15 abr. 2015

postheadericon 10 medidas para mellorar a atención sanitaria en Cangas


A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas envía a tódolos partidos políticos que concurrirán ás eleccións municipais do vindeiro 24 de maio de 2015 en Cangas, as

10
medidas para mellorar a atención sanitaria 
en Cangas


Construcción do Centro de Alta Resolución do Morrazo.-Adquirir o compromiso de traballar conxuntamente entre todas as Administracións implicadas (Concello e Xunta) para conseguir que a construcción desta infraestructura, tan importante e necesaria, sexa realidade no máis breve espazo posible, e así saldar a débeda histórica que ten a Consellería con Cangas en materia sanitaria.

Esta infraestructura permitiría descentralizar a Atención Hospitalaria; sendo os médicos especialistas os que se desprazarían ao CAR e así evitar varios desplazamentos para probas e consultas os doentes.

Contrucción do Centro de Saúde de Aldán O Hío.- Reclamar do Sergas a inmediata construcción deste Centro para estas dúas parroquias. As cinco mil cartillas desta parroquia son un número importante para que as desigualdades sanitarias que levan padecendo con respecto ao resto da veciñanza do Municipio remate xa.

3 Novo hospital de Vigo tamén para os cangueses e as canguesas .- O argumento utilizado polo Sergas para xustificar a financiación privada (PFI) como menor custo non se mantén cos datos que manexamos desde SOS. O canon aprobado de 71,6 millóns durante 20 anos supón unha severa hipoteca sobre os presupostos da Sanidade Pública. Que se reconsidere a reducción de 400 camas sobre o proxecto inicial para si poder retomar a posibilidade de que os/as usuarios/as do Morrazo podan acceder a este Hospital Público.

Redución das listas de espera en Povisa.- Reclamar a disminución das enormes listas de espera deste hospital privado que no caso das quirúrxicas duplican á media do resto dos Hospitais Públicos de Galicia. Que o Concello articule medidas de presión ante a Conselleria de Sanidade para que Povisa cumpra a Lei de garantías e prestación sanitarias de Galicia.

A posta en marcha do servicio de Hado.-Fai uns meses comenzou o funcionamento do tan reclamado servizo de Hado, non lonxe da desconfianza entro os/as traballaroes/as do Centro de Saúde. Compre estar atentos a este servicio, pois a veciñanza recibirá esta atención por prestacións distintas; unha pola Sanidade Pública e outra polo centro concertado Povisa.

Servizo de fisioterapia.-Para reducir as grandes listas de espera deste servizo que se presta no Centro de Saúde de Cangas pasa por recuperar a praza do terceiro fisioterapeuta que existía no centro para poder continuar a asistencia pola tarde.

Ampliación do horario de Radioloxía.- É preciso solicitar á Conselleria que tome as medidas adecuadas para que este servizo funcione pola tarde pois presta unha atención para todo o Morrazo.

Reforzar as urxencias.- É preciso o reforzamento de persoas os domigos e festivos, xa que, desde a posta en marcha do servizo de Hado que ao non funcionar estes días ten que ser o persoal que esta de quenda en Urxencias o que se ten que desprazar aos domicilios, deixando descuberto a atención no Centro.

Ambulancia medicalizada.- Unha segunda ambulancia faise especialmente necesaria, sobre todo durante o período estival no que se produce un importante incremento da poboación coa chegada de turistas e forasteiros.

10 Creación do Concello Municipal da Saúde.- A necesidade de establecer canles de participación e debate entre o órgano municipal e os distintos sectores sociais, axentes e institucións da comunidade vinculadas aos servizos da saúde. 

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas