15 nov 2015

postheadericon #CambioAPovisa, NON grazas: Charla - Coloquio sobre a libre elección de hospital

Este xoves, 19 de novembro, a partir das oito da tarde, terá lugar no salón de Plenos do Concello de Cangas, unha charla - coloquio sobre a libre elección de hospital.

Para falar de sanidade pública e tódalas dúbidas que se nos agolpan dende a posta en marcha do Novo Hospital - Álvaro Cunqueiro, contaremos coa presenza de Manuel Martín (Portavoz de SOS Sanidade de Galicia) e Ángel Cameselle (Presidente da Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo.

A nosa portavoz, Carmen Nores, dará resposta a tódalas preguntas en clave local.

Son moitas as voces e é brutal a campaña mediática de captación de "clientes" que está a levar a cabo POVISA, S.A., en connivencia coa Xunta de Galicia pola súa pasividade na resolución das deficiencias detectadas no hospital Álvaro Cunqueiro. Dende o Morrazo non damos nin paso atrás na defensa dos nosos dereitos, non aceptaremos esta chantaxe encoberta, non queremos que se fagan negocio coa nosa saúde 30 anos máis, é inadmisible que se nos continúe condenando á unha descriminación da que non somos culpables, polo que facemos un chamamento á cidadanía a que participe nesta charla e se informe ante esta vital decisión, na que nos xogamos moito. A Sanidade Pública é a nosa loita, nas máns de tod@s nós está gañar esta batalla ou continuar sendo reos da privatización.


9 oct 2015

postheadericon 09 de outubro >> Día Mundial dos Coidados Paliativos / Día Mundial da Saúde Mental

Charla-Informativa no Hío (05 de outubro)
Cúmprese agora un ano, por esta datas, que a veciñanza do Morrazo conta cun coche do Centro privado Povisa, dotado dun médico e dunha enfermeira, que presta atención domiciliada aos enfermos que o precisan, promovendo unha mellora na súa calidade de vida como doente e otorgando unha maior tranquilidade á familia.

Ata fai pouco, non deixaba de sorprendernos como a Conselleria de Sanidade definía os Coidados paliativos: “O enfoque que mellora a calidade da vida dos pacientes e familias que se enfrontan aos problemas asociados con enfermidades ameazantes para a vida, a través da prevención e alivio do sufrimento

Charla-Informativa en Bueu (09 de outubro)
Fronte a estas declaracións, as Plataformas Sanitarias do Morrazo denunciamos a inesxistencia destes coidados a través dos grupos da oposición no Parlamento de Galicia e con varias denuncias no Valedor do Pobo. Esta era a contestación que nos remitía o Valedor do Pobo no ano 2011. “Os cidadans do Morrazo, pertencentes á poboación asignada ao Hospital Povisa teñen dereito á mesma atención sanitaria que o resto da poboación da comunidade Autónoma de Galicia. Actualmente no Hospital Povisa aplícanse todo tipo de coidados paliativos....” ou lindezas como: “que, da información recadada da xerencia do Servizo Galego de Saúde, resulta que o módulo de hospitalización a domicilio e coidados paliativos de Povisa atende aos pacentes da zona do Concello de Vigo que lle corresponde, sen poder acceder a outros concellos, sobre todo aos do outro lado da ría de Vigo debido a que a súa situación xeográfica complica a aplicación isocronas habituais dos servizos de hospitalización a domicilio.

Ao noso enterder esta resposta está cargada dunha enorme falta de respeto e sensibilidade aos usuarios da Sanidade do Morrazo.

Este é, polo tanto, o primeiro ano que no Morrazo podemos disfrutar de ter conquistado un “gran de area”, unha mínima satisfacción para celebrar no Día Mundial dos Coidados Paliativos deste ano, que se celebra este venres 09 de outubro. Pero esta conquista non é unha victoria, queda todo por facer, temos moito polo que loitar ata conseguir dispoñer dunha unidade de Coidados Paliativos que promocione a dignidade do paciente e disminuia o seu sufrimento.

Dende finais de agosto entra en vigor en Galicia unha Lei 5/2015, do 26 de xuño, de dereitos e garantias da dignidade das persoas terminais que esta orientada a protexer o ideal da boa morte.

Para abordar este tema, coa serenidade necesaria, coa claridade e sen perxuicios, temos a honra de que nos acompañen o vindeiro mércores a partir das 8 da tarde, no Salón de Plenos de Cangas, duas persoas que pertenecen á Asociación polo Dereito a unha Morte Digna: Emilia Irimia Fernández, presidenta de asociación Dereito a Morer Dignamente de Galicia e o doutor Luis Montes Mieza, presidente Federal dende o ano 1990.

A Asociación DMD polo dereito a morrer dignamente, é un movemento cidadán por unha morte digna, que ten como finalidade primordial: “ Promover o dereito de toda persoa a dispoñer con libertade do seu corpo y da sua vida, a elexir libre e legalmente o momento e os medios para finalizala e defender, de maneira especial, o dereito dos enfermos terminais e irreversibles a morrer sen sofrimento, se ese é o seu deseso expreso.”

Coincidindo co Día Mundial dos Coidados Paliativos, este sábado (10 de outubro) tamén se celebra o Día Mundial da Saúde Mental. Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, queremos amosar públicamente o noso apoio as revindicacións do Movimento Galego de Saúde Mental:

O Día Mundial da Saúde Mental foi establecido pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para chamar a atención das sociedades e os gobernos sobre a situación na que se atopan as persoas afectadas por trastornos e enfermidades mentais, para potenciar o desenvolvemento de políticas acordes coa importancia desta dimensión da saúde e para mobilizar a todos os cidadáns e cidadás contra a estigmatización e a prol da integración e o apoio a todo aquel que se atope, por esta causa, en situación de exclusión ou en risco dela.
(…) Urxe un plan guiado por obxectivos de saúde e que potencie a atención a quen se atopa en condición de maior fraxilidade. É imperioso o establecemento de prioridades que superen a mera xestión administrativa actual dos servizos e recursos, fai falla un futuro ó que dirixirse para reducir o efecto tan daniño que ten a crise e a súa xestión gubernamental nas persoas con trastorno mental severo, hai que comprometerse cos obxectivos da OMS neste eido, debe apoiarse o movemento asociativo e facilitar a sua participación, e fan falla outros gobernantes que poidan dirixir a sanidade cara un futuro mellor.”




8 oct 2015

postheadericon Charla-Coloquio sobre a #MorteDigna en Cangas

O pasado 16 de agosto de 2015 entraba en vigor a  LEI 5/2015, do 26 de xuño, de dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais, na que se ten en conta o recollido na Lei 41/2002, do 14 de novem­bro, básica reguladora da autonomía do paciente e dos dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica.

É obxectivo desta lei promocionar a autonomía do paciente, tendo dereito a unha morte digna, mellorando así a calidade de vida de todos os pacientes en situación terminal, así como das persoas a eles vinculadas, sen diferenza en canto á patoloxía basal, localización xeográfica ou idade, de xeito racional, planificado, coordinado e eficiente, de acordo coas súas necesidades e res­pectando a súa autonomía e valores.

O paternalismo e a sobreprotección menoscaban a dignidade do paciente dificultando o proceso, polo que tórnase imprescindible a lexislación, mais tamén unha campaña de difusión e concienciación entre usuarios e persoal sanitario, tal e como se compromete a Xunta de Galicia no texto da devandita lei.

Dado o incumprimento por parte das institucións públicas, e conscientes de que tanto a cidadanía como os profesionais carecen de medios e información ao respeito desta lei, dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas tomamos a iniciativa e promovemos unha Charla-Coloquio na que intervirán o presidente Federal da Asociación Dereito a Morrer Dignamente, así como a presidenta autonómica. Foron varias semanas de intenso traballo por parte dos membros da Plataforma para facer posible que o Dr. Montes e Emilia Irimia nos acompañe o próximo mércores 14 de outubro a partir das 20 horas no Salón de Plenos de Cangas, polo que dende aquí queremos facer un chamamento á cidadanía a que acuda e participe.
6 oct 2015

postheadericon Rolda de charlas informativas no Morrazo sobre os dereitos e garantías dos enfermos termináis


Como antesala á charla - coloquio que terá lugar o vindeiro 14 de outubro no Salón de Plenos do Concello de Cangas, onde contaremos coa presenza do Dr. Luis Montes, Presidente Federal da asociación "Derecho a Morir Dignamente" (DMD), continuamos coas charlas informativas polo Morrazo.

Tra-las charlas no Hío e ADICAM, o xoves, 07 de outubro, estaremos ás 14h. no Centro de Saúde de Cangas co persoal sanitario.

Coa colaboración da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Bueu, o vindeiro venres, 09 de outubro, estaremos na Sala Amelia Domínguez Bua, 1º piso (Bueu) a partir das 7 da tarde.

Para rematar esta rolda de charlas-informativas, o vindeiro martes, 13 de outubro, estaremos no Centro de Xubilados de Cangas (hora por determinar), coa colaboración da Asoc. de Xubilados Santiago Apóstol.

Máis actividades: 
O xoves, 08 de de outubro, comeza a pegada de cartéis e difusión na rúa. O ponto de encontro será, como é habitual, no reloxio da Alameda Vella de Cangas ás 17:30h.
15 jun 2015

postheadericon Cangas: Charla-coloquio “coñecer a Hepatite C”

O vindeiro xoves, 18 de xuño de 2015, ás 20 horas, no Salón de Plenos do Concello de Cangas, terá lugar unha charla-coloquio “coñecer a Hepatite C”

Esta charla está organizada conxuntamente pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola Plataforma de Afectad@s pola Hepatite C.

Ademáis de Xulia Alonso e Tere Regueira (membros da Plataforma Galega de Afectad@s pola Hepatite C), intervirán:

Lola Rodríguez Mtnez. (especialista do aparato dixestivo no Hospital Xeral) e Manuel Glez. Moreira (Médico de Atención Primaria no C.S. Nicolás Peña), para:

-  Dar visibilidade á enfermedade                        

- Concienciar e informar das súas consecuencias, formas de transmisión e da súa prevalecencia.

- Contribuir á detección do 60% da poboación que padece hepatite e  ainda non o sabe porque non ten síntomas e carece de información para plantexarse que pode ser portadora de VHC.


SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger