22 nov 2010
Intervención do representante da Plataforma de Cangas na manifestación do 21N
Os veciños e veciñas de Cangas somos pacientes por partida triple. Somos pacientes cando estamos enfermos e precisamos dos servizos hospitalarios, somos pacientes porque temos moita paciencia e somos pacientes porque padecemos desde décadas a POVI$A. Somos pacientes con P maíusculo de POVI$A.
Nós si sabemos o que é a sanidade privada e sentímolo moito, pero a mensaxe que vos traemos da nosa experiencia desde o Morrazo non é moi reconfortante. “Disfrutamos”, dito sexa con toda a ironía, das listas de espera cirúrxicas máis grandes de todos os hospitais de Galicia e de “regalo” non temos acceso a servizos como a hospitalización a domicilio ou os coidados paliativos como o resto dos usuarios e usuarias da nosa mesma área sanitaria. Padecemos un “apartheid” hospitalario desde hai décadas.
A PDSPC está aquí porque queremos que o Hospital Novo de Vigo sexa 100% público e deixemos de estar encadeados a POVI$A. Fixádevos este hospital privado ten 400 camas hospitalarias. Non é por casualidade que sexa case o mesmo número das que lle quitou o goberno de Feijoo ao proxecto do Novo Hospital de Vigo. As complicidades están claras: a actual Xerente do SERGAS foi anteriormente xerente dun hospital privado de Santiago do mesmo grupo empresarial que POVI$A.
POVI$A utiliza aos traballadores ameazándoos con botalos a rúa para defender os seus intereses capitalistas, mantennos aos usuarios e as usuarias como reféns da súa carteira de negocio e chantaxea constantemente ao SERGAS. Cando lle convén engorda as listas de espera; provoca a alarma social para que o goberno de turno lle encha o papo: máis de dous millóns de euros conseguiu en 2008 utilizando esta artimaña. E así con todo.
Si, nós sabemos o que lle espera á Sanidade Pública de Galicia se a deixamos en mans destes negociantes da saúde. En POVI$A funciona así: unha “clase turista” para os afiliados do SERGAS con cuartos de dúas e tres camas e “suites hoteleiras” de primeira clase para os que teñen a sorte de contar cun seguro privado.
Vimos de Cangas. Alí ao pé do monte do Facho, na parroquia de O Hío os veciños e veciñas descendentes daqueles habitantes do castro resisten e loitan por un centro de saúde. Tedes que sabelo. O goberno da Xunta consignou 50.000 € nos orzamentos de 2011 para o Centro de Saúde, mentres o Concello xa gastou 400.000 €, 8 veces máis, en mercar os terreos e, a última hora, aínda houbo que superar toda unha serie de atrancos, sen contar con nengunha axuda nin colaboración senon todo o contrario por parte da administración autonómica; a que ten as competencias fundamentais para a prestación dos servizos de saúde a toda a poboación. Pero, malia todo, resistimos e, só xuntos teremos unha oportunidade de cambiar o rumbo destas cousas.
CONTRA A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA!!
VIVAN AS PLATAFORMAS EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA!!

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: