11 nov 2015

postheadericon Por unha sanidade 100% pública e de calidade, pásate aos hospitais públicos

O Servizo Galego de Saúde formalizou, con data 1 de setembro de 2014, un novo concerto coa entidade privada Policlínica Vigo Povisa S.A. de prestación dos servizos de asistencia sanitaria especializada para que a poboación, beneficiaria da Seguridade Social asignada aos centros de saúde dos Concellos de Cangas do Morrazo, Moaña, Baiona, Nigrán, Gondomar e aqueles outros que a administración determine do Concello de Vigo e que esta protexida polo servizo Galego de Saúde, elixan voluntariamente recibir a súa prestación sanitaria nos hospitais públicos de Vigo.
En dito concerto e según a Instrución 7/2014 do Sergas no seu apartado 4, recóllese o dereito da veciñanza do Morrazo e de todos os Concellos que teñen como referencia Povisa a solicitar o cambio á Sanidade Pública durante o mes de novembro mentres dure o concerto, nos propios centros de saúde.


O proceso sobre a libre elección de hospital do pasado ano non tivo as mínimas garantías democráticas pola falta de información aos usuarios e pola ocultación do contido do Concerto aos axentes sociais, sen olvidar as medidas penalizadoras que sufriron as persoas que solicitaron ser atendidos nos hospitais públicos, obrigándolles a reiniciar as súas listas de espera cirúrxica, consultas de especialistas, probas radiolóxicas, etc., tendo que partir de cero nestes procesos xa de por si longos e penosos nalgún caso.

Difílcilmente podemos cuantificar o dano e dificultades causadas aos algo máis de 3.000 veciños/as do Morrazo que o ano pasado decidiron pasarse a sanidade pública.

Para que este ano non volvamos a padecer esta penalización inxusta e irresponsable, o pasado mes de agosto as Plataformas do Morrazo solicitamos unha reunión co Director Xerente do EOXI na procura dunha solución para que non se repetira a situación do ano pasado cos pacientes que libremente se queren pasar a Sanidade Pública e que no responde a ningún plantexamento de boa xestión médica nin tampouco a gañar na eficacia e rentabilidade.

Os cidadáns do Morrazo non estamos dispostos a sumar as dificultades de posta en funcionamento do novo hospital, xa de todos ben conocidos e que deberán ser resoltas rápidamente despois do cesamento de parte dos políticos irresponsables, máis atrancos como a falla de transporte ou as penalizacións denunciadas.

Polo tanto a mellor maneira de "forzar" estas solucións e seguir sumando usuarios e medrando a nosa capacidade de presión que, desde a rúa, demostrou a súa eficacia.

Para unha sanidade publica eficaz, pásate aos hospitais públicos.




1 comentarios:

Anónimo dijo...

Así que agora o Álvaro Cunqueiro é público.... non hai quen vos entenda. Ide vos alí.

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger