27 oct 2015
A Xunta volve a esquecer ao Morrazo nos orzamentos do 2016
Un ano máis a Xunta de Galicia
esquecéuse dos problemas sanitarios que padece a veciñanza do Morrazo nos seus
Orzamentos para o 2016. Ningunha partida destinada ao comprometido Centro de
Saúde Aldán-O Hío e tampouco para a construcción do Centro de Alta Resolución
no Morrazo.
É de xustiza que para esta
comarca se constúa o Centro de Alta Resolución, máis despois do fiasco
sanitario que montaron na Area Sanitaría Sur coa precipitada posta en marcha do
hospital Álvaro Cunqueiro, co único obxectivo de que unha concesionaria
privada, integrada por empresas constructoras e outras multinacionais, comence
a cobrar importes de escándalo pola xa máis que verificada e denunciada mala
xestión do novo hospital de Vigo.
Así pois, como sempre, a Xunta
ignora a existencia da veciñanza do Morrazo e as súas necesidades sanitarias,
dende a Plataforma creemos que é imprescindible o Centro de Alta Resolución, co
que se solucionarían os problemas de desplazamentos a Vigo para consultas dos
especialistas, analíticas, probas radiolóxicas e funcionais; ademáis de que
axudaría a paliar as longas listas de espera, pois todo Centro de Alta
Resolución debe estar dotado de quirófanos para intervencións que non precisan
ingreso e un Servizo de Urxencias -debidamente acondicionado- para evitar
moitos dos desvíos de pacientes a Vigo.
Esta sería a única solución real
e decente de saldar unha débeda histórica co Morrazo, poñendo fin a tanta
descriminación que estamos a padecer (lista máis longa de toda Galicia e ratio
de camas e persoal máis inferior que nos hospitais públicos).
Lamentamos comprobar, a través dos presupostos
para o ano 2016, que a Xunta de Galicia, presidida por Sr. Alberto Núñez
Feijóo, volve dar as costas á comarca, máis non deixa de mimar ás empresas
privadas que desembarcaron no sector sanitario galego -pisando forte nestes
últimos anos de goberno do PP- para facer negocio, sendo cada vez maior a súa
presenza, a medida que a sanidade pública sofre un desmantelamento sen
precedentes e sen que a Administración faga nada para paralo, máis ben ao
contrario, observamos atónicos que, sen ruborizarse, abren as portas a empresas
que nada teñen que ver coa sanidade, poñendo nas súas máns a nosa saúde.
O reparto de erario público para o Area
Sanitaria de Vigo é extremadamente desigual entre os centros públicos e
privados. A UTE (grupo de empresas constructoras e outras multinacionais) que
xestiona o Álvaro Cunqueiro vai recibir entre 68 e 71 millóns de euros ao ano e
o Hospital privado POVISA S.A recibirá un canón fixo anual de 75,060 millóns de
euros, o que supón un desvío de diñeiro público á empresas privadas de preto
de 150 millóns de euros fixos, isto sen contemplar a rentabilidade que vai
ter a UTE do Álvaro Cunqueiro pola explotación dos servizos externos (aparcamento,hostelería,
etc). Mentras que a partida para para os hospitais públicos, (Meixoeiro,
Nicolás Peña e Rebullón) é de 30 millóns de euros.
Estes acordos da Xunta de Galicia con estas
empresas privadas poñen de manifesto a clara intención de continuar consolidando
un modelo privatizador dos servizos básicos dos cidadáns.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de
Cangas ven de presentar un escrito ante o Concello de Cangas (ver documento
adxunto) no que solicitamos ao goberno local que se pronuncie ante este novo
agravio da Xunta de Galicia contra a veciñanza Cangas, ademáis de tomar as
medidas oportunas para esixirlle á administración autonómica o mesmo trato que
recibe o resto da mesma área sanitaria e que polo cumprimento dos acordos
plenarios adquiridos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: