11 nov 2015
Por unha sanidade 100% pública e de calidade, pásate aos hospitais públicos

En dito concerto e según a Instrución 7/2014 do Sergas
no seu apartado 4, recóllese o dereito da veciñanza do Morrazo e de todos os
Concellos que teñen como referencia Povisa a solicitar o cambio á Sanidade Pública
durante o mes de novembro mentres dure o concerto, nos propios centros de saúde.
O proceso sobre a libre elección de hospital do pasado
ano non tivo as mínimas garantías democráticas pola falta de información aos
usuarios e pola ocultación do contido do Concerto aos axentes sociais, sen
olvidar as medidas penalizadoras que sufriron as persoas que solicitaron ser
atendidos nos hospitais públicos, obrigándolles a reiniciar as súas listas de
espera cirúrxica, consultas de especialistas, probas radiolóxicas, etc., tendo
que partir de cero nestes procesos xa de por si longos e penosos nalgún caso.
Difílcilmente podemos cuantificar o dano e
dificultades causadas aos algo máis de 3.000 veciños/as do Morrazo que o ano
pasado decidiron pasarse a sanidade pública.
Para que este ano non volvamos a padecer esta
penalización inxusta e irresponsable, o pasado mes de agosto as Plataformas do
Morrazo solicitamos unha reunión co Director Xerente do EOXI na procura
dunha solución para que non se repetira a situación do ano pasado cos pacientes
que libremente se queren pasar a Sanidade Pública e que no responde a ningún
plantexamento de boa xestión médica nin tampouco a gañar na eficacia e
rentabilidade.
Os cidadáns do Morrazo non estamos dispostos a sumar
as dificultades de posta en funcionamento do novo hospital, xa de todos ben
conocidos e que deberán ser resoltas rápidamente despois do cesamento de parte
dos políticos irresponsables, máis atrancos como a falla de transporte ou as
penalizacións denunciadas.
Polo tanto a mellor maneira de "forzar"
estas solucións e seguir sumando usuarios e medrando a nosa capacidade de
presión que, desde a rúa, demostrou a súa eficacia.
Para unha sanidade publica eficaz, pásate aos
hospitais públicos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
1 comentarios:
Así que agora o Álvaro Cunqueiro é público.... non hai quen vos entenda. Ide vos alí.