3 may 2016
L. Senra: "É vergoñento e indignante que responsábeis sanitarios estean a xogar ca saúde das mulleres"
AGEe trasladou á Comisión Europea a situación de
discriminación na atención médica que están a sufrir mulleres da área sanitaria
viguesa
Bruxelas, 02 Maio 2016. O
cancro de mama é a día de hoxe o máis presente na sociedade europea, chegando a
abarcar o 13,8% do total dos casos. Este é tamén o cancro máis
frecuente entre as propias mulleres, acadando taxas de até o 30%. Porén, a taxa de mortalidade está no 7.2%,
o cal é mostra evidente da importancia da detección precoz e o seu correcto
tratamento.
Conscientes
destas posibilidades, no ano
2003 o Parlamento Europeo aprobou o Informe
sobre o cancro de mama na Unión Europea, que pide
especificamente aos Estados "que
toda muller que padeza cancro de mama teña dereito a ser tratada por un equipo
multidisciplinar", instándoos a establecer "unha rede global de
centros certificados e multidisciplinares de mastoloxía".
30 ene 2013
Alternativa Galega de Esquerda denuncia a redución na prevención do cancro de mama
No proxecto de Orzamentos Xerais para 2013, o denominado programa de cribado sofre unha redución do 15% respecto de 2012. Este instrumento do Servizo Galego de Saúde permite a detección precoz de doenzas como a xordeira neonatal, as deficiencias endocrinas no acabado de nacer ou o cancro de mama. “Entendemos que a diminución dos recursos na prevención primaria e secundaria pode causar serios prexuízos na saúde de moitas galegas e galegos”, explica a deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Eva Solla,...
Publicado en Radiofusión
Ver a iniciativa aquí (pdf)
Publicado en Radiofusión
Ver a iniciativa aquí (pdf)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

