22 abr 2015

postheadericon "A sanidade mantense polo esforzo e a vontade dos traballadores"

Hixino Beiras e Manuel Martín recollerán o vindeiro 24 de abril o premio á Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública. Martín é o presidente da federación que aglutina a todas as asociacións en España. O acto celebrarase no Museo do Mar de Vigo.
Martín representará nos premios á Asociacion para a Defensa da Sanidade Pública

- Como reciben este premio Primeiro de Maio de CC OO?
Para nós é un honor e unha alegría, que un sindicato vexa na asociación unha entidade coas características que poidan ser obxecto dun premio. É un labor de moitos anos.

- O premio recoñece a traxectoria e a necesidade deste tipo de colectivos.
Somos unha organización que nacemos como federación fai case trinta anos, ao comezo da Transición, cando había un debate sobre que tipo de sistema sanitario queriamos. E un conxunto de profesionais, xente moi nova, organizamos unha asociación. A primeira medida era que tivésemos un sistema nacional de saúde como o británico, que daquela era o espello onde mirarse e conseguímolo. Logo estivemos desenvolvendo un labor de loita para consolidar o modelo, para evitar as tensións privatizadoras que sempre estiveron detrás. Porque o noso sistema naceu contracorrente no mundo como un sistema público, universal, gratuito e redistributivo. Pero estivemos facendo non só unha política sanitaria e de mobilización dos profesionais senón tamén de formación, fomos promotores do modelo de atención primaria de medicina familiar e comunitaria. Logo creamos estruturas que son as plataformas para a defensa da sanidade pública, que é unha alianza estratéxica entre traballadores sanitarios e a cidadanía.

- Que saúde ten a sanidade pública?
O sistema era moi bo e foi capaz de soportar os embates aos que lle somete a administración actual. Hai unha redución de gastos, de persoal, pecháronse camas e unha parte substancial do sistema, a que controla e planifica, como son os servizos centrais, puxéronse en mans de empresas multinacionais. Agora vemos como en Vigo Povisa mantense malia que o Consello de Contas e o Valedor advertiron dos riscos de mantelo porque non oferta a mesma atención e gasta máis que o sistema público. vimos como o novo hospital quedará en mans de constructoras. Na atención primaria en Galicia parouse o plan de mellora e mantense a masificación. A saúde mental está en periodo de desaparición. A atención a drogodependencias está baixo mínimos, así como a planificación familiar. A verdade é que malia todo o sistema mantense pero polo esforzo e a vontade dos traballadores. Pero poderiamos atoparnos cunha burbulla similar á inmobiliaria. A plataforma e a asociación é máis necesaria que nunca.
Últimamente teñen moita presenza na rúa.

As forzas económicas viron na sanidade unha oportunidade e están facendo o posible por facerse con iso. Son unha forza moi potente, pero son poucos. Porque unha posible desaparición do sistema público afecta a case todo o mundo e esa é a nosa baza.

Fonte:Atlántico Diario

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger