11 dic 2013
A AGDSP valora como un enorme éxito a mobilización sanitaria do 10D
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública considera un enorme éxito a folga Xeral da Sanidade Pública Galega e as manifestacións cidadás e profesionais en contra o desmantelamento e privatización do sistema sanitario na nosa Comunidade Autónoma.
Ao noso entender esta enorme mobilización móstranos:
Ao noso entender esta enorme mobilización móstranos:
- A necesidade da unidade sindical, por encima das lexítimas diferenzas ideolóxicas, para opoñerse ás políticas de precarización dos traballadores sanitarios que pretenden desenvolver a Xunta de Galicia
- O rexeitamento da utilización da xestión clínica pola Consellería de Sanidade para fragmentar e privatizar os centros sanitarios (coa complicidade dalgunhas figuras sanitarias envoltas de profesionalismo e de neutralidade ideolóxica que ocultan os seus conflitos de intereses co sector privado).
- Que a maioría dos profesionais comprenderon que a Xunta pretende utilizar a Xestión Clínica para
- Fraccionar os centros sanitarios públicos en múltiples empresas de xestión privada; introducir os intereses de laboratorios, industria tecnolóxica e fondos de investimento multinacional
- Facerlles cómplices dos recortes sanitarios vinculando os seus incentivos económicos ás políticas de aforro das Unidades de Xestión.
- A potencialidade da alianza de sanitarios e cidadáns en defensa da sanidade pública como única alternativa para defender os seus intereses comúns e para facer fronte á privatización con posibilidade de éxito. Gran parte da poboación galega quixo deixar claro (por encima de diferenzas ideolóxicas) o seu rexeitamento á política de recortes e privatización da sanidade do Partido Popular.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo


0 comentarios: