15 jun 2015
Cangas: Charla-coloquio “coñecer a Hepatite C”
O vindeiro xoves, 18 de xuño de 2015, ás 20 horas, no Salón de Plenos do Concello de Cangas,
terá lugar unha charla-coloquio “coñecer a Hepatite C”.
Esta charla está organizada conxuntamente pola Plataforma
en Defensa da Sanidade Pública e pola Plataforma de Afectad@s pola Hepatite C.
Ademáis de Xulia Alonso e
Tere
Regueira (membros da Plataforma Galega de Afectad@s pola Hepatite
C), intervirán:
Lola Rodríguez Mtnez. (especialista do aparato dixestivo no Hospital Xeral)
e Manuel
Glez. Moreira (Médico de Atención Primaria no C.S. Nicolás Peña),
para:
- Dar visibilidade á enfermedade
- Concienciar e informar das súas consecuencias, formas de transmisión e da súa prevalecencia.
- Contribuir á detección do 60% da poboación que padece hepatite e ainda non o sabe porque non ten síntomas e carece de información para plantexarse que pode ser portadora de VHC.
- Dar visibilidade á enfermedade
- Concienciar e informar das súas consecuencias, formas de transmisión e da súa prevalecencia.
- Contribuir á detección do 60% da poboación que padece hepatite e ainda non o sabe porque non ten síntomas e carece de información para plantexarse que pode ser portadora de VHC.
28 feb 2015
#HepatiteC: NON A ESPECULACIÓN A CONTA DA SAÚDE
Centos de pacientes enfermos polo Virus de Hepatite C (VHC) estan
mobilizándose arestora en todo o Estado para esixir ao goberno do
partido popular o dereito a a ser tratados dentro da Sanidade Pública
co novo tratamento de última xeración: o Sofosbuvir;
un antiviral de acción directa sobre o VHC aprobado pola Dirección
General de Farmacia y Productos Sanitarios o 5 de marzo de 2014.
Para ter unha foto fixa do problema cabe dicir que 700,000
persoas son portadoras deste virus no conxunto estatal.
En setembro de 2014 a anterior Ministra de Sanidade (Ana Mato)
anunciou públicamente un acordo coa multinacional Gilead para que
os médicos especialistas dos doentes que o precisaran
puideran comenzar a prescribir o devandito fármaco en toda
España a partir do mes de outubro.
17 feb 2015
Presentación da Plataforma Afectados Hepatite C no Morrazo
O vindeiro xoves, 19 de febreiro ás 20h. no Salón de Plenos do Concello de Moaña terá lugar a presentación da Plataforma de Afectados pola Hepatite C
Este acto informativo, organizado pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Moaña, contará coa presenza de:
- Xulia Alonso (Membro Plataforma Galega de Afectados/as pola Hepatite C)
- Manuel González Moreira (membro da Plataforma SOS Sanidade Pública)
- Teresa Regueira (Afectada pola Hepatite C do Morrazo)
1 de marzo: MANIFESTACIÓN HEPATITE C
A Plataforma SOS Sanidade Pública apoia a manifestación da Plataforma Galega de Afectados pola Hepatites o dia 1 de marzo ás 12 en Santiago de Compostela e chama á poboación e ás Plataformas de toda Galicia a sumarse á mesma.
- Políticas de recortes de recursos por encima dos dereitos dos enfermos
- Aceptación cómplice no Ministerio de Sanidade e da Consellería de Sanidade dun prezo abusivo do fármaco sofosbuvir fixado polo laboratorio que pon en risco a sustentabilidade do sistema galego que debera pagalo
- Falta de vontade por fabricar este fármaco como xenérico no Estado (pese a que xa estase a facer en diferentes países)
- Escurantismo da Consellería de Sanidade que oculta a composición da Comisión Autonómica, que regula a administración deste fármaco, que nos fai sospeitar de posibles conflitos de intereses coa industria farmacéutica
12 feb 2015
Inaceptable e inxusta a expulsión dos enfermos hepatite C do parlamento galego
Ante a información de que enfermos de Hepatite C , que seguían o debate dunha iniciativa, apoiada por toda a oposición, que instaba á Xunta a garantir o acceso á novas terapias contra esta enfermidade, foron expulsados do Parlamento de Galicia, desde a Asociación Galga para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar que:
| Foto: EFE |
1.- De xeito inmediato adminístrense estes medicamentos aos enfermos graves afectados por esta enfermidade, que non poden esperar por estar en risco de morte.
2.- A subcomisión de hepatite de Galicia acelere a tramitación dos expedientes pendentes de resolver para o tratamento destes pacientes e que se publiquen os posibles conflitos de interese dos seus compoñentes, dado que na Comisión creada polo Ministerio de Sanidade a práctica totalidade dos mimos tiñan intereses relacionados con industria farmacéutica.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo
.png)
