciar o desenvolvemento de políticas acordes coa
importancia desta dimensión da saúde e para mobilizar a todos os cidadáns e
cidadás contra a estigmatización e a prol da integración e o apoio a todo aquel
que se atope, por esta causa, en situación de exclusión ou en risco dela.
(…) Urxe un plan
guiado por obxectivos de saúde e que potencie a atención a quen se atopa en
condición de maior fraxilidade. É imperioso o establecemento de prioridades que
superen a mera xestión administrativa actual dos servizos e recursos, fai falla
un futuro ó que dirixirse para reducir o efecto tan daniño que ten a crise e a
súa xestión gubernamental nas persoas con trastorno mental severo, hai que
comprometerse cos obxectivos da OMS neste eido, debe apoiarse o movemento
asociativo e facilitar a sua participación, e fan falla outros gobernantes que
poidan dirixir a sanidade cara un futuro mellor.”
8 oct 2015
Charla-Coloquio sobre a #MorteDigna en Cangas
O
pasado 16 de agosto de 2015 entraba en vigor a LEI 5/2015, do 26 de xuño, de dereitos e
garantías da dignidade das persoas enfermas terminais, na que se ten en conta o
recollido na Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do
paciente e dos dereitos e obrigas en materia de información e documentación
clínica.
É obxectivo desta lei promocionar a
autonomía do paciente, tendo dereito a unha morte digna, mellorando así a
calidade de vida de todos os pacientes en situación terminal, así como das
persoas a eles vinculadas, sen diferenza en canto á patoloxía basal,
localización xeográfica ou idade, de xeito racional, planificado, coordinado e
eficiente, de acordo coas súas necesidades e respectando a súa autonomía e
valores.
O paternalismo e a sobreprotección
menoscaban a dignidade do paciente dificultando o proceso, polo que tórnase
imprescindible a lexislación, mais tamén unha campaña de difusión e
concienciación entre usuarios e persoal sanitario, tal e como se compromete a
Xunta de Galicia no texto da devandita lei.
Dado o incumprimento por parte das
institucións públicas, e conscientes de que tanto a cidadanía como os profesionais
carecen de medios e información ao respeito desta lei, dende a Plataforma en
Defensa da Sanidade Pública de Cangas tomamos a iniciativa e promovemos unha
Charla-Coloquio na que intervirán o presidente Federal da Asociación Dereito a
Morrer Dignamente, así como a presidenta autonómica. Foron varias semanas de
intenso traballo por parte dos membros da Plataforma para facer posible que o
Dr. Montes e Emilia Irimia nos acompañe o próximo mércores 14 de outubro a
partir das 20 horas no Salón de Plenos de Cangas, polo que dende aquí queremos
facer un chamamento á cidadanía a que acuda e participe.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo






