11 nov 2015
A defensa da sanidade pública reclama unidade
Perante as novas publicadas nos
medios de comunicación, onde o PP acusa ao goberno municipal de
ocultar unha invitación da Consellería de Sanidade para realizar
unha visita guiada ao novo hospital Álvaro Cunqueiro, a Plataforma
en Defensa da Sanidade Pública de Cangas quere facer públicas as seguintes puntualizacións:
As plataformas do Morrazo tiñamos
solicitado ao xerente do EOXI unha visita guiada ao novo hospital
moito antes da súa posta en marcha. Esta visita nunca se chegou a
producir por falta de resposta da xerencia. Esperamos que tanto o
goberno municipal como os grupos da oposición, que sí van a
realizala, recordenlle á xerencia do Álvaro Cunqueiro a petición
que temos pendente.
Non imos a entrar a valorar as
discrepancias nas datas de visita dos grupos municipais, soamente
pedimos que fagan unha valoración real da situación na que se atopa
o hospital e os problemas aos que se enfrontan día a día
traballadores e usuarios.
En referencia aos medios humanos e
materiais habilitados no Concello de Cangas o ano pasado para
informar á veciñanza de Cangas sobre o cambio do hospital privado
Povisa S.A á sanidade pública, recordar que foi debido á presión
exercida, ao goberno municipal, pola Plataforma ante a falta de
información e transparencia do último concerto firmado entre o
SERGAS e Povisa S.A.
Durante todo este mes de novembro, a
veciñanza do Morrazo volvemos a ter a oportunidade de seguir
apostando pola sanidade pública podendo solicitar o cambio de Povisa
S.A á sanidade pública. Esiximos ao actual goberno municipal que
poña en marcha a xanela informativa como a tivemos o ano pasado.
Neste proceso, dende Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de
Cangas botamos en falta a disponibilidade dun local propio de
información á veciñanza tal como solicitamos ao concello no pasado
mes de setembro.
Por último, pedimos, tanto ao goberno
local como aos partidos da oposición, que fagan un chamamento
público á veciñanza de Cangas a dar o paso á sanidade pública e
que nun futuro próximo poidamos confluir cunha forza social hacia a
única solución real e xusta para o Morrazo que é a construcción
do Centro de Alta Resolución (CAR), do que unha vez máis a Xunta
volveu deixar de lado nos presupostos do ano 2016.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
100552
0 comentarios: