22 oct 2012
A AGDSP sobre os resultados electorais
O triunfo por maioría
absoluta do PP nas eleccións galegas de onte pon en risco a Sanidade Pública
nesta comunidade autónoma e por extensión a de todo o Estado. As declaracións
dos máximos responsables deste partido, tanto en Galicia como en Madrid, de que
este resultado supón un referendo popular das súas políticas de recortes de
gasto a costa do sector público, orientan sobre onde van.
22 nov 2010
Manifesto lido da manifestación do 21N pola defensa e mellora da Sanidade Pública
Bo día a todas e a todos, e grazas pola vosa presenza.
Estamos aquí hoxe, convocados para dar unha resposta ao grito de socorro que manda a sanidade pública, e a resposta a ese S.O.S. non podía ser outra que a vosa presenza neste acto.
Como sabedes, a política sanitaria da actual Xunta de Galicia está a deteriorar e facer inviable economicamente o sistema sanitario público galego como paso previo a súa privatización.
Co argumento de que a crise económica obriga a reducir gastos e a buscar apoio no sector privado, a Consellería de Sanidade tomou dúas importantes decisións que supoñen un punto de inflexión para o futuro da sanidade pública galega:
- Por unha parte: Reducir o orzamento do Sergas do ano 2011 en 167 millóns de euros (181 millóns no total da Consellería de Sanidade); o gasto corrente, destinado ao funcionamento dos hospitais e centros de saúde, perde 33 millóns e os investimentos, para o mantemento dos centros sanitarios e renovar o seu equipamento perde 59,1 millóns.
- E por outra: Dar entrada ao capital privado no financiamento e xestión das novas infraestruturas sanitarias recorrendo a Colaboración Público-Privada (PFI ou Concesión de Obra Pública) que multiplicara por seis o custe total dos centros seguindo o exemplo das Comunidades Autónomas de Valencia e Madrid, onde tamén goberna e Partido Popular.
Intervención do representante da Plataforma de Cangas na manifestación do 21N
Os veciños e veciñas de Cangas somos pacientes por partida triple. Somos pacientes cando estamos enfermos e precisamos dos servizos hospitalarios, somos pacientes porque temos moita paciencia e somos pacientes porque padecemos desde décadas a POVI$A. Somos pacientes con P maíusculo de POVI$A.
Nós si sabemos o que é a sanidade privada e sentímolo moito, pero a mensaxe que vos traemos da nosa experiencia desde o Morrazo non é moi reconfortante. “Disfrutamos”, dito sexa con toda a ironía, das listas de espera cirúrxicas máis grandes de todos os hospitais de Galicia e de “regalo” non temos acceso a servizos como a hospitalización a domicilio ou os coidados paliativos como o resto dos usuarios e usuarias da nosa mesma área sanitaria. Padecemos un “apartheid” hospitalario desde hai décadas.
Nós si sabemos o que é a sanidade privada e sentímolo moito, pero a mensaxe que vos traemos da nosa experiencia desde o Morrazo non é moi reconfortante. “Disfrutamos”, dito sexa con toda a ironía, das listas de espera cirúrxicas máis grandes de todos os hospitais de Galicia e de “regalo” non temos acceso a servizos como a hospitalización a domicilio ou os coidados paliativos como o resto dos usuarios e usuarias da nosa mesma área sanitaria. Padecemos un “apartheid” hospitalario desde hai décadas.
21 nov 2010
Miles de persoas maniféstanse en Santiago en defensa da sanidade pública
Miles de persoas procedentes de toda Galicia manifestáronse hoxe polas rúas de Compostela en defensa da sanidade pública, encabezados pola Plataforma SOS Sanidade Pública e os líderes políticos de PSdeG e BNG, e dos sindicatos CCOO, UXT e CIG.
A organización informou de que os seus cálculos de participación roldan as 25.000 persoas, que partiron ás 12:00 horas da Alameda ata chegar á Quintana, que case non puido acoller todos os manifestantes que seguían chegando unha hora e media despois do inicio.
Publicado en Galicia Hoxe
La oposición vuelve a la calle contra "la privatización de la sanidad"
Publicado en El País
"¡Non imos permitir que ninguén faga negocio coa sanidade!"
Publicado en El Correo Gallego
Miles de persoas emiten un SOS pola sanidade pública en Santiago
Publicado en Xornal.com
Más de 15.000 personas exigen la marcha atrás de la "privatización sanitaria" en Galicia
Publicado en Faro de Vigo
Miles de personas salen a la calle en defensa de la sanidad pública
Publicado en La Voz de Galicia
A organización informou de que os seus cálculos de participación roldan as 25.000 persoas, que partiron ás 12:00 horas da Alameda ata chegar á Quintana, que case non puido acoller todos os manifestantes que seguían chegando unha hora e media despois do inicio.
Publicado en Galicia Hoxe
La oposición vuelve a la calle contra "la privatización de la sanidad"
Publicado en El País
"¡Non imos permitir que ninguén faga negocio coa sanidade!"
Publicado en El Correo Gallego
Miles de persoas emiten un SOS pola sanidade pública en Santiago
Publicado en Xornal.com
Más de 15.000 personas exigen la marcha atrás de la "privatización sanitaria" en Galicia
Publicado en Faro de Vigo
Miles de personas salen a la calle en defensa de la sanidad pública
Publicado en La Voz de Galicia
Xente do mundo cultural galego apoian a SOS Sanidade Pública
Antonio Durán “Morris” (actor), Antón Patiño (pintor), Antón Reixa (artista e promotor cultural), Avelino González (actor), Carlos Branco (actor), Cesareo Sánchez (escritor), Fermín Bouza (sociólogo e escritor), Marilar Alexandre (escritora), Manuel Quintana Martelo (pintor), Manuel Rivas (escritor), Maria Reimondez (escritora), Menchu Lamas (pintora), Patricia Vázquez (actriz), Pilar García Negro (filóloga), Suso de Toro (escritor), Uxía Senlle (cantante), Xurxo Souto (músico).
No tempo de malas colleitas roldan os raposos e baixan os lobos do monte, este é o tempo no que temos que defender a nosa sanidade pública dos que veñen trabar nela mostrando os dentes. Este é o tempo no que temos que defender a sanidade pública da barbarie, tanto ten que a barbarie se nos presente coas mellores maneiras, veñen ao que veñen, veñen a por ela.
SANIDADE PÚBLICA OU BARBARIE PRIVATIZADORA
Os servizos públicos como a sanidade, a educación públicas, a asistencia social, son conquistas da cultura humanista, logros de xeracións de traballadores e traballadoras e da cidadanía no seu conxunto. Forman parte dos valores que debe defender calquera sociedade que crea na xustiza social, das cousas que nos dan orgullo, que nos fai sentir que vivimos nunha sociedade un pouco máis xusta que outras. Son o legado que nos deixaron as xeracións anteriores e son, tamén, froito do noso esforzo. Sentimos orgullo dos nosos servizos públicos, sentimos orgullo da nosa sanidade pública, porque é boa, porque nos atende ben, porque podía atendernos aínda mellor cunha política que a coidase e porque, ademais, é nosa.No tempo de malas colleitas roldan os raposos e baixan os lobos do monte, este é o tempo no que temos que defender a nosa sanidade pública dos que veñen trabar nela mostrando os dentes. Este é o tempo no que temos que defender a sanidade pública da barbarie, tanto ten que a barbarie se nos presente coas mellores maneiras, veñen ao que veñen, veñen a por ela.
12 nov 2010
Chamamento á cidadanía do Morrazo en defensa da Sanidade Pública
A Voz do Paciente de Bueu, a Plataforma da Sanidade de Moaña e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, presentaron hoxe o "Chamamento á cidadanía do Morrazo en Defensa da Sanidade Pública" apoiando a convocatoria da manifestación do próximo 21 de novembro feita por SOS Sanidade Pública, poñendo o acento nas reivindicacións que son propias da nosa comarca. Este é o texto:"A comarca do Morrazo, dividida entre as áreas sanitarias de Vigo e Pontevedra, está neste momento tamén inmersa na voráxine privatizadora emprendida pola Xunta de Galicia contra a Sanidade Pública. Tanto o novo hospital de Vigo como o de Pontevedra, téntanse facer mediante a fórmula da Iniciativa de Financiamento Privado (FPI). Se nos referimos ao hospital de Vigo cálculase que a vía escollida polo actual goberno da Xunta incrementa os custes varias veces sobre o previsto inicialmente e que ía ser levado a cabo por unha Sociedade Pública de Investimento (SPI). O caso do hospital de Pontevedra raia no escándalo, pois en troques de ampliar o de Montecelo, óptase pola construción dun novo hospital co único propósito de poñer en práctica ese mesmo modelo privatizador.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo








