12 nov 2010
Chamamento á cidadanía do Morrazo en defensa da Sanidade Pública

"A comarca do Morrazo, dividida entre as áreas sanitarias de Vigo e Pontevedra, está neste momento tamén inmersa na voráxine privatizadora emprendida pola Xunta de Galicia contra a Sanidade Pública. Tanto o novo hospital de Vigo como o de Pontevedra, téntanse facer mediante a fórmula da Iniciativa de Financiamento Privado (FPI). Se nos referimos ao hospital de Vigo cálculase que a vía escollida polo actual goberno da Xunta incrementa os custes varias veces sobre o previsto inicialmente e que ía ser levado a cabo por unha Sociedade Pública de Investimento (SPI). O caso do hospital de Pontevedra raia no escándalo, pois en troques de ampliar o de Montecelo, óptase pola construción dun novo hospital co único propósito de poñer en práctica ese mesmo modelo privatizador.
Ao mesmo tempo, a Consellaría de Sanidade ven de optar por entregarlle a empresas privadas a construción, a xestión e a explotación dos novos centros de saúde previstos para 2010 e 2011. Esta é a sorte que correrán os centros de saúde de Marín, O Hío e Moaña.
Do Centro de Alta Resolución previsto no Plan Director do hospital de Vigo o único que se coñece é a dotación de 0 € nos orzamentos autonómicos 2011, recentemente presentados pola Xunta de Galicia.
Nesta "mercantilización" progresiva dos servizos sanitarios a todos os niveis, tampouco está nada claro que os veciños e veciñas de Cangas e Moaña teñan garantido que algún día podan acceder ao hospital público que se construirá en Vigo. Moitas son as dúbidas sen despexar sobre ese "dereito á libre elección de hospital" que repiten continuamente as autoridades sanitarias. Os usuarios dos nosos concellos preguntámonos como se articulará esa posibilidade e por que non se pode poñer en prática agora, xa. De momento quedamos condenados a ser atendidos en POVI$A: o hospital que soporta as listas de espera cirúrxicas máis longas de toda Galicia, que carece dos servizos de hospitalización a domicilio e cuidados paliativos do que dispoñen o resto dos usuarios da área sanitaria e cunhas deficiencias en atención e calidade máis que notoria con respecto aos hospitais públicos.
A progresión deste modelo insustentable, que supón o pago aprazado de lucrativos canons anuais ás empresas que aspiran en converter a nosa saúde nun saudable negocio, só conduce a hipotecar os investimentos de futuros gobernos durante varias décadas e paralelamente, na medida que se deteriorarían máis os servizos, tentar convencernos da inevitabilidade do sistema do COPAGO, é dicir, o pagamento dunha cantidade por facer uso dos servizos de saúde.
Os colectivos do Morrazo, A Voz do Paciente de Bueu, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e a Plataforma da Sanidade de Moaña, especialmente empeñados na defensa e mellora da Sanidade Pública non aceptamos a "lóxica" do mercado que nos queren impoñer e, por iso, apoiamos a manifestación que a plataforma cívica SOS Sanidade Pública ten convocado para o próximo 21 de novembro en Santiago."
O Morrazo, 12 de novembro de 2.010

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: